+ 34 981 508 142

CURSOS

XVIII XORNADAS APÍCOLAS DO EUME E FEIRA DO MEL

Do 2 ó 7 de outubro de 2017

Do 2 ó 8 de outubro de 2017 en Goente (As Pontes). As xornadas inclúen obradoiros para escolares, a X cata de meles e unha xornada adicada ó própole. O día 8 celébrase a Feira do Queixo e do Mel. A continuación o programa das xornadas. Organiza a DAGA Eume e Casa do Mel. Máis información no tel. 661 003 616.

Ler máis

CURSOS BÁSICOS DE APICULTURA 2017

Primavera 2017

AGA ofrece para esta primavera un programa de cursos básicos de apicultura que terán lugar en varios lugares de Galicia (consultar calendario en "Ler máis"). Os cursos van dirixidos a persoas que queiran iniciarse na apicultura e inclúen prácticas en colmeas. Duración: 12 horas (2 días) Horario: De 11 a 14 e de 16 a 19 Nº participantes: mínimo 15 Prezo: socios/as de AGA gratis. 50 € para non socios/as e inclúe a publicación "Curso de Apicultura"

Ler máis

Xornadas sobre reprodución do apiario

Primavera 2017

Curso práctico de autoreprodución das colmeas impartido por profesionais do sector. Terá lugar en varios lugares e diferentes datas (consultar calendario en "Ler máis") Dirixido só para socios e socias de AGA con formación apícola previa. Duración: 6 horas (1 día) Horario: De 10 a 13 e de 15 a 18 h. Nº participantes: máximo 20. Prezo: 20 €

Ler máis

Reprodución apícola e cría de raíñas Abella Meiga

22 e 23 de abril e 17 de xuño de 2017

Docentes: Marcos Varela e Jara Varela. Obxectivo: Conxugar ensinanzas teóricas e prácticas para acadar un mínimo dominio nas técnicas de selección e cría de raíñas. Programa: Xenética apícola. Apareamentos. Programas de mellora. Bioloxía e calendarios. Formación de núcleos e paquetes. Obtención de raíñas. Colonias criadoras. Métodos de cría. Manexo complementario. Só para socios e socias de AGA con formación apícola previa.

Ler máis

Reprodución e multiplicación do apiario Apilarouco

17 e 18 de xuño de 2017

Docentes : Apilarouco. Lugar: Cualedro e Montalegre (Portugal) Datas e horario: 17 de xuño de 10:30 a 13:30 e de 16 a 19 h. (Cualedro) e 18 de xuño de 10 a 19 h. (Montalegre) Nº de participantes : máximo 25 Prezo: 50 €, incluíndo 2 raíñas virxes Só para socios e socias de AGA con formación apícola previa.

Ler máis

Apiterapia

Do 17 ó 20 de maio de 2017

Docentes: Médico apiterapeuta chilena, apiterapeuta e apicultor profesional Organiza: Apiterapia Bierzo Lugar: Ourense (só no caso de cubrir as prazas mínimas, se non será en Ponferrada) Data e horario: Do 17 ó 20 de maio, de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00. Nº participantes: mínimo 20 Prezo: 500 € antes do 3 de maio, despois 625 € Inscricións: consultas@apiterapiabierzo.com ou 678420820 Máis información: www.apiterapiabierzo.com

Ler máis

CURSOS CASA DO MEL - DAGA EUME 2017

Maio e xuño 2017

Actividades formativas organizadas pola DAGA Eume e Casa do Mel: de iniciación á apicultura, colleita de pole, cría de raíñas e extracción de xelea real e calidade do mel. Todos os cursos serán na Casa do Mel-Goente (As Pontes). As datas serán nos meses de maío e xuño, que se comunicarán ás persoas inscritas. Información e inscricións : Tel. 661 003 616 e email casadomel@vodafone.es

Ler máis

CURSOS DAGA FERROLTERRA 2017

De maio a outubro de 2017

Actividades formativas organizadas pola DAGA Ferrolterra: Prácticas de perfeccionamento. Obradoiro de xabóns. Curso teórico/práctico do procesado da cera. Obradoiro de técnicas de control da Vespa velutina. Curso de iniciación “Técnicas de apicultura natural sostible. Curso de “Reproducción apícola básica”. Para inscricións ou información: dagaferrol@hotmail.com e tel. 661 378 960

Ler máis

CURSO DAGA RIAS BAIXAS 2017

14 de maio 2017

Curso organizado pola DAGA Rías Baixas: Introdución á cría de raíñas. Será impartido por Pablo Alarcón en Ponteareas o día 14 de maio. O prezo é de 20 € e máximo 20 participantes. Inscricións e máis información: moncho1958@gmail.com e tel. 620 822 229

Ler máis

CURSO DE INICIACIÓN Á REPRODUCIÓN DO APIARIO

29 de maio 2016

Curso de iniciación sobre a reprodución apícola para aprender como facer novas colmeas no propio apiario. Terá 6 horas de duración, con teoría e práctica e será impartido por Gonzalo Calvo, veterinario de AGA. Organizado pola Delegación de AGA Bergantiños. Só para socios/as de AGA e gratuito.

Ler máis

CURSO DE COSMÉTICA APÍCOLA

28 de maio de 2016

Curso sobre cosmética apícola, con teoría e práctica, de 6 horas de duración. Os participantes poderán levar unha mostra dos produtos elaborados. Imparte o curso Fina Pérez, socia de AGA e bióloga.

Ler máis

Cursos DAGA Eume 2016

Primavera 2016

DAGA Eume organiza un programa variado de cursos, dende análises do mel en laboratorio ata prácticas de trepa para retirada de niños de Vespa velutina. Terán lugar na Casa do Mel en Goente (As Pontes) e serán de pago, menos o de iniciación, que para socios/as de AGA Eume e Casa do Mel é gratuito.

Ler máis

CURSOS DE INICIACIÓN AGA 2016

Primavera 2016

AGA organiza para esta primavera un programa de formación que inclúe 14 cursos de iniciación á apicultura que terán lugar en diferentes puntos de Galicia. Serán de 12 horas de duración, cunha parte teórica e outra práctica. Coa participación no curso entregarase a publicación "Curso de apicultura". Son gratuitos para socios e socias de AGA e teñen un coste de 50 € para persoas non asociadas.

Ler máis

Cursos DAGA Ferrolterra 2016

Primavera e verán 2016

DAGA Ferrolterra ofrece un amplo programa de cursos: técnicas de apicultura natural sostible, de abril a setembro, selección e multiplicación do colmear e varios obradoiros de cera e xabóns artesanais con produtos da colmea. Terán lugar en varios lugares da comarca, algúns de pago e outros gratuitos.

Ler máis

CURSOS DE ESPECIALIZACIÓN AGA 2016: Reprodución apícola, cría de raíñas e produción ecolóxica de mel e pole

Primavera 2016

O programa de formación de AGA no 2016 inclúe 3 cursos de especialización sobre: reprodución apícola, cría de raíñas e produción ecolóxica de mel e pole. Só para socios/as de AGA e de pago. É preciso ter formación apícola previa.

Ler máis

Xornada formativa: Colleita de pole

14 de xuño de 2015

O pole ten unha demanda cada vez maior e dende AGA queremos continuar coa formación na produción deste novo recurso que proporcionan as abellas. Neste curso aprenderemos qué é o pole e cales son as técnicas de colleita e envasado en seco ou fresco e como comercializalo.

Ler máis

Reprodución e multiplicación do apiario

30 e 31 de maio de 2015

Curso de reprodución e multiplicación do apiario organizado por Apilarouco en Cualedro (Ourense).

Ler máis

Selección e mellora en apicultura / Reproducción apícola e cría de raíñas

25 e 26 de abril e 13 e 14 de xuño de 2015

Cursos de especialización apícola sobre a cría de raíñas e selección. Impartidos por Marcos Varela e Jara Varela de Abella Meiga, en Outeiro de Rei (Lugo)

Ler máis

Cursos de iniciación AGA 2015

Dende abril ata xullo 2015

Cursos teórico-prácticos destinados ás persoas que queren comezar na apicultura e ás que xa teñen xa experiencia pero queren renovar coñecementos. Realizaranse en 11 lugares diferentes de toda Galicia e terán unha duración de 3 días mais o día de campo en xullo.

Ler máis

Día de campo en Covas

5 de xullo de 2015

Esta xornada consistirá nunha visita a Covas, no concello de Taboada, cunha explotación apícola incluida nun proxecto de recuperación do rural. Forma parte do programa dos cursos de iniciación, polo que poden asistir as persoas anotadas ós cursos e socios/as de AGA de forma gratuita, previa inscrición na xornada.

Ler máis