+ 34 981 508 142

Cursos de reprodución e cría de raíñas. Abella Meiga

Organiza: Abella Meiga
Datas: 13 de maio, 16, 17, 30 de xuño e 1 de xullo de 2018
Lugar: Outeiro de Rei (Lugo)
Prezo: Varios
   

1. XORNADA REPRODUCIÓN APÍCOLA BÁSICA

Data: 13 de maio

Duración total: 6,5 horas.

Horario: 10:30 a 14:00 e 16:00 a 19:00.

Entrega de material: non

Participantes: máximo 20. Só para socios/as de AGA.

Prezo: 25 €

 

Programa:

1.- Bases biolóxicas da reprodución.

Castas de abellas: orixe, calendario de metamorfose. Celo. Funcións relacionadas coa reprodución. Clasificación das mestras.

2.- Enxamía.

Orixes e sistemas de control. Medio de aproveitamento reprodutivo. Recollida de enxames.

3.- Sistemas de formación de novas colonias.

Particións. Núcleos. Paquetes.

5.- Obtención básica de raíñas.

Mestras de salvamento melloradas. Mestras de enxamía. Cría de machos.

6.- Manexo das novas colonias.

Calendario de controis. Achegas de apoio. Adaptación da vivenda.

Prácticas

Identificación de larvas aptas para criar raíñas.

Preparación de mestreiros de salvamento

Localización e marcaxe de mestras.

Partición de colonias.

Formación de núcleos.

Enxerto de mestreiros e introdución de raíñas.

 

2. CURSO REPRODUCIÓN APÍCOLA. NIVEL 1

FORMACIÓN DE NÚCLEOS E OBTENCIÓN DE MESTRAS

Data: 16 e 17 de xuño

Duración total: 13 horas.

Horario: 10:30 a 14:00 e 16:00 a 19:00.

Entrega de material: Unha raíña virxe e o resumo do curso en formato dixital.

Participantes: máximo 20. Só para socios/as de AGA.

Prezo: 55 €.

 

Programa:

1.- Antecedentes biolóxicos.

Colonia e ciclo anual. Evolución e calendarios. Organización social. Tipos de nais.

2.- Enxamía natural.

Causas e desenvolvemento. Enxames secundarios. Medios de control.

3.- Reprodución controlada.

Técnicas reprodutivas.

4.-Formación de núcleos.

División ou agrupación. Paquetes de abellas. Núcleos de apoio.

5.- Fases na obtención de mestras.

Selección. Produción de virxes. Cría de machos. Apareamento e inseminación. Introdución.

6.- Manexo complementario.

Marcaxe de mestras. Fecundadores.

 

3. CURSO REPRODUCIÓN APÍCOLA. NIVEL 2

MÉTODOS DE SELECCIÓN E CRÍA DE MESTRAS. TRANSVASE

Data: 30 de xuño e 1 de xullo

Duración total: 13 horas.

Horario: 10:30 a 14:00 e 16:00 a 19:00.

Entrega de material: Unha raíña virxe e o resumo do curso en formato dixital.

Participantes: máximo 20. Só para socios/as de AGA que teñan feito o curso de nivel 1.

Prezo: 55 €.

 

Programa:

1.- Selección xenética.

Herdabilidade. Elección de caracteres. Xestión de datos. Programas de mellora.

2.- Colonias criadoras.

Tipos e usos. Iniciadoras. Taboleiro Cloake.

3.- Métodos de cría.

En celas de obreira. En celas reais.

4.- Transvase de larvas

Paso a paso.

 

INSCRICIÓNS:

Data límite: dez días antes do inicio.

Inscricións: facer preinscrición por correo-e (abellameiga@gmail.com) ou tfno. (619744685) e agardar a recibir confirmación ou denegación.

Pago: Transferencia de 10 € ao confirmar a inscrición (non retornables en caso de cancelación). Resto en metálico ao inicio do curso.

 

 

 

 

 


Documentación:


Voltar