+ 34 981 508 142

Xornadas sobre reprodución do apiario

Organiza: Asociación Galega de Apicultura
Datas: Primavera 2017
Lugar: Varios Galicia
Prezo: 20 € (só para socios/as de AGA)
   

Curso práctico de autoreprodución das colmeas impartido por profesionais do sector. Terá lugar en varios lugares e diferentes datas (consultar calendario en "Ler máis")

Dirixido só para socios e socias de AGA con formación apícola previa.

Duración: 6 horas (1 día)

Horario: De 10 a 13 e de 15 a 18 h.

Nº participantes: máximo 20.

Prezo: 20 €

Inscricións:

Indicar nome, teléfono e correo electrónico por email a info@apiculturagalega.es ou por teléfono ó 981 508 142. Unha vez confirmada a dispoñibilidade de praza indicarase a forma de pago.

Data límite: 1 semana antes do curso

Programa:

- Bases biolóxicas da reprodución.

Castas de abellas: orixe, calendario de metamorfose e idade de celo. Organización social: abellas de interior e de exterior. Funcións relacionadas coa reprodución. Tipos de mestras.

- Enxamía natural.

Causas e métodos de control. Aproveitamento reprodutivo da enxamía. Recollida de enxames.

- Sistemas de formación de novas colonias.

Particións. Núcleos. Paquetes.

- Obtención de raíñas.

Aproveitar raíñas de enxamía.  Introdución á cría de raíñas. Cría de machos.

- Manexo das novas colonias.

Calendario de primeiros controis. Achegas: alimento, panais, abellas… Adaptación da vivenda: partidores, poncho, portanúcleos…

Prácticas:

Localización e marcaxe de mestras. Identificación de larvas de obreiras aptas para criar raíñas. Sistemas de recollida de nutrices. Formación de novas colonias: partición, núcleos e paquetes. Enxerto de realeiras e introdución de raíñas.

 

Calendario: 

1. Carballo, 29 de abril. Con Celso Cadahía

2. Crecente, 6 de maio . Con Benito Martínez

3. Ponteareas, 13 de maio. Con Pablo Alarcón

4. A Coruña, 14 de maio. Con Juan Guijarro

5. Cualedro, 28 de maio. Con Apilarouco

6. Outeiro de Rei, 11 de xuño. Con Marcos e Jara Varela


Documentación:


Voltar