+ 34 981 508 142

XORNADAS TÉCNICAS DAGA FERROLTERRA 2014

Organiza: DAGA Ferrolterra
Datas: 14, 15 E 16 de outubro 2014
Lugar: Parque Temático de Desenvolvimento Rural de Aldea Nova (Sedes- Naron)
Prezo: Gratuito
   

Como xa vai sendo costume co galo da XIV Feira do Mel e dos Produtos Ecolóxicos en Sedes (Narón) a DAGA Ferrolterra organiza tres xornadas técnicas. Aínda que os tempos non son bos -para a obtención dos recursos económicos- como as nosas aladas amigas con constancia e esforzo conseguimos artellar algo que esperamos sexa do voso interese.

Martes, 14 de outubro.- FACTORES DA CALIDADE DO MEL, por Noelia Gabeiras Alonso, técnica responsable do laboratorio da "Casa do Mel" de Goente.

Repaso dos parámetros e normas que definen a calidade do mel.

Mércores, 15 de outubro.- "ABELLAS E FRUTAIS, mutualismo ecológico perfecto". Equipo técnico da Asoc. Galega da Froita Autóctona e da Delegación Ferrolterra de AGA.

Importancia da polinización sobor a biodiversidade e na fruticultura en particular. Posibilidades económicas que ofrecen de xeito conxunto.

Xoves, 16 de outubro.- "A VESPA VELUTINA NA NOSA TERRA". Equipo técnico da delegación Ferrolterra de AGA e apicultores de Cedeira.

Coñecemento biolóxico e incidencia actual na apicultura e no medio ambiente en xeral. Métodos de control. Participación dos nosos compañeiros afectados de Cedeira e os seus métodos prácticos de control.

Tódalas charlas realizaranse no Parque Temático de Desenvolvimento Rural de Aldea Nova (Sedes- Naron), ás 19 horas.

Mais información: Tel: 661 378 960 Email: dagaferrol@hotmail.com


Documentación:


Voltar