+ 34 981 508 142

ESTATUTOS DE AGA

Artigo 1°

  1. Procédese a adaptar ós Estatutos de Asociación Galega de Apicultura, AGA, como Asociación sen ánimo de lucro e C.I.F 15077282, a Lei Orgánica 1|2002, do 22 de marzo.
  2. A Asociación Galega de Apicultura AGA rexerase polos presentes Estatutos, pola Lei Orgánica 1|2002, do 22 de Marzo, reguladora do Dereito de asociación e pola demáis lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.

Artigo 2°

Son fins principais da Asociación Galega de Apicultura AGA:

  1. Promover o desenvolvemento integral da apicultura en todos os campos
  2. Mellorar a formación técnica apícola dos seus asociados e de todos os apicultores en xeral.....
  3. Difundir á sociedade as vantaxes da abella como insecto polinizador e traballar en defensa do medio ambiente, ameazado polos incendios, contaminacións, abuso de pesticidas, etc.
  4. Velar pola calidade dos productos apícolas e informar ó consumidor das súas características. Colaborar e promover a comercialización dos productos dos asociados
  5. Fomento da investigación apícola, ben de “motu propio” ou colaborando con outras entidades
  6. En definitiva, informar, formar e asesorar técnicamente ós asociados e a sociedade no seu conxunto en materia de apicultura
  7. Defender os dereitos dos asociados|as e representalos ante as administracións

Artigo 3°

Para levar a cabo os seus fins, poderá a Asociación Galega de Apicultura, AGA organizar as seguintes actividades:

  1. Asesoramento permanente
  2. Edición de publicacións
  3. Organización de cursos, conferencias, xornadas, congresos, viaxes apícolas, concursos...
  4. Xestión de seguros apícolas
  5. Promoción de Feiras do Mel
  6. Organización de talleres de mel e outros para escolares e outras entidades
  7. Actividades promotoras da investigación e cultura apícola
  8. Promoción da comercialización das produccións apícolas de xeito organizado
  9. Calquera outra actividade que a Xunta Directiva considere axeitada para o cumprimento dos fins da Asociación.

Artigo 4°

O domicilio principal e permanente da Asociación Galega de Apicultura, AGA radicará na localidade de Santiago de Compostela, rúa Costa de San Marcos n° 7. C.P. 15890. Teléfono 981 589 534, correo electrónico agapicultura@gmail.com

Poderánse utilizar outros locais asociativos adicionais noutras localidades, mediante acordo da Xunta Directiva, das Delegacións, que terán atribucións para cambiar, tanto o domicilio como os locais, dando conta do seu acordo ó Organismo encargado do Rexistro de asociacións.

Artigo 5°

A Asociación Galega de Apicultura AGA, en función dos seus fins e da ubicación do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 6°

1. A duración da Asociación Galega de Apicultura AGA é de caracter indefinido e só se disolverá, conforme a estes Estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea xeral extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.

2. A Asociación Galega de Apicultura, AGA rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.

CAPÍTULO II

DOS|DAS SOCIOS|AS

Artigo 7°

Poderán ser integrantes da Asociación Galega de Apicultura AGA todas aquelas persoas físicas ou xurídicas, con plena capacidade de obrar ou tralo acordo do órgano competente da persoa xurídica, que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Ser apicultores
  2. Ser afeccionados a apicultura
  3. Estar interesados na defensa das abellas e os seus productos
  4. Ser defendor do medio ambiente
  5. Defender a cultura apícola en todas a súas dimensións

Artigo 8°

Dentro da Asociación Galega de Apicultura AGA poderán existir as seguintes clases de asociados:

  1. Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a Acta Fundacional
  2. Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da Acta Fundacional
  3. Honorarios, aquelas persoas que, a xuizo da Asemblea xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da Asociación

Artigo 9°

Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:

  1. Tomar parte nas Asembleas con vos e voto
  2. Poder elexir e ser elexidos para cargos directivos
  3. Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos seus fins
  4. Disfrutar de todas as avantaxes e beneficios que a Asociación poida obter
  5. Ter copia destes Estatutos
  6. Ser informados sobre a composición da Xunta Directiva
  7. Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación
  8. Facer suxerencias ós membros da Xunta Directiva en orde a mellorar o cumprimento dos fins da Asociación
  9. Que se lle poña de manifesto o estado de contas e ingresos e gastos da Asociación todos os anos, así como o desenvolvemento da súa actividade

Artigo 10°

Son obrigas dos asociados e asociadas:

  1. Prestar cantos servicios determinen os Estatutos, o Regulamento de Rexime interno e os acordos das Asembleas xerais.
  2. Desempeñar os cargos para os que foron elexidos
  3. Asistir as Asembleas xerais
  4. Satisfacer as cotas que se establezan
  5. Observar unha boa conducta individual e cívica
  6. Cumprir os acordos da Asemblea xeral e o contido dos Estatutos

Artigo 11°

Os asociados e asociadas honorarios non intervirán na dirección da Asociación nin nos órganos de representación da mesma, pero están facultados para asistir ás Asembleas xerais con voz, pero sen voto.

Artigo 12°

Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición escrita da persoa que desexa ser admitida. No caso de menores de idade e persoas que actúen a través de representante a solicitude deberá ser autorizada polo representante, pai ou titor do solicitante e se acompañará unha acreditación da identidade do solicitante.

Artigo 13°

A condición de asociado perdese:

  1. Por vontade propia
  2. Por falta de pago nas cotas
  3. Por realización de accións que perxudiquen gravemente os intereses da Asociación
  4. Por expediente desciplinario

Artigo 14°

A expulsión de asociados e asociadas será acordada pola Xunta Directiva, previa audiencia do interesado|a. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea xeral  e contra a sua resolución poderase recurrir ante a xurisdicción ordinaria.

Cando a baixa se produza por vontade dun|ha asociado|a, éste|a deberá realizar unha petición escrita e procederá ó aboamento previo de todas as cotas que teña pendentes.

CAPÍTULO III

DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN

Artigo 15°

A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo Presidente, a Xunta Directiva, a Asemblea Xeral,  o Consello Apícola, e as  Delegacións Comarcais.

Artigo 16°

O Presidente da Asociación asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva o Consello Apícola e a Asemblea Xeral, presidindo as sesións que celebren unhas e outras.

O Presidente será designado pola Asemblea xeral entre socios que teñan polo menos 1 ano de antigüedade e o seu mandato durará catro anos.

XUNTA DIRECTIVA

Artigo 17°

A Xunta Directiva estará formada por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro e dous Vocais, cargos que deberán recaer en asociados|as que leven polo menos un ano na Asociación.

Artigo 18°

Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuitos, sen perxuizo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados.

Elexiranse pola Asemblea xeral os cargos e durarán un periodo de 2 anos, ainda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.

A Xunta Directiva poderá contar cun Equipo Técnico-Asesor composto por un número indeterninado de persoas.

Artigo 19°

É función da Xunta Directiva programar e dirixir as actividades asociativas e levar a xestión administrativa e economica da Asociación, someter á aprobación da Asemblea xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.

Así mesmo procederá a convocar e fixar a data da Asemblea xeral, fixar as cotas ordinarias e extraordinarias que se aproben, designar as comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da Asociación, dictar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea xeral. Corresponderalle tamén todas aquelas outras actividades que lle sexan transferidas pola Asemblea.

Artigo 20°

A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine a Presidente ou o Vicepresidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus componentes. Será presidida polo Presidente e, na sua ausencia, polo vicepresidente ou o Secretario por esta orde,e, a falta de ambos, polo membro da Xunta que teña máis idade.

Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos deberán ser adoptados pola maioría dos votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, a metade mais un dos seus membros. No caso de empate decidirá o voto do Presidente.

O Secretario ou, no seu defecto, o Vicepresidente levantará acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas.

Artigo 21°

Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta Directiva acorde constituir, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou recabar das mesmas as informacións necesarias. Formarán parte, ademáis, das ditas comisións o número de vocais e técnicos que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.

Artigo 22°

Algún membro do Equipo Técnico Asesor tamén poderá ser membro da Xunta Directiva, excepto Presidente, sempre que sexa asociado de AGA.

Algún membro da Xunta Directiva terá que pertencer a algún representante dalgunha Delegación Comarcal.

Artigo 23°

  1. Os membros da Xunta Directiva serán elexidos en Asemblea xeral.
  2. As candidaturas, adxuntando o programa de actividades e presuposto, serán admitidas no domicilio social de AGA, ata 10 días antes da celebración da Asemblea xeral , non sendo admitidas as que non cumpran este requisito.
  3. Durante a asemblea xeral, cada candidatura disporá de 10 minutos para facer a presentación e defensa do seu programa.

ASEMBLEA XERAL

Artigo 24°

A Asemblea xeral de asociados|as é o órgano de expresión da vontade da Asociación e estará formada por todos os integrantes da mesma. O Presidente e o Secretario da Asemblea serán os mesmos que os da Xunta Directiva.

Artigo 25°

A Asemblea xeral reuniráse con carácter ordinario como mínimo unha vez o ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou a soliciten o 10% dos socios. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ó Presidente, autorizado coas firmas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e o orde do día.

Artigo 26°

A Asemblea xeral ordinaria reunirase necesariamente dentro dos primeiros tres meses de cada ano. Tanto a Asemblea ordinaria como a extraordinaria serán convocadas con 20 días de antelación polo|a presidente da Xunta Directiva.

A notificación farase no domicilio do asociado para Asembleas ordinarias e extraordinarias, na convocatoria han de aparecer, lugar,data e hora da xuntanza, así como o orde do día. Tamén ha de sinalarse a hora da segunda convocatoria, que como mínimo terá que separarse media hora da primeira convocatoria.

Artigo 27°

Serán competencias da Asemblea xeral ordinaria:

  1. Aprobar a acta da reunión anterior
  2. Aprobar o plan de actividades
  3. Examinar e aprobar a memoria de actividades
  4. Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio anterior
  5. Elexir os integrantes da Xunta Directiva
  6. Aprobar os presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio
  7. Exame e aprobación das cotas

Artigo 28°

Serán competencias da Asemblea xeral extraordinaria:

  1. Modificar os Estatutos da Asociación.
  2. Aprobar a federación con outras ssociacións
  3. Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais
  4. Acordar a disolución da Asociación
  5. Designar os|as liquidadores|as
  6. Ratificar a Expulsión de asociados|as a proposta da Xunta Directiva
  7. Solicitar a declaración de utilidade pública da Asociación
  8. Aprobar a regulamento de réxime interno da Asociación
  9. As que sendo de competencia da Asemblea ordinaria por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan esperar a súa convocatoria, sen grave perxuizo para a Asociación
  10. Todas as non conferidas expresamente á Asemblea xeral ordinaria ou Xunta Directiva

Artigo 29°

Para que as asembleas poidan tomar acordos, integraranse polos|as asociados|as asistentes en única convocatoria.

Artigo 30°

Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos ós apartados 1 ó 7 do artigo 27. que requiriran maioría de dous tercios A continuación levaranse os acordos ó libro de Actas e asinará o|a Presidente|a, o|a Secretario|a da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea xeral e aprobada por maioría.

Artigo 31°

Os acordos adoptados conforme ós preceptos anteriores obrigarán a todos os asociados,.incluso ós non asitentes.

As sesións se abrirán cando así o determine o Presidente, Seguidamente se procederá por parte do Secretario á lectura da acta da Asemblea anterior que deberá ser aprobada.

Posteriormente o Secretario procederá a plantexar a orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, ou en quen esta delegue procedéndose á aprobación nos termos contidos nestes Estatutos, segundo a materia de que se trate.

Unha vez rematados todos os asuntos da orde do día se procederá, se  a presidencia o considera oportuno ou o solicitan un 10% dos asociados inscritos no libro de membros, a facer un turno de rogos e preguntas a adopción de acordos, concluíndo co levantamento da sesión por parte do Presidente.

Artigo 32°

Os acordos que vaían contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da Asociación poderán ser recurridos en reposición perante a Asemblea xeral. A partir da resolución, quedará expedita a vía para recurrir perante a xurisdicción  ordinaria.

DELEGACIÓNS COMARCAIS

Artigo 33°

As Delegacións Comarcais son os órganos participativos mais immediatos de que dispón o socio da Asociación. Ostentará a representación de AGA no seu  ambito territorial, sin menoscabo das atribucións do Presidente e da Xunta Directiva.

Artigo 34°

As Delegacións Comarcais, terán como referencia un marco territorial ou comarca e estará constituída por un mínimo de 8 socios|as de AGA.

Artigo 35°

Constitución das Delegacións Comarcais:

  1. Para formalizar a constitución dunha Delegación Comarcal cubrirase un modelo de solicitude que acompañará a acta constituínte, así como un programa de actividades a realizar e unha relación de socios que voluntariamente queren formar parte desa Delegación
  2. Os socios da  Delegación elixirán un representante, por 2 anos, por maioría simple entre os asitentes a asemblea anual da Delagación, para que dirixa as actividades da Delegación e represente a esta nas reunións do Consello Apícola. O Delegado poderá escoller un equipo de asociados que colaborarán con el nas diferentes tarefas da Delegación.
  3. A Delegación será formalmente válida unha vez que se acorde a sua alta en reunión da Xunta Directiva máis próxima
  4. Causarán baixa inmediata aquelas delegacións que deixen de enviar a Xunta Directiva a sua Acta da Asemblea anual, ou queden cun número de socios inferior o sinalado no artigo 36°

Artigo 36°

Funcionamento das Delegacións:

  1. As Delegacións de AGA están plenamente capacitadas para desenvolver as actividades que lle confiren estes Estatutos, a nivel do seu ambito territorial
  2. Cada Delegación celebrará como mínimo unha Asemblea anual para dar conta das actividades realizadas, do estado da sua económia e aprobación do programa e presuposto do seguinte ano e proceder a elección do delegado cando corresponda
  3. Enviar a sede de AGA a acta elaborada da Asemblea anual, onde figure o orde do día e os acordos adoptados, así mesmo enviar estado de contas e patrimonio da Delegación
  4. As Delegacións percibirán unha parte da cota por asociado pertencente a esa delagación acordada no Consello Apícola e aprobada na Asemblea xeral de AGA, tamén pode percibir material didáctico e outros medios cando o presuposto de AGA o permita
  5. As Delegacións estarán representadas no Consello Apícola por medio do seu Delegado

CONSELLO APÍCOLA

Artigo 37°

O Consello Apícola é a xuntanza da que forman parte: Os membros da Xunta Directiva, os Delegados das distintas Delegacións Comarcais en activo, e representantes de Comisións ou Técnicos invitados pola Xunta Directiva da Asociación.

O Presidente e o Secretario de AGA tamén o serán do Consello Apícola.

Artigo 38°

Funcionamento do Consello Apícola:

  1. O Consello apícola reunirase unha vez o ano, con anterioridade a Asemblea xeral de AGA, convocado polo Presidente da Asociación, e as decisións adoptaranse por maioría simple con voto de calidade do Presidente.
  2. O Consello Apícola é un organo informativo, coordinador e consultivo de AGA. Así os seus componentes recibirán información sobre a marcha da Asociación o mesmo de cada Delegación Comarcal procurando coordinar as suas actividades. Tamén é un organo consultivo de AGA que elabora propostas para mellorar o funcionamento de AGA e somete-las a  aprobación dos organos de Goberno da Asociación

ÓRGANOS UNIPERSOAIS

Artigo 39°

O|A Presidente|a da Xunta Directiva terá, ademais das facultades consignadas no artigo 16°, as seguintes atribucións:

  1. Presidir e levantar as sesións que celebre a Xunta Directiva, a Asemblea xeral e o Consello apícola, dirixir a deliberacións de unhas e outras, decidindo con voto de calidade, en caso de empate
  2. Propoñer o plan de actividades da Asociación á Xunta Directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas
  3. Ordear os pagamentos acordados validamente
  4. Representar a Asociación perante calquera organismo público ou privado
  5. Asinar as actas, certificados, pagos e outros documentos da Asociación xunto co Secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate
  6. Adoptar calquera medida urxente que a boa marcha da Asociación aconselle e no desenrolo das suas actividades resulte necesaria ou convinte, sen prexuizo de dar conta posteriormente á Xunta Directiva

O Presidente será asistido nas súas funcións por un vicepresidente, que ademais sustituirao nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade

Artigo 40°

O|A Vicepresidente|a asumiár as funcións que nelas delegue o|a Presidente|a, substituíndoo en caso vacante, ausencia ou enfermidade.

Artigo 41°

O|A Secretario|a terá as seguintes atribucións:

  1. Ostenta-la dirección dos traballos administrativos da Asociación
  2. Custoriar e leva-los libros de actas e de rexistro de socios|as, documentos e selos da Asociación
  3. Estende-las convocatorias e as actas das reunións ademais de expedir certificacións das mesmas o visto bo do Presidente|a
  4. Comunicación sobre designación de Xuntas Directivas e demais acordos sociais iscribibles ós Rexistros correspondentes, así coma a presentación das contas anuais e o cumprimento das obrigacións documentais nos termos que legalmente correspondan

Artigo 42°

O|A Tesoureiro|a terá as seguintes atribucións:

  1. Ostenta-la dirección dos traballos de xestión económica da Asociación
  2. Custodiar e leva-los libros de contabilidade e os inventarios, así como tódolos documentos económicos necesarios para a elaboración das contas e balances
  3. Prepara-los Orzamentos, as contas anuais e os Balances para a sua presentación diante da Xunta Directiva e da Asemblea Xeral
  4. Recadar e custodia-los fondos pertencentes á Asociación
  5. Dar cumprimento ás ordes de pago que expida o|a Presidente|a

Artigo 43°

Os Vocais no número que determine a Asemblea xeral terán as seguintes atribucións:

  1. Realizar programas e propostas na sua área de actuación
  2. Desempeñar os traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva

CAPÍTULO IV

REXIME ECONÓMICO

Artigo 44°

A Asociación Galega de Apicultura AGA no momento de iniciar as suas actividades dispón dun patrimonio valorado en 600 €. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.

Artigo 45°

A Asociación manterase dos seguintes recursos:

  1. As cotas periódicas dos asociados
  2. As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea
  3. As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares
  4. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da Asociación
  5. Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas

Artigo 46°

As cotas ordinarias acórdanse pola Asemblea xeral ordinaria, a proposta da Xunta Directiva non sendo reintegrables en caso algún a adicándose a atender as necesidades da Asociación.

Artigo 47°

Anualmente con referencia ó último día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria que será posta a disposición dos asociados, e será sometido para a sua aprobación a Asemblea xeral ordinaria.

Artigo 48°

Anualmente no tempo que establece o artigo 26 será aprobado o orzamento pola Asemblea xeral ordinaria.

Artigo 49°

Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a Asociación teña depositados os mesmos, terán recoñecidas, as sinaturas na entidade bancaria correspondente o Presidente e o Tesoureiro, para a utilización conxunta deles, e amais algunha outra persoa dos servicios técnico-administrativos que estos designen.

Artigo 50°

Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuidos entre os asociados os recursos obtidos pola Asociación.

CAPÍTULO V

DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO

Artigo 51°

O Regulamento de rexime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nos presentes Estatutos, non podendo ir en ningún  caso en contra do estipulado nos mesmos. En todo caso o funcionamento interno da Asociación estará sometido ó ordenamento xurisdiccional civil.

CAPÍTULO VI

MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

Artigo 52°

Os presentes Estatutos poderán ser modificados a proposta da Xunta Directiva ou un cuarto dos socios. A convocatoria da Asemblea xeral extraordinaria estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abrindose un prazo de 7 días para que calquera socio|a poida dirixir á Secretaría as propostas e emendas que estime oportunas.Éstas complementarán a documentación da citada Asemblea e serán entregadas cunha antelación mínima de 3 días a realización da mesma.

Artigo 53°

Para ser aprobada a reforma dos Estatutos será necesario o voto favorable dos 2|3 dos membros da Asemblea xeral de socios.

Artigo 54°

A Asociación disolverase polas seguintes causas:

  1. Pola vontade dos asociados acordada polas 2|3 partes dos mesmos
  2. Por outras causas determinadas legalmente
  3. Por sentencia xudicial

Artigo 55°

Acordada a disolución, a Asemblea xeral extraordinaria designará tres asociados liquidadores, que xunto o Presidente e ó Tesoureiro, procederán a efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber liquido resultante.

Artigo 56°

O haber resultante unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra Asociación non lucrativa e inscrita na Comunidade Autónoma que teña os mesmos ou similares fins ós desta Asociación.

O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder a inscrición da disolución da Asociación.

D  Xosé Torres Romar, Secretario da Asociación Galega de Apicultura, AGA a que se refiren estes Estatutos, CERTIFICA que os presentes estatutos foron modificados para adaptalos ás previsións da Lei orgánica1|2002,do 22 de marzo, por acordo da Asemblea xeral extraordinaria de data 7-febreiro de 2004.

En Santiago de Compostela, a 7 de febreiro de 2004

 

                                                                       V° e prace
Asdo. O Secretario                                                              Asdo. O Presidente