+ 34 981 508 142

A baga

Dentro dunha apicultura multifuncional, no Centro do Queixo e do Mel en Arzúa pretendemos crear a nova Biblioteca Apícola Galega, BAGA, de referencia internacional, no Camiño de Santiago.

Para a iniciación desta nova Biblioteca Apícola Galega propoñemos que todos os socios e socias de AGA que queiran e poidan colaborar doen publicacións a esta biblioteca, en calquera idioma.

O obxectivo desta nova biblioteca é que os novos abelleiros e abelleiras poidan usala como centro de información e formación apícola permanente e tamén chegar a ser unha referencia internacional no Camiño de Santiago par ser visitada por persoas de calquera parte do mundo, que xa nos veñen a visitar cada vez en maior número.

A BAGA ten que ser un orgullo dos abelleiros e abelleiras de Galicia comprometidos coa nosa terra e un legado de aga ás xeracións vindeiras. Por todos estes motivos, estades convidados a participar neste proxecto colectivo que de seguro vai ser un pulo moi importante na achega de AGA ao mundo das abellas, con referencia e transcendencia internacional.