+ 34 981 508 142

Día de campo en Covas

Organiza: AGA
Datas: 5 de xullo de 2015
Lugar: Covas - Castelo, Taboada (Lugo)
Prezo: De balde para socios/as e persoas inscritas nos cursos 2015
   

Esta xornada consistirá nunha visita a Covas, no concello de Taboada, cunha explotación apícola incluida nun proxecto de recuperación do rural.

Descrición do proxecto:

O lugar de Covas está formado por unha casa, posiblemente a mais antiga do concello, con varias edificacións anexas de gran valor etnográfico (capela, palleira, forno, muiño…) e cun terreo que o circunda dunha extensión de 55 hectáreas. Este espazo constitúe un escenario perfecto para recordar ou recrear a vida dos habitantes de hai 300 anos.  O terreo está atravesado por un río, que alimenta o funcionamento dun muiño, unha pequena minicentral destinada ao autoabastecemento. Nas marxes hai dúas ringleiras de vexetación de ribeira que dan paso a pastizais e logo a bosque de castiñeiros, carballos e piñeiros. Xunto a casa hai unha pequena superficie de horta e outra de frutais. As actuacións que se están levando neste lugar están acollidas á iniciativa Leader dentro do GDR7 Miño-Ulla. Teñen como obxectivo poñer no mercado catro tipo de produtos: castañas, cogumelos, mel e un espazo para adestramento de cans de caza e a propia caza. A explotación apícola está nos seus comezos e conta con 34 colmeas en dous apiarios diferentes.

Destinatarios/as e inscricións:

O día de campo forma parte do programa dos cursos de iniciación, polo que poden asistir as persoas anotadas ós cursos e socios/as de AGA de forma gratuita, previa inscrición na xornada por email a aga@queixoemel.org ou tel. 981 508 142 / 981 589 534

Outra información:

É preciso levar traxe apícola para as prácticas nos colmeares. Faremos un xantar de campo polo que cadaquén terá que traer o seu propio xantar.

 


Documentación:


Voltar