+ 34 981 508 142

Programa Formación AGA 2018

Organiza: Asociación Galega de Apicultura
Datas: Primavera 2018
Lugar: Varios lugares de Galicia
Prezo: Varios
   

Inscricións: Cubrir a ficha de inscrición e enviar a AGA, xunto co xustificante de pagamento no caso dos cursos de pago.

Para inscribirse nos cursos de Abella Meiga e as DAGAs consultar no programa como realizar a inscrición.

 

CURSOS BÁSICOS APICULTURA

Duración: 12 horas (2 días)
Horario: De 11 a 14 e de 16 a 19
Nº participantes: mínimo 15
Prezo: De balde para socios/as de AGA e 50 € para o resto.
Inclúe a publicación "Curso de Apicultura" e diploma de asistencia
Visita e prácticas no apiario (é preciso ter traxe apícola)

Calendario:

1. Allariz. 7 e 8 de abril. No caso de completar prazas repetirase o curso o 14 e 15 de abril. Escola Galega de Apicultura. Fundación Ramón González Ferreiro.

2.  A Cañiza. 7 e 8 de abril. Casa da Cultura.

3.  Meis. 14 e 15 de abril. Local Social Campo da Boca, Vilanoviña.

4. Láncara. 14 e 15 de abril. Salón de Actos Biblioteca, Pobra de San Xiao.

5. A Pontenova. 21 e 22 de abril. Casa da Cultura.

6. Carral. 21 e 22 de abril. Casa da Cultura, San Esteban de Paleo.

7.  Monforte. 28 e 29 de abril. Pazo de Tor

8. Bueu. 28 e 29 de abril. Sala Servizos Sociais Concello.

9. Curtis. 5 e 6 de maio. Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro

10. Ortigueira. 12 e 13 de maio. Centro Social de San Adrián.

11. Seoane do Courel. 12 e 13 de maio. Estación Científica USC.

12. Alfoz. 26 e 27 de maio. Casa da Cultura.

Inscricións:

Data límite: dez días antes do inicio.

Cubrir a ficha de inscrición e enviar xunto co xustificante de pagamento a AGA

 

 

CURSOS ESPECIALIZACIÓN

ESCOLA GALEGA DE APICULTURA

Allariz (Ourense)

Curso superior de apicultura comercial

Este curso é o primeiro que se desenvolverá este ano na Escola Galega de Apicultura, un proxecto formativo con sede en Allariz creado a través dun convenio de colaboración entre a Fundación Ramón González Ferreiro, o Concello de Allariz e AGA.

Obxectivos: Producir e comercializar, organizadamente, produtos das abellas que teñen demanda no mercado e contan cun valor comercial engadido

Dirixido a:

  • Apicultores/as con formación teórica e práctica en apicultura e que queren incrementar os ingresos por esta actividade a partir de producións e innovacións que teñen demanda no marcado.
  • Formar e reciclar a técnicos que se adican ou queiran adicarse a formación apícola.
  • Comercializadores de produtos abelleiros  ou  que queiran adicarse a esta actividade.

Lugar: Fundación Ramón González Ferreiro. Paciños. Allariz

Datas: 21 e 22 de abril, 5, 6, 19 e 20 de maio

Duración: 36 horas (6 días)

Horario: De 11 a 14 e de 16 a 19

Inclúe: Diploma de asistencia e aproveitamento e resumo do curso en formato dixital.

Prezo: 20 € para socios/as de AGA e 80 € para non socios/as. O custe do curso está financiado na súa maior parte por AGA.

Xantar e aloxamento: Solicitar información

Participantes: Ata cubrir o aforo dispoñible

 

Programa:

21 de abril - PRESENTACIÓN DO CURSO. PRODUCIÓN ECOLÓXICA E COMERCIALIZACIÓN

Ás 10.30 Presentación

Sesión de mañán: Produción ecolóxica

Por Perfeto García, produtor de mel ecolóxico da Limia; Alexandre Cendón de Abella Lupa, produtor de mel ecolóxico; representante do Consello Regulador Agricultura Ecolóxica de Galicia CRAEGA.

Sesión de tarde: Comercialización de produtos ecolóxicos

Por Xosé Manuel Durán, apicultor e xerente da Cesta Saúde; Manuel García, apicultor e socio de Daiquí.

 

22 de abril: PRODUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE MEL DE GALICIA E MELES MONOFLORAIS

Sesión de mañán: Produción e comercialización IXP Mel de Galicia.

Por María Fé Sixto, produtora de Mel de Galicia do Valadouro; Xosé Dobarro, produtor de Mel de Galicia de Lalín; representante do Consellor Regulador IXP-Mel de Galicia.

Sesión de tarde: Produción e comercialización de meles monoflorais

Por Xosé Manuel Docampo, apicultor profesional de Vigo; Manuel Macía, apicultor profesional do Courel; Suso Asorey, voceiro de AGA.

 

5 de maio: LEXISLACIÓN E AXUDAS. BOAS PRÁCTICAS. PRODUCIÓN PRIMARIA.

Sesión de mañán: Lexislación e axudas

Por Carlos Ares, técnico de AGACA e Laura García Saez, asesora xurídica de AGA.

Sesión de tarde:

Guía de boas prácticas apícolas. Venda directa de produción primaria. Por Marcos e Jara Varela de Abella Meiga, apicultores profesionais de Outeiro de Rei.

Divulgación apícola: Día Mundial da Abella. Por Paula Souto, técnica de AGA.

 

6 de maio: MELES CREMA E DERIVADOS. TRAZABILIDADE. PRODUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DO POLE

Sesión de mañán: Elaboración meles crema e derivados. Trazabilidade.

Por Gonzalo Calvo Díaz, veterinario de AGA; Amparo Varela, xerente do Enredo do Abelleiro.

Sesión de tarde: Produción e comercialización de pole

Por Francisco García, produtor de pole de Ourense; Francisco Rogao de Macmel, produtor de pole; Suso Asorey, voceiro de AGA.

 

19 de maio: DIFERENTES MODELOS DE COMERCIALIZACIÓN. PROMOCIÓN. PRÁCTICAS

Sesión de mañán: Diferentes modelos de comercialización e promoción

Por Suso Asorey, voceiro de AGA; Carlos Gavian, apicultor e comercial especializado en produtos apícolas de A Coruña; Terra de Preguntas, tenda online; Isabel Sanjurjo, Canal de Comunicación, profesional da comunicación.

Sesión de tarde: Conclusións e prácticas.

Por Suso Asorey e Paula Souto, técnicos (eliminar) de AGA; Bernardo Varela, concellal de Medio Ambiente de Allariz.

 

Día 20 de maio: DÍA MUNDIAL DA ABELLA

Organización e celebración do Día Mundial da Abella en Allariz

 

Prácticas:

Día Mundial das Abellas (20 de maio de 2018)

Participación na Mostra Galega de Apicultura en Arzúa (2 de xuño 2018)

Feira do Mel e concurso de meles monoflorais (outono 2018)

 

Inscricións:

Data límite: 11 de abril

Cubrir a ficha de inscrición e enviar xunto co xustificante de pagamento a AGA.

 

 

ABELLA MEIGA

Outeiro de Rei (Lugo)

1. Xornada de reprodución apícola básica

Data: 13 de maio
Duración total: 6,5 horas.
Horario: 10:30 a 14:00 e 16:00 a 19:00.
Entrega de material: non
Participantes: máximo 20. Só para socios/as de AGA.
Prezo: 25 €

2. Curso reprodución apícola. Nivel 1

Formación de núcleos e obtención de mestras
Data: 16 e 17 de xuño
Duración total: 13 horas.
Horario: 10:30 a 14:00 e 16:00 a 19:00.
Entrega de material: Unha raíña virxe e o resumo do curso en formato dixital.
Participantes: máximo 20. Só para socios/as de AGA.
Prezo: 55 €.

3. Curso reprodución apícola. Nivel 2

Métodos de selección e cría de mestras. Transvase
Data: 30 de xuño e 1 de xullo
Duración total: 13 horas.
Horario: 10:30 a 14:00 e 16:00 a 19:00.
Entrega de material: Unha raíña virxe e o resumo do curso en formato dixital.
Participantes: máximo 20. Só para socios/as de AGA que teñan feito o curso de nivel 1.
Prezo: 55 €.

Inscricións:

Data límite: dez días antes do inicio.

Inscricións: facer preinscrición por correo-e (abellameiga@gmail.com) ou tfno. (619744685) e agardar a recibir confirmación ou denegación.

Pago: Transferencia de 10 € ao confirmar a inscrición (non retornables en caso de cancelación). Resto en metálico ao inicio do curso.

 

APILAROUCO
Cualedro (Ourense)

1. Visita a explotación de cría de raíñas

Data: 27 de maio
Horario: De 10.30 a 13.30 h. e de 15.30 a 18.30 h.
Lugar: Instalacóns de Montalegre Mel. Saída dende o "Centro de Interpretación dos Castros" ó lado do Cuartel da Guardia Civil en Cualedro.
Modalidade: Visita guiada  (charla e explicacións no colmear)
Entrega de material:
-Documentación variada sobre temas tratados (formato dixital)
-Dereito de admisión á comunidade Apilarouco (Integrado por más de 100 apicultores de toda Galicia)
Participantes: 30 máximos.
Prezo: 25€. Só para socios/as de AGA

2. Crecemento do apiario e cría de raíñas

Data: 9 e 10 de xuño
Horario: De 10 a 13 h. e de 15 a 18.30 h.
Lugar: "Centro de Interpretación dos Castros" (ó lado do Cuartel da Guardia Civil) en Cualedro e instalacións de Montalegre Mel en Portugal.
Modalidade: practico-teórica (aula e colmear)
Entrega de material:
-Documentación variada sobre temas tratados (formato dixital)
- Raíña virxe engaiolada.
- Dereito de admisión á comunidade Apilarouco (Integrado por más de 100 apicultores de toda Galicia)
Participantes: 30 máximos.
Prezo: 50€. Só para socios/as de AGA

Inscricións:

Data límite: dez días antes do inicio

Cubrir a ficha de inscrición e enviar xunto co xustificante de pagamento a AGA.

 

CASA DAS ABELLAS
Abegondo (A Coruña)

Apicultura de lecer e autoconsumo

Obxectivos: Disfrutar do cultivo das abellas a pequeña escala, sendo conscentes desta actividade tan beneficiosa para o medio ambiente e para a saúde das persoas.

Dirixido a: Persoas que conten cunha pequena horta e queiran disfrutar dunha actividade e uns produtos únicos.

Datas: 9, 16, 23 e 30 de xuño
Lugar: Casa das Abellas (Meangos - Abegondo)
Participantes: Mínimo 15 persoas
Prezo: De balde. Só para socios/as de AGA

Inscricións:

Data límite: dez días antes do inicio.

Cubrir a ficha de inscrición e enviar a AGA.

 

FORMACIÓN DAGAS

 

DAGA RÍAS BAIXAS

Curso de iniciación á apicultura

Data: 17 e 18 de marzo
Horario:  Sábado de 10 a 14 h. e de 16 a 20 h. e domingo de 10 a 14 h.
Lugar: Centro Neural de Gondomar
Participantes: 15 mínimo
Prezo: De balde para socios e socias de AGA. 50 € para o resto

Xornada de reprodución do apiario

Data: 5 de maio
Horario: De 10 a 14 h. e de 16 a 20 h.
Lugar: Centro Neural de Gondomar
Impartido por: Xosé Manuel Docampo
Prezo: De balde para socios/as e 50 € para o resto.

Inscricións:

Tel. 620 822 229 / 981 508 142 / Email info@apiculturagalega.es

 

DAGA MORRAZO

Xornada teórico-práctica sobre propóleos

Data: 9 de xuño. Se se completan as prazas repítese o 10 de xuño
Duración: 6 horas (3 horas teoría e 3 horas práctica)
Lugar: Casa da Mocidade de Moaña
Impartido por: Felix Adanero e Estrella Alfaro
Participantes: 25 máximo
Prezo: 15 € para socios/as de AGA, 30 € para o resto

Xornada de multiplicación

Data: 21 de abril ou 5 de maio
Lugar: Casa da Mocidade de Moaña
Impartido por:  David Liñares
Participantes: 15 máximo
Prezo: 15 €. Só para socios/as de AGA (terán preferencia os socios/as da delegación)

Inscricións:

Email dagamorrazo@hotmail.com / Tel. 659 843 311.

 

DAGA ORTEGAL

Curso de reprodución do apiario

Data: 28 de abril e 2º día pendente confirmar
Duración: 12 horas (repartidas en dous días)
Lugar: Colmear didáctico e Centro Social de San Adrian. Ortigueira
Imparte: Rafa Díaz
Prezo: De balde para socios/as e veciños/as de Ortigueira
Participantes: 20 máximo

Xornada "Manexo das colmeas ante a Vespa velutina"

Lugar: Colmear didáctico e Centro Social de San Adrian. Ortigueira
Data: 10 de xuño
Imparten: Técnicos de AGA
Prezo: De balde

Inscricións:

Email: info@apiculturagalega.es / Tel. 981 508 142

 

DAGA BARBANZA

Curso de cría de raíñas

Datas: 28 e 29 de abril
Duración: 16 horas
Lugar: Academia El Muelle. Pobra do Caramiñal e Colmear de Espiñeira. Boiro.
Imparte: Hugo Negrioli
Prezo: 75 € para socios/as de AGA e 110 € para o resto. Inclúe resumo dixital do curso.
Participantes: 20 máximo

Inscricións:

Email dagabarbanza@gmail.com  / Tel. 609 831 755

 

DAGA BERGANTIÑOS

Xornada reprodución apiario

Data: 26 de maio
Lugar: Espazo da Natureza de Oza (antiga escola unitaria). Carballo.
Imparte: Celso Cadahía
Prezo: 20 € socios/as e 30 € non socios/as
Participantes: 20 máximo

Inscricións:

Email info@apiculturaglaega.es / Tel. 981 508 142

 

DAGA CORUÑA

Xornada reprodución apiario

Data: 12 de maio (pendente confirmar)
Lugar: A Coruña
Imparte: Juan Guijarro.
Prezo: 20 €. Só para socios/as de AGA
Participantes: 20 máximo

Inscricións:

Email info@apiculturagalega.es / Tel. 981 508 142

 

DAGA FERROLTERRA

Curso de iniciación á apicultura

Data inicio: 6 de abril
Lugar: Asoc. Veciños Rosa dos Ventos. Sedes (Narón)
Duración: 80 horas
Prezo: De balde, para socios/as de AGA e veciños/as de Narón

Curso de selección de raíñas e multiplicación do colmear

Datas: Finais de abril
Lugar: Pendente confirmar
Duración: 16 horas
Prezo: De balde para socios/as de AGA, 50 € para o resto.
Participantes: 20 máximo

Obradoiro: Os xabóns do apicultor

Elaboración artesanal de xabóns naturais, utilizando os produtos das abellas.
Datas: Unha mañán de sábado, a confirmar cando se xunte o grupo mínimo
Duración:  2 h.
Prezo: 10 € para socios/as de AGA e 25 € para o resto (inclúe mostras dos xabóns elaborados e información en soporte electrónico)

Obradoiro: Licores artesans de mel

Elaboración artesán de licor de mel e tamén con limón, eucalipto, menta ou a antiga hidromel.
Datas: Unha mañán de sábado, a confirmar cando se xunte o grupo mínimo
Duración: 1 h. 30 min
Prezo: 10 € para socios/as de AGA e 25 € para o resto (inclúe degustación dos licores elaborados e información en soporte electrónico)

Inscricións:

Email: dagaferrol@hotmail.com / Tel. 661 378 960

 

XORNADAS

20 de maio - Día Mundial da Abella - Allariz

26 de maio - Xornada convivio: A apicultura e o oso - Seoane do Courel

2 de xuño - Mostra Galega de Apicultura – Arzúa

 


Documentación:

Ficha inscrición cursos 2018


Voltar