+ 34 981 508 142

+ 30 Anos De Historia

EDITORIAL

Desde a súa fundación, ano 1980, A Asociación Galega de Apicultura AGA desenvolveu e participou nunha serie de actividades que modernizaron a nosa apicultura procurando satisfacer os intereses tanto dos abelleiros afeccionados coma daqueles que teñen ánimo de lucro con esta actividade, respectando sempre a natureza e comportamento e cultura das nosas amigas e imprescendibles abellas, desenvolvendo darredor delas unha actividade sustentable e da máis grande importancia ecolóxica.

A innovación, o coidado  e o desenvolvemento de novos produtos apícolas foi outra constante que desde AGA se tivo sempre presente co ánimo de satisfacer aos consumidores máis esixentes que buscan a calidade na súa alimentación e aprecian os beneficios terapéuticos destes produtos.

Na actualidade AGA está centrada na exploración de todos os campos que conforman  este variado e complexo mundo apícola. Baixo a denominación de “ a apicultura, unha actividade multifuncional” estamos asistindo a un renacer da actividade apícola a escala mundial, situando as abellas e os abelleiros no centro da conservación da biodiversidade debido ao efecto polinizador das nosas abellas.

Poderíamos traer mel de lugares moi afastados daquí, pero non poderíamos importar a polinización da flora silvestre nin das plantas cultivadas, polo tanto de non existir as abellas nos nosos campos, a biodiversidade, a paisaxe e a gastronomía non tería nada que ver co que temos. Poderíamos pois, importar o mel, pero endexamais a polinización imprescindible.

Para que a nosa actividade teña éxito é fundamental que a nosa agricultura tamén sexa unha actividade sostible e respectuosa co medio ambiente. Unha nova agricultura libre de agrotóxicos e transxénicos é necesaria para que as nosas abellas continúen a prestar un servicio público gratuíto e dun incalculable valor, esta será sempre unha demanda de AGA.

O sector apícola forma parte integrante da agricultura europea. Proporciona ingresos primarios ou complementarios a máis de 600.000 ciudadanos da UE. Presta uns servizos vitais a agricultura a través da polinización e contribúe ao mantemento da biodiversidade. Calcúlase que un 84% das especies vexetais e un 76 % da produción alimentaria en Europa dependen da polinización por parte das abellas, cuio valor económico é moito maior que o valor do mel producido e ascende a uns 15.0000 millóns de euros anuais na UE. A apicultura tamén presta un servizo importante aos ecosistemas a través da polinización, que contribúe a mellora da biodiversidade ao manter a diversidade xenética das plantas e o equilibrio ecolóxico.
Por añadidura, a apicultura forma parte do património agrícola europeo e das tradicións nacionais, (Parlamento Europeo, 14-11-2011)

Cal é a especie máis valiosa do planeta? Son as abellas (Según os científicos convocados pola,  Royal Geographical  society no ano 2008 en Londres).

 En Galicia, a día de hoxe, as abellas representan un recurso educativo dun alto valor, como se ven amosando na demanda de visitas escolares que teñen os nosos centros de visitantes establecidos en toda Galicia. Tamén é un recurso de apiturismo, como o demostran as visitas que estamos recibindo doutras parte de España e tamén do extranxeiro, a posta en valor da nosa apicultura tradicional é un recurso dun alto intere para este visitantes foráneos. A elaboración e diversificación de produtos das abellas e derivados están dandolle a nosa produción primaria un máis alto valor engadido. A apiterápia é unha ciencia tradicional que medra moi axiña na actualidade. A comética con produtos das abellas ten un desenvolvemento espectacular.

A mellor maneira que ten a sociedade de colaborar a resarcir a débeda histórica que ten coas abellas e os abelleiros, é adquirindo os produtos apícolas dos abelleiros máis próximos, así garantese a presenza de abellas e abelleiros na nosa contorna e polo tanto a polinización necesaria das flores dos campos circundantes.

Estamos convencidos en AGA, que en Galicia, igual que no resto do mundo, a xente nova que xa se está apróximando a esta actividade, vai ser a que poña as abellas no lugar que lles corresponde como unha actividade multifuncional.

Os nosos programas: “A apicultura, unha actividade multifuncional”, “Abellas tolerantes a varroa”, “Pon unha colmea na túa horta”, “ apiarios urbanos”,  “Apiturismo”, “Sair do armario” etc. van encamiñados a desenvolver a nosa apicultura como unha actividade multifuncional.

Para todo isto AGA, xa ten establecido en distintas comarcas de Galicia Delegacións que se encargan de levar adiante actividades co ánimo de conducir  a bo porto os nosos obxectivos. Tamén contamos con outra ferramenta moi importante, as cooperativas, Erica Mel e outras cooperativas locais. Os Centros de Visitantes que hai establecidos pola nosa xeografía tamén forman parte desta multifuncionalidade da nosa apicultura.

 

“Sin abellas non hai alimentación para os humanos” (Albert Einstein).