+ 34 981 508 142

FEIRAS

IX Feira do Queixo e do Mel de Goente

8 de outubro de 2017

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ler máis

32ª MOSTRA GALEGA DE APICULTURA – 3 DE XUÑO EN ARZÚA

3 de xuño de 2017

A 32ª Mostra pretende tratar os temas que máis afectan a  actividade apícola e ofrecer solucións prácticas ós problemas que causan. Falaremos de apiterapia e das súas aplicacións e amosaremos as últimas innovacións apícolas na feira de material. Teremos tamén un xantar abelleiro ó que vos animamos a participar e un espazo infantil para que traiades ós cativos da familia.

Ler máis

DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS - 20 DE MAIO

20 de maio de 2017

O Día Mundial das Abellas é unha celebración internacional para facer difusión sobre a importancia das abellas e reivindicar a súa necesaria protección como gardiás do medio ambiente. AGA celebrará este día con varios eventos que terán lugar o 20 de maio en varios lugares de Galicia a través das DAGAS: Santiago, Culleredo, Allariz, Ferrolterra, As Pontes, Mañón e Nigrán, se queres colaborar nalgún deles ponte en contacto con nós.

¡Celebra o Día da Abella con AGA e co mundo enteiro!

 

 

 

 

 

 

 

Ler máis

XXVII Feira do Mel de Ortegal

14 e 15 de novembro de 2015

A Delegación de AGA Ortegal organiza a XXVII Feira do Mel de Ortegal os días 14 e 15 de novembro en Ortigueira.

O sábado 14 pola mañán haberá conferencias sobre apicultura no Museo Ortegalia e o domingo 15 será a feira na Alameda de Ortigueira, con moitas actividades para o público: degustacións de queixo con mel, obradoiros, música, xantar...

 

 

 

Ler máis

XV Feira do Mel, dos Produtos Ecolóxicos e artesáns

10 e 11 de outubro de 2015

 

Sábado e domingo, 10 e 11 de Outubro, no "Recinto Ferial do Trece" (Sedes- Narón), e de 11 a 14 e de 16 a 19 horas.

Outra nova edición desta xa tradicional feira que tan boa acollida está tendo sempre na nosa bisbarra. Este ano repetirase a mesma fórmula, os artesáns do mel compartindo recinto ferial cos productores ecolóxicos do CRAEGA e os productores artesans de cervexa.

 

 

 

 

 

Ler máis

Día da Abella en Maceda

27 de setembro de 2015

AGA o Concello de Maceda organizan o Día da Abella o domingo 27 de setembro de 11 h. a 20 h. no Castelo de Maceda.

Ésta será a 3ª edición do evento que cada ano vai gañando en participación e contidos. Haberá feira de mel e produtos apícolas da comarca e moitas actividades para todos os públicos: degustacións, exposición didáctica, obradoiros, títeres, música... 

Vide a pasar un día agradable con nós e coñecer un pouco máis sobre estes marabillosos insectos!

Descargar o programa

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ler máis

VII Feira do Queixo e do Mel e VI Xornadas Apícolas do Eume

Do 5 ó 11 de outubro de 2015

VII FEIRA DO QUEIXO E DO MEL
11 de outubro en Goente (As Pontes)

VI XORNADAS APÍCOLAS DO EUME
Do 5 ao 11 de outubro na Casa do Mel en Goente (As Pontes)
Obradoiros para escolares, cata de meles, concursos e charlas sobre Apiterapia, Sanidade Apícola e Vespa Velutina.

Descargar programa 

Organiza: Casa do Mel 

Máis información: 
Tel. 661 003 616
Email: casadomel@vodafone.es
Web: casadomelaspontes.blogspot.com

 

 

Ler máis

Charlas informativas sobre a Vespa Velutina

Setembro e outubro 2015

Nos meses de setembro e outubro AGA continúa coa labor informativa sobre a Vespa Velutina Nigrotorax coas seguintes charlas:

Mondariz – 10 de setembro ás 20 h. no Centro Social

Gondomar - 24 de setembro ás 19 h. no Centro Neural - Xefatura de Policía Local

Carral – 26 de setembro ás 12 h. na Casa da Cultura

Carnota - 11 de outubro ás 10 h. na Casa do Concello

Van dirixidas a todas as persoas interesadas e en particular a apicultores e apicultoras que queiran poñer en práctica medidas de control nos seus colmeares. 

A entrada é de balde.

Ler máis

Xornada especial "Stop Vespa Velutina"

26 de xullo de 2015

A DAGA Ortegal organiza esta xornada o domingo 26 de xullo das 11 h ata as 20 h. no Museo Ortegalia e Centro Social de San Roque en Ortigueira. 

Obxectivos:

1.- Facer balance da primeira parte do programa de control da avespa asiática (vespa velutina) desenvolvido na primavera de 2015.

2.- Situación actual e previsións ao comenzo deste verán.

3.- Programa de actividades e métodos de control a levar a cabo no verán e outono tendentes a limitar os efectos desta praga que tantos danos e alarma está causando.

 

 

 

 

 

 

Ler máis

III Foro Apícola

6 de xuño de 2015

O III FORO APÍCOLA acolle a 30ª Mostra Galega de Apicultura especial por celebrarmos ao mesmo tempo tamén o 35º aniversario de AGA e o 25º aniversario da cooperativa Erica Mel. Durante o foro pretendemos  tratar os temas máis actuais da nosa apicultura, presentar innovacións e celebrarmos os aniversarios. Despois de 35 anos estamos inmersos nun proceso de renovación profundo e de recambio xeracional. Como dato valga a cifra de 119 novos socios e socias dende o primeiro de xaneiro deste ano. Xente nova que ven con moito ímpetu e que recibimos cos brazos abertos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ler máis

Día da Abella 2015

21 de marzo de 2015

DAGA-Coruña e o Concello de Culleredo  organizan conxuntamente o DIA DA ABELLA, este ano adicado a realizar a campaña informativa e de sensibilización "Stop Velutina" ante a presenza dunha especie invasora, a Vespa Velutina Nigrotorax ou avespa asiática.

 

 

 

 

 

 

 

Ler máis

DÍA DO APICULTOR 2015

01 de febreiro de 2015

O Día do Apicultor será unha boa ocasión para coñecer e  participar activamente nas actividades de AGA para o 2015. Falaremos sobre a Vespa Velutina e haberá varios obradoiros prácticos.

De paso tamén poderedes realizar diversos trámites: renovar o seguro, facer as xestións do Plan Apícola e adquirir materiais apícolas e ademais terá lugar a Asemblea Xeral de AGA.

Ler máis

XXVI Feira do Mel de Ortegal

16 de novembro de 2014

A Delegación de AGA Ortegal organiza esta nova edición da Feira do Mel de Ortegal. Próximamente publicaremos mais información do programa.

Ler máis

XIV Feira do Mel e dos Produtos Ecolóxicos

12 de outubro de 2014

Feira organizada polo Concello de Narón en colaboración coa Delegación de AGA Ferrolterra.  Haberá degustacións para os asistentes e sorteos de cestas de produtos. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ler máis

VI Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente 2014

12 de outubro de 2014

Este ano a feira, organizada entre outros colectivos da comarca pola Casa do Mel, ofrece degustacións de freixós, queixo e mel, exposicións, actividades para nenos e nenas, xantar e actuacións musicais.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Ler máis

Día da Abella 2014

14 de setembro de 2014

O 14 de setembro organizamos por segundo ano consecutivo o DIA DA ABELLA en Maceda (Ourense). Haberá un montón de actividades para abelleiros/as e non abelleiros/as, para nenos e maiores. Este ano está adicado á CERA DAS ABELLAS. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ler máis

29ª MOSTRA GALEGA DE APICULTURA

07 de xuño de 2014

Presentación

A 29ª Mostra vai ser unha das moitas actividades que AGA ten programadas para o ano 2014, pretendemos presentar novidades e insistir no control da varroa, vespa velutina etc.

Tamén imos aproveitar para dar a coñecer a novidosa tenda de apicultura que se está iniciando por parte da cooperativa Erica Mel.

As nosas abellas están padecendo moitos contratempos por mor dos pesticidas, cambio climático, chegada de novos parásitos...., pero ao mesmo tempo está de moda cultivar abellas, hai un forte incorporación de xente nova a esta actividade e tamén hai unha grande demanda dos extraordinarios produtos abelleiros por parte dos consumidores.

Tamén escomenza a conta atrás para a organización e participación no VII Congreso apícola hispánico que vai organizar AGA, os días 3,4,5 de outubro en Santiago de Compostela.

Durante a Mostra imos tratar estes e outros temas que nos afectan, vinde a compartir experiencias e a ser actores do grande  cambio que se está a dar no sector apícola galego.

Ler máis

Día do Apicultor 2014

08 de febreiro de 2014

Centro do Queixo e do Mel - Arzúa

Día do Apicultor 2014Os temas centrais desta edición do Día do Apicultor están enfocados a promocionar o emprendimento, a innovación e a diversificación entre os asociados/as de AGA.

Ademais, daremos  a coñecer a nosa proposta para o control da vespa velutina que xa está colonizando unha boa parte do noso territorio.

E terá lugar a Asemblea Xeral de AGA como todos os anos coincidindo con este evento.

Ler máis

Mercado de Nadal "Das Miñas Colmeas"

21 de decembro de 2013

AGA organiza o Mercado de Nadal "Das Miñas Colmeas" o 21 de decembro en Área Central - Santiago de Compostela.

Cartaz Das Miñas Colmeas 2013

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A participación é aberta a tódolos socios e socias de AGA, cumplindo cos requisitos esixidos (ver correo apícola novembro 2013).  

Ler máis

XXV Feira do Mel de Ortegal

17 de novembro de 2013

A feira, organizada pola Delegación de AGA Ortegal, celebra o seu 25 aniversario.

Dende as 10 da mañá haberá venda de produtos apícolas polos abelleiros da comarca e outros postos de artesanía. O programa inclúe animación para nenos e nenas, actuacións musicais, degustacións e sorteos de produtos apícolas e artesáns da comarca. Rematarase cun magosto e queimada gratuito para os asistentes.

Ler máis