+ 34 981 508 142

DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS - 20 DE MAIO

Lugar: Galicia
Datas: 20 de maio de 2017
   

O Día Mundial das Abellas é unha celebración internacional para facer difusión sobre a importancia das abellas e reivindicar a súa necesaria protección como gardiás do medio ambiente. AGA celebrará este día con varios eventos que terán lugar o 20 de maio en varios lugares de Galicia a través das DAGAS: Santiago, Culleredo, Allariz, Ferrolterra, As Pontes, Mañón e Nigrán, se queres colaborar nalgún deles ponte en contacto con nós.

¡Celebra o Día da Abella con AGA e co mundo enteiro!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROGRAMA:

SANTIAGO DE COMPOSTELA - AGA

No IES Rosalia Castro, ás 12:30 h. Acto do Día da Abella e inauguración da exposición "Dalle vida ao teu xardín" cun percorrido pola exposición didáctica, visita ás abellas do xardín, degustación de meles  e información sobre a Vespa velutina. A exposición estará aberta ata o 5 de xuño Día Mundial do Medio Ambiente, con actividades para escolares. Haberá tamén un curso de apicultura o 20 e 21 de maio.

CULLEREDO - DAGA CORUÑA

No Xardín Botánico de Culleredo, de 11 a 14 h. Degustación de meles por produtores locais socios de AGA, visita guiada polos xardíns e colmear da delegación e obradoiro de trampas caseiras contra a Vespa velutina.

ALLARIZ - DAGA OURENSE

No Festival Internacional de Xardíns de Allariz, de 11 a 14 h. Arredor da Casa das Abellas dos xardíns, degustación de meles por produtores locais socios de AGA e unha mesa informativa sobre a Vespa velutina. Os socios de AGA que participen poden visitar ese día os xardíns de balde, chamando previamente a AGA para anotarse.

FERROLTERRA - DAGA FERROLTERRA

Narón, Neda, San Sadurniño e Mugardos. Ás 11 h. charla "Abella e Medio Ambiente" e entrega de premios aos gañadores do concurso de trampeo realizado nos centros de ensino da comarca.  Durante toda a mañá mesa informativa na praza do concello coa problemática da velutina.

NIGRÁN - DAGA RÍAS BAIXAS

No Centro da Ramallosa. Día da Abella, II Xornadas Apícolas e I Feira Apícola Val Miñor. Ás 10:15 h. acto de inauguración e obradoiros para nenos e nenas. Charlas: Ás 10:30 A producción de pole. Ás 11:30 Manexo ecolóxico antivarroa. Ás 16:30 Fotografar a natureza. Ás 17:30 Entrega de premios.

AS PONTES – DAGA EUME

Na Casa do Mel de Goente, de 16 a 21 h. Portas abertas con obradoiros e actividades para nenos e nenas.

MAÑÓN - DAGA ORTEGAL

19 de maio no CEIP Francisco López Estrada do Barqueiro.  Os alumnos/as pintarán un mural sobre o Día Mundial da Abella e posteriormente farase a entrega de trampas, folletos sobre a velutina e copiños de mel.

 



Voltar