+ 34 981 508 142

FEIRAS

V Feira do Queixo do Mel de Goente (As Pontes)

12 de outubro de 2013

A celebración irá repleta de de actividades para as visitantes, dende a tradicional degustación de requeixo, mel e freixós, obradoiros para os pequenos e exposicións variadas.

Mais información:
Casa do Mel - Tel. 661 003 616
casadomelaspontes.blogspot.com

Ler máis

Día da Abella 2013

18 de agosto de 2013

. Programa Día da Abella: Feira do mel, exposición didáctica, obradoiros

.  Lugar de celebración: Castelo de Maceda

. Organizado pola Asociación Galega de Apicultura (DAGA-Ourense) coa colaboración do concello de Maceda

Ler máis

XXVIII Mostra Galega de Apicultura

01 de xuño de 2013

Organiza: AGA Asociación Galega de Apicultura

Esta xornada estará adicada á "cría de raiñas e colleita de xalea real" coa participación do matrimonio francés: Gilles e Eveline Pradier.

 

 

Ler máis

Día do Apicultor 2013

16 de febreiro de 2013

 

16 de febreiro de 2013 no Centro do Queixo e do Mel de Arzúa.

Organiza: AGA Asociación Galega de Apicultura.

Nesta edición do DÍA DO APICULTOR imos tratar o tema da vespa velutina como un novo inimigo co que teremos que convivir nós e as nosas abellas.

Tamén imos volver sobre o tema da varroa, ofrencendo novas alternativas para o seu control, xa que só a loita química volveuse un problema crónico sen saída.

 

Ler máis

Lucus Mel 2012. Mercado de Nadal dos Produtos das Abellas

16 de decembro de 2012

Domingo, 16 de decembro

Praza de Abastos de Lugo

Organiza: Api-Emprendedor@s de AGA

Colabora: Deputación de Lugo e Concello de Lugo

Participantes: Poden participar os socios e socias de AGA (ver as bases de participación en "ler mais"). Prazo de inscricións ata o 30 de novembro

Ler máis

XXIV Feira do Mel do Ortegal

18 de novembro de 2012

Apertura da feira ás 11:00 h

Exposición de cogumelos

13:00 Desfile e concert oda Escola de Gaitas de Ortigueira

13:30 Degustación de queixo e mel

17:00 Sorteo de dous lotes apícolas

17:30 Degustación de castañas asadas

Pulpo e lacón a prezos populares

Organiza e colabora: DAGA Ortegal, Ortegalia e Concello de Ortigueira

Ler máis

Feira do Mel e Produtos Ecolóxicos

28 de outubro de 2012

XII FEIRA DO MEL E PRODUCTOS ECOLÓXICOS

Lugar.- Recinto Ferial do Trece (Sedes – Narón).

Data.- Domingo 28 de Outubro. En horario de maña e tarde (de 10 a 14 e de 16 a 19 horas).

Actividades.-

Comercialización de mel e productos ecolóxicos.

Sorteo de 13 grandes cestas entre os clientes que mercaran algún producto da feira.

Degustación de mel con pan e queixo.

Talleres divulgativos.

Organiza.- Concellería de Feiras do concello de Narón.

Colabora.- Delegación Ferrolterra de AGA. 

Condicións de participación.- Ser membro da delegación Ferrolterra de AGA ou ben estar empadroado no concello de Narón e ter etiqueta legalizada.

A organización dispondra de duas mesas a maiores para outras solicitudes que no cumplan as duas condicións anteriores. As adxudicacions destas duas mesas realizarase por sorteo.

Para solicitudes.- 981 320 798 ou 661 378 960.   

 

 

Ler máis

Inauguración 1º Apiario Urbán de Galicia en Culleredo

26 de outubro de 2012

A Delegación de AGA Coruña inaugura o 26 de outubro de 2012 ás 8 da tarde o primeiro apiario urbán de Galicia, ubicado no Xardín Botánico de Culleredo.

A entrada é libre. Realizarase a esmelga das colmeas e unha cata-degustación de mel.

Ler máis

Feira do Queixo e do Mel

14 de outubro de 2012

FEIRA DO QUEIXO E DO MEL

14 de outubro de 2012 en Goente (As Pontes)

Ver programa completo da feria en www.casadomelaspontes.blogspot.com

 

Ler máis