+ 34 981 508 142

Programa de formación AGA 2013

Organiza: AGA
Datas: Primavera 2013
Lugar: Diferentes lugares de Galicia
Prezo: Gratuito para socios e socias e 40 € de cuota para persoas non socias
   

CURSOS AGA 2013

Inscricións:

Todos os interesados e interesadas deberán inscribirse cunha semana de antelación á data de inicio de cada curso, sexan soci@s ou non de AGA. Isto pódese facer mediante e-mail ou teléfono, dando os datos e facendo mención ó curso que van asistir.

Teléfono 981 508 142 / Email: aga@queixoemel.org

Prezos:

A participación é gratuíta para soci@s de AGA e ten un custo 40 € para non soci@s. Están exentos de pago os veciños e veciñas dos concellos de Culleredo, Narón, San Sadurniño e As Pontes nos cursos que se desenvolvan nestas localidades. Tamén hai descontos para parad@s e menores de 20 anos.

Forma de pago:

As persoas non socias deberán aboar 40 € na conta de AGA e acudir ao local do curso co resguardo bancario de ter pagado. Nº Conta: 2080 0348 38 3000018210. Poñer en concepto: Curso AGA [Lugar do curso]

Nota para socios e socias de AGA:

O día de Sanidade, as persoas socias de AGA poderán acudir co caderno de explotación apícola para que o veterinario lle expida a receita co tratamento da varroa para este ano, dado que este ano non vai haber subvención para este tratamento, AGA levará aos cursos distintos tratamentos que poderán adquirir a máis baixo prezo de mercado, pensando en que se poida subvencionar algo cos fondos do PLAN APICOLA 2013.
 

Tamén levaremos para a venda o libro TRATADO DE APICULTURA, o mellor libro apícola.


As persoas que queiran asociarse a AGA, a cuota é de 40 € ó ano e poden asociarse a través da web: www.apiculturagalega.es. Para consultas chamar por teléfono ou escribir un mail.

 

CURSO DE INICIACIÓN - PROGRAMA TEÓRICO- PRÁCTICO

1º DÍA. IMPORTANCIA DAS ABELLAS. Ciclo biolóxico das abellas. O enxame. colmea, partes da colmea, o panal. Os abelleiros: equipo e utensilios, manexo do afumador. Instalación do apiario.

Prácticas: visita a un apiario e inspección de colmeas

2º DÍA. REPRODUCIÓN DO APIARIO. Os individuos da colmea. Nocións de selección. Multiplicación do apiario: recollida de enxames, formación de núcleos. Colocación de alzas para a colleita de mel. Calendario de traballos.

Prácticas. Visita a un apiario e práctica de reprodución

3º DÍA. SAÚDE DAS ABELLAS. A saúde das abellas e o medio ambiente. Sanidade apícola: Principais parásitos que afectan as abellas: varroa, loque, vespa velutina. Prevención de doenzas. Enfermidades da cría. Enfermidades dos adultos. Control de enfermidades. Desinfeción

Prácticas: Visita a un apiario e identificación e control de doenzas

4º DÍA. ELABORACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS APÍCOLAS. A esmelga: local de extración do mel, equipamento do local, extración, decantación, envasado e etiquetado do mel. Os distintos produtos das abellas: calidades e cualidades. A cera, reciclado; a súa influencia na saúde das abellas e na calidade do mel. Comercialización.

Prácticas: Visita a un local de extracción do mel

 

PROGRAMACIÓN:

CULLEREDO. DAGA A Coruña

CURSO DE INICIACIÓN

Datas: 5, 6, 12 e 13 de abril

Horas: venres de 16-20 e sábados de 11-14 e16-19h.

Local: Xardín Botánico de Culleredo

DIA DA ABELLA E FEIRA DO MEL

Data: domingo 21 de xullo

Xardín Botánico de Culleredo

Horario: de 10 da mañá a 20 h. da tarde

 


NARÓN. DAGA Ferrolterra

CURSO DE ESPECIALIZACIÓN

Datas: sábados 13, 20 e 27 abril

Dous días de selección e reprodución (M.Varela)

Un día de sanidade apícola (Gonzalo Calvo)

Horario: 10,30 h. a 13,30 h. e de 16,00 h a 19,00 h.

Local da ganadera, próximo a AVV de Sedes. Narón


CURSO DE INICIACIÓN

Datas: 4, 11, 18, 25 de maio

Horario: 10,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 h.

Local da ganadera, próximo a AVV de Sedes. Narón


CASA DO MEL. DAGA Eume

CURSO DE INICIACIÓN

Datas: 11,12, 18, 25 de maio

Horario: de 10 a 13 e de 15 a 18 h.

Monitores: DAGA-Eume e Gonzalo Calvo

CURSO DE ESPECIALIZACIÓN. 28 horas

Cría de raíñas e extracción de xelea real.

Imparte: Persoal técnico da Casa do Mel

Datas: 8, 9, 10, 13, 16, 20 e 21 de xuño pola tarde,

4 horas cada día.

Este curso terá una taxa de 40 € por asistente


ORTIGUEIRA. DAGA Ortegal

CONFERENCIA PARA O PÚBLICO EN XERAL

Influencia das Abellas na alimentación, medio ambiente e saúde, por Suso Asorey.

Data: 6 de abril

Horario: de 11 a 13 h.

CURSO DE INICIACIÓN

Datas: 27, 28 de abril e 04 e 05 de maio

Horario: de 10 a 13 e de 15 a 18 h

Monitores: DAGA-Ortegal, Gonzalo Calvo

Local: Fundación Federico Maciñeira


PORTO DO SON. DAGA Barbanza

CURSO DE ESPECIALIZACIÓN: Cría de raíñas

Datas: 11, 17 e 18 de maio

Horario: 10 a 13 e de 15 a 18 h.

Monitores: Marcos Varela e Gonzalo Calvo

Local: Casa da Cultura de Queiruga. P. do Son


MONDOÑEDO. DAGA Mondoñedo

CURSO DE ESPECIALIZACIÓN

Vespa Velutina e Reprodución do apiario

Data: 04 de maio

Horario: de 10 a 14 horas

Monitores: Marcos Varela e Gonzalo Calvo

Local: Salón de actos da Oficina Agraria de Mondoñedo


LUGO. AGA

CURSO DE INICIACIÓN

Datas: 8, 9, 15 e16 de xuño

Horario de 10 a 13 e de 15 a 18 h.

Monitores: Marcos Varela e Gonzalo Calvo

Local: Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay


OURENSE. DAGA Ourense

CURSO DE INICIACIÓN

Datas: 11, 12, 18 e19 de maio

Horario de 10 a 13 e de 15 a 18 h.

Monitores: Perfecto García, Gonzalo Calvo, Suso Asorey

Local: Fundación Otero Pedraio. Trasalba. Amoeiro.


CASTELO DE SOBROSO. PONTEAREAS. AGA

CURSO DE INICIACIÓN

Datas:18, 19, 25 e 26 de maio.

Monitores: Alex Cendón, X.M. Docampo, Gonzalo Calvo, Suso Asorey

Horarios: de 10 a 13 e de 15 a 18 h.

Local: Castelo de Sobroso


CELANOVA. DAGA Celanova

CURSO DE INICIACIÓN

Datas: 13, 14 e 20, 21 de abril

Horario: Horario de 10 a 13 e de 15 a 18 h.

Monitores: José Fernández, Gonzalo Calvo

Local: Antiga Biblioteca Municipal,Concello de Celanova

 


SANTIAGO. AGA

CURSO DE INICIACIÓN

Datas: 3, 4, 10 e 11 de maio

Horario: venres de 17 h. a 21 h. / sábado de 11 h. a 14 h. e de 15 h. a 18 h.

Monitores: José Fernández, Gonzalo Calvo, Suso Asorey

Local: Casa das Asociacións de Cornes - Conxo. Rúa Manuel Beiras, 3 Santiago de Compostela.


XXVIII MOSTRA EN ARZÚA. AGA

Día 1 de xuño

Para esta actividade non hai que apuntarse


DÍA DE CAMPO. COVELO

Día 23 xuño.

Organiza: Abella Lupa SAT. Producción apícola ecolóxica.

Visita a cerería de Paraños, melería e apiario.

Enviarase o programa aos que se apunten.


DÍA DE CAMPO. VIANA DO BOLO

Día 30 xuño.

Organiza: Benigno Basteiro.

Selección e reproducción de abellas, visita aos apiarios.

Enviarase o programa aos que se apunten.


VIAXE APÍCOLA A PORTUGAL

Macedo de Cabaleiros.

Día 27 de abril

Organiza empresa Macmel. Cría de raiñas en directo.

Programa en www.macmel.net.

Saida de Santiago, da sede de AGA, ás 8 h. Iremos por Ourense e Verín. Regresamos a noite ao mesmo punto. Hai que levar o traxe de apicultor. Apuntarse en AGA antes do 10 de abril. No intre de apuntarse daremos o prezo do autobús.

As datas dos cursos poderán variar en función da climatoloxía.

 

Mais información:

Centro do Queixo e do Mel, Arzúa

Horario: De 10 a 14 horas e de 16 a 18 horas, a diario

Tel.: 981 508 142 e 630 069 637

e-mail: aga@queixoemel.org, agapicultura@gmail.com

Web: www.apiculturagalega.es

 

 


Documentación:


Voltar