+ 34 981 508 142

 

Concurso de Produtos Apícolas "A Pinga" 2016

Na 31ª Mostra Galega de Apicultura presentáronse os produtos do concurso A Pinga, un concurso de produtos orixinais e innovadores elaborados a partir da rica variedade de produtos que nos ofrecen as abellas. Participaron unha amplia gama de produtos, crema de cera de abella para limpeza de madeira e coiro, vinagre de mel ou gominolas e caramelos de mel son algúns exemplos.
O produto gañador do premio « A Pinga » decidido por unanimidade do xurado foi « Merchandising apícola » presentado por Mª Carmen Puga González de Lalín, que consistía nun orixinal e colorido conxunto de pezas con temática apícola elaboradas artesanalmente a partir de diferentes materiais.
En breve publicaremos máis información de cada un dos produtos presentados.