+ 34 981 508 142

CURSOS

Sanidade apícola

28 de marzo de 2015

Curso teórico-práctico sobre sanidade apícola que impartirá o veterinario de AGA Gonzalo Calvo en Viana do Bolo.

Ler máis

Sesións sobre a Velutina - Programa Stop Velutina

Dende marzo a maio 2015

Xa temos confirmadas novas charlas informativas sobre a Vespa Velutina, dentro do programa "Stop Velutina" nos meses de marzo e maio.

Ler máis

Casa do Mel - DAGA Eume: Programa de formación 2015

Datas pendente de confirmar

A delegación de AGA Eume ofrece no seu programa de formación para o 2015 varios cursos: de iniciación á apicultura, colleita de pole, cría de raíñas e charlas sobre a Vespa Velutina. Para recibir mais información e inscribirse poñerse en contacto coa Casa do Mel no email casadomel@vodafone.es ou por tel. 661 003 616.

Ler máis

Charlas informativas sobre a Vespa Velutina

Varias - Primavera 2015

Durante a primavera AGA impartirá charlas informativas sobre a Vespa Velutina por toda Galicia. O obxectivo é informar sobre a ameaza ambiental que supón a presencia deste insecto nas nosas terras e ofrecer solucións para controlar os seus efectos no medio ambiente e nas abellas.

Ler máis

Formación sobre a Vespa Velutina e Decreto de Produción Primaria

23 de novembro de 2014

A delegación de AGA Ourense convoca este domingo 23 de novembro unha xornada apícola formativa sobre a Vespa Velutina e o novo Decreto de Produción Primaria na Fundación Otero Pedrayo de Trasalba.

Ler máis

XORNADAS TÉCNICAS DAGA FERROLTERRA 2014

14, 15 E 16 de outubro 2014

Como xa vai sendo costume co galo da XIV Feira do Mel e dos Produtos Ecolóxicos en Sedes (Narón) a DAGA Ferrolterra organiza tres xornadas técnicas. Aínda que os tempos non son bos -para a obtención dos recursos económicos- como as nosas aladas amigas con constancia e esforzo conseguimos artellar algo que esperamos sexa do voso interese.

Ler máis

XV Xornadas Apícolas do Eume

Do 6 ó 11 de outubro

DAGA Eume e a Casa do Mel organizan estas xornadas, que comezarán con obradoiros para escolares. O xoves e venres terá lugar a VII Cata de meles, o sábado pola mañán daranse charlas sobre a apitoxina, a publicidade dos produtos apícolas e a vespa velutina e pola tarde o concurso de recetas con queixo e mel. 

Ler máis

Emprendemento, Innovación e Diversificación no Sector Apícola

4, 5 e 6 de xuño de 2014

Curso de 24 horas de duración, organizado pola Universidade de Santiago e AGA dentro do programa formativo da Universidade de Verán 2014, ten como obxectivos capacitar e promover o aproveitamento de novos produtos da colmea que están a ser demandados amplamente no mercado nacional e internacional.

Ler máis

Multiplicación e selección do apiario.

24 e 31 de maio de 2014

Curso teórico/práctico organizado por DAGA Ferrolterra de 16 horas de duración, no que se explicarán os principios básicos da reproducción, enxames naturais, división de colonias, formación de núcleos, aproveitamento de realeiras naturais, etc. e faranse prácticas de campo (nos colmeares didácticos da delegación ou alternativamente nos dos asistentes) de busca de raíñas, identificación da idade das larvas, enxerto de realeiras, constituir núcleos orfos, métodos de multiplicación e outras posibles prácticas a determinar cos asistentes.

Ler máis

Cursos de especialización AGA 2014

De maio a xuño de 2014

AGA organiza 4 cursos de especialización durante os meses de maio a xuño sobre os seguintes temas: cría de raíñas, colleita de pole e própole, formación en análise de mel e estampado de cera. Inscricións no email aga@queixoemel.org e no teléfono 981 508 142.

Ler máis

Cursos de iniciación á apicultura AGA 2014

De abril a xuño de 2014

AGA organiza cursos de iniciación á apicultura, dende abril ata xuño en diferentes lugares de Galicia. Inscricións no email aga@queixoemel.org e no teléfono 981 508 142.

Ler máis

Curso iniciación á apicultura ecolóxica

De marzo a xuño de 2014

Organiza Abella Lupa. Covelo (Pontevedra). Hai dúas datas posibles a escoller: 1º curso: 29, 30 de marzo e 5, 6 de abril ou 2º curso: 31 de maio e 1, 7 e 8 de xuño. Inscricións en info@abellalupa.com.

Ler máis

Iniciación á apicultura - Diversificación da economía rural

Domingos dende marzo ata outubro de 2014

Organiza o Sindicato Labrego Galego. O curso terá lugar en A Estrada e ten unha duración de nove días, un domingo ó mes dende marzo ata outubro, en horario de 10 a 14 h. Para inscricións chamar ao Sindicato Labrego Galego ó telefono 986 573 232.

Ler máis

Actividades delegación AGA Eume

De marzo a xuño de 2014

A delegación no Eume organiza varios cursos de formación para esta primavera, dende iniciación a colleita de pole, sanidade apícola e cría de raíñas. As actividades son na Casa do Mel de Goente (As Pontes).

Ler máis

Actividades delegación AGA Ferrolterra

De abril a setembro 2014

Na comarca de Ferrolterra, a delegación de AGA ofrece charlas e cursos de apicultura, reproducción apícola, procesado e laminado da cera. Ademais está levando a cabo un programa de información sobre a Vespa Velutina.

Ler máis

Xornadas Técnicas DAGA Ferrolterra 2013

15, 17 e 19 de outubro 2013

Tres charlas impartidas por diferentes expertos apícolas que tratarán sobre as tarefas apícolas ó longo do ano, o despoboamento das colmeas e a flora de interese apícola.

Ler máis

XIV Xornadas Apícolas do Eume 2013

Do 6 ó 12 de outubro de 2013

Durante toda a semana haberá charlas, obradoiros para escolares, catas de mel, concursos... Organiza a Delegación de AGA -Eume. Mais información: Casa do Mel - Tel. 661 003 616 casadomelaspontes.blogspot.com

Ler máis

Programa de formación AGA 2013

Primavera 2013

Durante o 2013 AGA desenvolverá un programa de cursiños en toda Galicia. Estas actividades serán gratuítas para socios e socias. As persoas non socias terán que pagar uha cuota de inscrición. Cursos teórico-prácticos de iniciación e especialización, días de campo, charlas e viaxes.

Ler máis

Mesa Redonda: AGA - Lugo

17 de marzo de 2013

Mesa redonda na que se tratarán temas variados como o Plan Apícola 2013, sobre a Vespa Velutina ou a creación dunha Delegación de AGA en Lugo e as posibles actividades que se poderían desenvolver nela.

Ler máis

Xornada técnica Delegación AGA Ferrolterra

17 de febreiro de 2013

Domingo, 17 de febreiro, ás 10:30 horas. Relator.- José Luis Rodríguez Basagoiti, apicultor profesional do País Vasco e Presidente da Asociación de Apicultores de Vizcaia, BAMEPE. Temas a tratar: A Vespa Velutina Nigrotorax, avespón asiático xa está en Galicia. Selección de Abellas Tolerantes á Varroa.

Ler máis