+ 34 981 508 142

DAGA Ferrolterra - Programa de formación 1º semestre 2015

Organiza: DAGA Ferrolterra
Datas: 1º semestre 2015
Lugar: Comarca Ferrolterra
Prezo: Varios
   

Información e inscricións na Delegación de AGA Ferrolterra no email dagaferrol@hotmail.com ou por tel. 661 378 960

 

PRÁCTICAS DE PERFECCIONAMENTO NO ENTENDEMENTO DAS COSTUMES DAS ABELLAS

Para unha boa relación e disfrutar durante largos anos coas abellas o fundamental é ter un mínimo coñecemento da sua organización e as súas costumes. Debemos de ser capaces de velas e tratalas como o que realmente son, amigas e colaboradoras, e non como meros seres productivos.

Cando realizamos saídas de traballo aos colmeares da delegación, os abelleiros e abelleiras interesadas poderán acompañarnos para optimizar as súas técnicas de traballo.

Lugar e datas: Nos colmeares da delegación, durante as mañás dos domingos, entre os meses de abril a outubro e cando o tempo o permita.

Prezo: De balde, para os socios e socias de AGA.

 

CURSOS FORMATIVOS

Ofrécense dous cursos formativos que sirven tanto para introducirse no abraiante mundo das abellas, como para optimizar a metodoloxía de traballo, e consecuentemente  mellorar a relación de colaboración e respeto que debemos manter coas nosas amigas as abellas. Estes cursos seran impartidos polo equipo técnico da delegación.

1. Técnicas de apicultura natural sostible.

Trátase dun curso completo teórico/práctico que se realizará de xeito discontinuo para practicar todas as tarefas requeridas na actividade apícola durante a campaña. Veremos as diversas opcións que nos poden ofrecer as abellas, que é posible e sinxelo manexar unha pequena alvariza de xeito ecolóxico, que con dúas ou tres colmeas é suficiente para abastecer de mel a unha familia de varios membros durante todo o ano e ademais é posible obter un ingreso importante que axude a mellorar a economía familiar.

Obxectivos: Fomentar técnicas respetuosas coas abellas, adquirir os coñecementos necesarios na apicultura natural e aprender que as abellas son imprescindibles para o medio ambiente e  

Duración: 80 horas. 32 horas de teoría + 48 de prácticas

Lugar: Local social da AVV Rosa dos Ventos de Sedes e nos colmeares didácticos da delegación

Datas: dende o 11 de abril ata outubro coincidindo coas tarefas do apiario

Prezo: de balde, aberto a calquera persoa ou colectivo con interese no mundo apícola.

Entregarase diploma a todo participante que asista un mínimo de 70 horas.

Organiza DAGA Ferrolterra e colabora Concello de Narón.

 

2. Reproducción apícola básica.

Técnicas prácticas e sinxelas de multiplicación do colmear e selección das raíñas.

Duración: 16 h.

Datas e horarios: Comezo o sábado 9 de maio de 10 a 14 h. O resto das sesións determinaranse según a climatoloxía.

Prezo: 50 €
Para veciños/as de Narón, San Sadurniño e socios/as de AGA 30 €.

Organiza DAGA Ferrolterra e colabora o Concello de San Sadurniño.

 

XORNADA "BIODIVERSIDADE = ABELLAS = ALIMENTO E SAÚDE"

Esta xornada incluirase na festa abelleira que se celebrará en maio con motivo do 30 aniversario da Delegación de AGA Ferrolterra, no Parque Temático Rural Aldea Nova. 

Programa:

Propiedades terapéuticas do propóleo. Por Deyanira Valdés Rábago, doutora cubana naturista.

Neonicotinoides, armas de destrucción masiva. Situación actual. Por Xesús Asorey, biólogo.

Características biolóxicas e corportamento da velutina. Por Luis Oscar Aguado Martin, entomólogo especializado en himenópteros, profesor da Escola Superior de Inxenieros Agrónomos da Univ. Complutense de Madrid e colaborador do Museo de Ciencias Naturais de Madrid

As abellas como alternativa laboral - Posibilidades económicas da apicultura. Por Rafael Díaz, pastor de abellas e membro do grupo de traballo AGA Ferrolterra.

 

OBRADOIROS

1. Os xabóns do apicultor

Xabóns naturais de mel, propoleo e pole. Entregaranse mostras dos xabóns elaborados.

Duración: 4 horas. 

Prezo: 20 €

2. Procesado da cera

Unha das boas prácticas para a saúde das abellas e bo rendemento das colmeas é a renovación periódica da cera. Ademais, a súa utilización no mundo da cosmética incrementou moito o seu prezo e a utilización indiscriminada de fármacos acumúlanse na cera. É convinte polo tanto aproveitar e reciclar a nosa propia cera.

Temos útiles sinxelos cos que reciclar e laminar nosa propia cera.

Programa:
As propiedades da cera.
O proceso de reciclado. A fundir con caldeira de vapor e cerificador solar.
Fabricar un cerificador solar.
Laminar a nosa propia cera.

Duración: 8 horas.

Datas: Dúas tardes do mes de abril.

Prezo: 30 €

 


Documentación:


Voltar