+ 34 981 508 142

Lucus Mel 2012. Mercado de Nadal dos Produtos das Abellas

Lugar: Praza de Abastos de Lugo
Datas: 16 de decembro de 2012
   

LUCUS MEL 2012 Mercado de Nadal dos produtos das abellas

Domingo 16 de decembro, en Lugo

Lugar: Baixos da Praza de Abastos de Lugo

Organiza: Api-Emprendedor@s de AGA coa colaboración do Concello de Lugo e a Deputación de Lugo.

Participantes: Poden participar os socios e socias de AGA, que terán que cumprir unhas bases que podedes ver mais abaixo ou solicitalas a AGA por tel 981 508 142 ou e-mail: aga@queixoemel.org. 

O prazo para apuntarse é ata o 30 de novembro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

BASES PARA OS PARTICIPANTES

1. Para participar neste mercado apícola é condición indispensable ser socio de AGA. Os interesados facilitarán nome, teléfono, denominación para o posto, produtos a presentar e lugar de produción, no teléfono de AGA 981508142 ou no correo-e aga@queixoemel.org. Tamén indicarán o número de postos que se queren ocupar (cada posto terá unha lonxitude aprox. de 125 cm.).

2. A admisión dos participantes corresponderá á comisión de LUCUS MEL acordada por AGA. A condición de participante será exclusiva para cada inscrito aceptado, non podendo delegarse. 

3. Para a presente edición non existe cota de participación, porén cada participante deberá de aportar, como achega aos sorteos, ata 3 envases dos produtos que presente, a elección da organización e cando esta así o solicite.

4. O participante que atenda cada posto vestirá de branco, con bata, mandil, funda apícola ou similar e identificará o seu posto con un cartel que deberá de aportar el mesmo. Así mesmo levarán bolsas brancas para despachar o mel. Ao remate coidarán de deixar o posto limpo e recollido.

5. Terase en conta que os mesados para os postos son de obra e están bastante inclinados tal e como se ilustra na imaxe axunta. Cada participante será o encargado de axeitar o posto para evitar a caída dos produtos: colocación en caixas ou cestas, mantel ou manta por baixo, superposición dun taboleiro con escuadras (70 cm. de fondo e 20 cm. de alto aprox.)...

6. Os produtos a presentar deberán estar debidamente etiquetados. Dende AGA pode facilitarse esta condición para os apicultores que o soliciten.

7. Entre as 9:30 a as 10:30 horas todos os expositores ocuparán os seus postos, os que non o fagan así poderán ser excluídos da feira. Os postos permanecerán atendidos ininterrompidamente ata a hora de peche, aínda no caso de rematar os produtos para a venda.  

8. Establécese un prezo mínimo de venda de 6,50 euros para os envases de 1 quilo de mel e de 4,00 euros para os de ½ quilo. Tamén será obrigatorio participar nas promocións de venda que a comisión acorde.

9. Os produtores que o desexen poden poderán comercializar os seus produtos mediante a venda de "cestas de produtos apícolas" que fará a organización de LUCUS MEL. A condición para participar desta distribución é ceder un 20% do beneficio comercial con respecto ao prezo de venda ao público.

10. Nin expositores, nin familiares, nin persoas relacionadas directamente cun posto de venda poderán participar nos sorteos que se realicen, tampouco poderán gardar boletos ou recoller premios de persoas que non estean presentes.

11. A comisión organizadora velará polo cumprimento destas bases. A falta ás mesmas poderá levar aparellada a non admisión ou expulsión do participante para a presente ou futuras edicións de LUCUS MEL. 

 



Voltar