+ 34 981 508 142

Cursos de iniciación AGA 2015

Organiza: AGA
Datas: Dende abril ata xullo 2015
Lugar: Varios - Galicia
Prezo: De balde para socios/as e 50 € para non socios/as
   

CALENDARIO DE CURSOS

1. Vigo (Pontevedra) - 10, 11 e 12 de abril. Casa dos Montes. Camiño da Igrexa, 184. Valladares

2. Amoeiro (Ourense) - 17, 18 e 19 de abril. Fundación Otero Pedrayo.  Trasalba

3. Culleredo (A Coruña) - 24, 25 e 26 de abril. Xardín Botánico de O Burgo.  Avda. Xoan Carlos I, s/n

4. Mondoñedo (Lugo) - 1, 2 e 3 de maio. Centro Comarcal A Mariña Central

5. Rábade (Lugo) - 8, 9 e 10 de maio. Casa das Insuas – Asociación Galega de Custodia do Territorio e Concello de Rábade. R/ José Pardo e Pardo Montenegro, 27 (a carón da ponte vella)

6. Monforte (Lugo) - 15, 16 e 17 de maio. Pazo de Tor. San Xoan de Tor.

7. Baiona (Pontevedra) - 22, 23 e 24 de maio. Centro Sociocultural de Baiña. Rúa da Igrexa nº 2. Baiña

8. Lalín (Pontevedra) - 29, 30 e 31 de maio. Auditorio de Lalín. Conservatorio. Rúa do Parque, 10

9. Carballo (A Coruña) - 12, 13 e 14 de xuño. Forum Carballo. Rúa do Xílgaro. Barrio da Milagrosa

10. Verín (Ourense) - 19, 20 e 21 de xuño. Centro de Desenvolvemento Cooperativo. Parque Empresarial de Pazos

11. Tomiño (Pontevedra). 26, 27 e 28 de xuño. Casa da Cultura de Tomiño. Av. República Arxentina.

A participación nos cursos de iniciación inclúe:

DÍA DE CAMPO: 5 de xullo en Covas. Castelo, Taboada (Lugo).

XORNADAS: III Foro Apícola - 6 e 7 de xuño.  Santa María. Arzúa (A Coruña)

 

PROGRAMA

Imparten:  Suso Asorey, biólogo e secretario técnico de AGA / Gonzalo Calvo, veterinario de AGA / José Fernández, técnico de AGA.

Programa:

Día 1 - Bioloxía e comportamento das abellas. Evolución do enxame ao longo do ano. Asentamento do apiario: factores a ter en conta. Materiais e utensilios. Reprodución do apiario. Calendario apícola.

Horario: de 17 a 20 h.

Día 2 -Sanidade apícola: Loque, varroa, vespa velutina. Alimentación suplementaria das abellas. Produtos das abellas. Produción de mel, pole, própole, cera. Trazabilidade. Meles monoflorais. Produción ecolóxica. Denominación-Mel de Galicia. Mel crema e derivados. Comercialización e prezos:  a granel, envasado, cooperativismo, individual. Axudas do Plan apícola anual. Produción primaria. Etiqueta Das Miñas Colmeas. Guía de boas prácticas apícolas

Horario: de 11 a 14 h. e de 16 a 18 h

Día 3 - Prácticas. Visita a apiarios da comarca. (É preciso levar traxe apícola)

Horario: de 11 a 14 h.

Día 4 – Día de campo. Visita a Covas, unha explotación apícola incluida nun proxecto de recuperación do rural . Día 5 de xullo en Castelo, Taboada (Lugo). (É preciso levar traxe apícola e cadaquén o seu propio xantar).

Horario: de 11 h. a 18 h.

III Foro Apícola - Palestras, obradoiros e feira de material apícola. Días 6 e 7 de xuño en Arzúa. Horario: Día 6 de 11 a 14 h. e de 16 a 18 h. e día 7 de 11 a 14 h.

Prezo: Para socios/as de AGA a inscrición é de balde. Para non socios/as o prezo é de 50 €.

Aforo de participantes: 20 como mínimo

 

INSCRICIÓNS

Poñerse en contacto con AGA por mail aga@queixoemel.org ou por teléfono 981 508 142 / 981 589 534 para facilitar nome, apelidos, email e teléfono, o curso no que se quere inscribir e no caso de ter que facer o pago, enviar o xustificante ou, se non é posible, indicar a data de pago e levar o xustificante ó lugar do curso.

Forma de pago: Ingreso no nº de conta de AGA en ABANCA nº ES02 2080 0348 38 3000018210 indicando no concepto o nome da persoa que fará o curso e o lugar do mesmo. Tamén se pode facer en efectivo na sede de AGA.

Data límite: Unha semana antes do comezo do curso.


Documentación:


Voltar