+ 34 981 508 142

Correo Apícola

CORREO APÍCOLA XANEIRO 2017

Xa está a disposición de todos os interesad@s o Correo Apícola do Inverno de 2017.

TEMAS

- Editorial

- Día do Apicultor.   11 Febreiro en Arzúa

- AGA Informa

- Programa de AGA 2017  + Plan Apícola 2017

- Relatorio de actividades do 2016

- Vespa velutina, tártago asiático

- Formularios de inscripción de novos soci@s de AGA e máis de Erica Mel.

- Evolución do sector apícola en Galicia

 

 

Ler máis Descargar

CIRCULAR INFORMATIVA setembro 2016

1-Xornadas do voluntariado apícola.

Os días 1 e 2 de outubro, AGA convoca as xornadas do voluntariado 2016, que consistirán en arranxar un cortín en Rao (Navia de Suarna-Lugo).

Precisamos que os voluntarios/as vos apuntedes enviado un e-mail a agapicultura@gmail.com

2-Reunión Velutina

Dende AGA facemos un chamamento aos que pensen que poden aportar ideas para que se apunten para participar en xuntanzas co obxetivo de enfrentar a Praga.

3-Consultoría apícola

  A cooperativa Erica Mel e a empresa holandesa Agriterra firmaron un contrato de consultoría para asesorar e establecer un plan de desenvolvemento dunha cooperativa de mel de Etiopía, para o que foi enviada a este País africano  a socia de AGA, Lisette Zewuster.

4- Diplomas

Os interesados en recibir o diploma das Xorndas de Lugo podedes enviar un mail solicitandoo, indicando o nome completo e enderezo para o seu envio. Podedes enviar os datos ao seguinte enderezo: agapicultura@gmail.com

5- XVII xornadas  apícolas do Eume: do 2 ó 8 de outubro

Organizan: AGAeume, Casa do Mel e patrocina Concello de As Pontes

Faranse distintas actividades, obradoiros, charlas, catas do mel, concursos de receitas co mel...

6- Conclusións de  Xornadas Internacionais sobre a V.Velutina en Lugo

  Entre outras, concluise cas ideas de que a investigación sobre esta especie invasora debe continuar. Pero sobre todo, que é necesario que a Administración se faga responsable da problemática, e da imperiosa necesidad de crear unha liña de axudas que permitan paliar as perdas derivadas da mesma.

Ler máis Descargar

Circular informativa xullo 2016

AGA INFORMA

- Tratamentos varroa 2016
- Vacacións do persoal
- Viaxe o VIII Congreso de Granada
- Xornadas internacionais da Vespa Velutina
- Uso do afumador no verán

ERICA INFORMA:

- Vacacións do persoal
- Prezo do mel 2016
- Entrega de mel en Erica

Ler máis Descargar

Carta DAGA Ferrolterra Xuño 2016

Carta enviada ós socios e socias da DAGA Ferrolterra.

Ler máis Descargar

Circular informativa maio 2016

Contidos:

- 31ª Mostra Galega de Apicultura

- Plan Apícola e Tratamentos Varroa 2016

- Concurso de produtos "A Pinga"

Ler máis Descargar

Circular Programa Formación AGA 2016

AGA organiza para esta primavera un programa de formación que inclúe : 14 cursos de iniciación gratuitos para socios/as; 3 cursos de especialización sobre reprodución apícola, cría de raíñas e produción ecolóxica, só para socios/as e de pago ; un curso de iniciación á reprodución do apiario e un curso de cosmética apícola. Na circular enviada ós socios e socias pódese consultar o calendario de cursos e como facer as insricións.

Publicaremos en breve información detallada e os programas de cada curso.

O programa inclúe ademais a celebración das seguintes xornadas, das que se informará en próximos correos apícolas :

- Día da Abella, 20 de maio en Allariz
- 31ª Mostra Galega de Apicultura, 4 de xuño en Arzúa
- Xornadas Internacionais sobre a Vespa velutina, 1 e 2 setembro en Lugo. 

As DAGAS tamén teñen un programa de actividades para esta primavera que inclúe varios cursos, de iniciación e especialización, así como Xornadas Técnicas e outras actividades.

Ler máis Descargar

Circular Día do Apicultor - Stop Velutina 2016

Día 20 de febreiro de 2016 en Arzúa

Ante o avance extraordinario da Vespa velutina  e ante a falta dunha actuación decidida de certos poderes públicos que terían o deber de poñerse ao frente da loita polo control desta especie invasora, sen avances certos nas investigacións e sen unha coordinación necesaria, AGA tomou a decisión de enfrentarnos directamente a predación da avespa asiática, Vespa velutina, escomenzando con medios propios e contando con tódolos asociados e asociadas.

Pola mañá, AGA vai presentar o programa de investigación Stop Velutina e a continuación sucederanse as palestras sobre a loita contra esta praga. Pola tarde, continuarán as palestras e despois os laboratorios farán unha presentación dos produtos para o tratamento da varroa. Durante todo o día poderanse adquirir  materiais apícolas en Erica Mel e o persoal de AGA atenderá no Centro de Divulgación do Queixo e do Mel.

Ler máis Descargar

Correo Apícola Inverno 2015

- Vespa Velutina, como coñecela e controlala

- Stop Vespa Velutina:
Propostas de AGA e dos concellos para a loita contra a velutina. 
Campaña da CODACC

- AGA informa:
Ano 2015
Colleita do mel
Plan Apícola
Cambio Climático
DAGAS
Doación da afumadores
Rede de Museos Apícolas e celebración do Día Mundial da Abella
Reserva de material apícola sintético
VIII Congreso Nacional de Apicultura Granada 2016
Peche polo Nadal de AGA e Erica
Novas formas de comunicación de AGA
Actualización do caderno apícola
Seguro de colmeas
Convenio de AGA coa Consellería da Presidencia para o 112

- Prohibición dos pesticidas na Unión Europea

- Campaña a Pinga de Mel

- Apiturismo

- Editorial: Díxolle unha abella a outra...

Ler máis Descargar

Correo Apícola Maio 2015

III Foro Apícola - 6 de xuño en Arzúa

O III FORO APÍCOLA acolle a 30ª Mostra Galega de Apicultura especial por celebrarmos ao mesmo tempo tamén o 35º aniversario de AGA e o 25º aniversario da cooperativa Erica Mel. 

Ler máis Descargar

Correo Apícola Primavera 2015

  • Editorial: Feliz Aniversario!
  • Programa Stop Velutina
  • Resumo do programa de AGA 2014
  • Avance programa 2015
  • Formación AGA 2015: cursos de iniciación e especialización
  • Actividades das Delegacións
  • Plan Apícola 2015
  • Promoción Das Miñas Colmeas
  • Apinoticias: Neonicotinoides / A cera / PAC 2015 / Apiturismo: Viaxe a Eslovenia / Suba da cota de AGA
  • Panal de Anuncios
  • Tenda apícola
  • III Foro Apícola: O futuro está aquí

 

Ler máis Descargar

Carta Delegación Ferrolterra Marzo 2015

Carta da Delegación de AGA Ferrolterra ós socios e socias da comarca.

Contidos: 

  • Local social da delegación
  • Programa formativo 2015
  • Programa comercial
  • Salvar as abellas e Vespa Velutina
  • Memoria actividades 2014

 

Ler máis Descargar

Carta Delegación Ferrolterra Febreiro 2015

Carta enviada da Delegación de AGA Ferrolterra ós abelleiros e abelleiras da comarca.

Contidos:

  • A forza da vocación e da constancia dan máis luces que sombras no sector abelleiro.
  • Este ano estamos de noraboa, AGA fai 35 anos e a nosa delegación 30 e imos celebralo
  • Asemblea ordinaria da DAGA Ferrolterra
  • Relación de actividades organizadas en colaboración coa Asociación Agrarista “Círculo Gacela”
Ler máis Descargar

Circular Informativa Xaneiro 2015

  • Convocatoria Día do Apicultor 2015
  • Plan Apícola 2015
  • Programa Día do Apicultor
  • Asemblea Xeral AGA
Ler máis Descargar

Correo Apícola Outono 2014

  • Éxito do VII Congreso Apícola Hispánico
  • Actividades das DAGAS no mes de novembro
  • Feira do Mel de Ortegal
  • Plan Apícola 2014
  • Decreto de Produción Primaria
  • Vespa Velutina
  • Vídeos de divulgación apícola
  • Programa apícola de AGA para o 2015
Ler máis Descargar

Carta Delegación Ferrolterra Setembro 2014

Carta enviada dende a delegación de AGA Ferrolterra ós socios e socias da comarca.

Ler máis Descargar

Circular informativa AGA Agosto 2014

  • Vespa Asiática - Xuntanzas Abelleiras en Tomiño e Viveiro
  • Plan Apícola
  • VII Congreso Apícola Hispánico
  • Día da Abella

 

Ler máis Descargar

Correo Apícola Xullo 2014

  • Para que máis serve a nosa asociación
  • Aumenta a demanda dos produtos apícolas
  • VII Congreso Apícola Hispánico
  • Apinoticias: cooperativismo, antibióticos no mel, incendios, roubos de colmeas, etiqueta Das Miñas Colmeas e formación.
  • Vespa Velutina
  • Tenda apícola
Ler máis Descargar

Correo Apícola Maio 2014

  • 29ª Mostra Galega de Apicultura. Arzúa - 7 de xuño de 2014
  • Plan apícola 2014 - Publicado no DOGA do día 14 de maio de 2014
  • Cursos de apicultura
  • VII Congreso Apícola Hispánico
  • Entrega de mel en Erica
  • Actualización do nº de conta

 

 

Ler máis Descargar

Carta da Delegación de AGA Ferrolterra Maio 2014

A Delegación de AGA Ferrolterra enviou unha carta ós socios e socias da delegación con información sobre as súas actividades.

 

Ler máis Descargar

Número especial Correo Apícola Marzo 2014

  • Editorial
  • Forte incremento da apicultura en Galicia
  • Programa realizado por AGA no 2013
  • Programa de AGA 2014
  • Cursos de iniciación e especialización 
  • Outras actividades
  • Apinoticias
  • Nova tenda de apicultura
  • Panal de anuncios
Ler máis Descargar

Correo Apícola Xaneiro 2014

  • Día do Apicultor e Asemblea Xeral de AGA. 8 de febreiro de 2014 no Centro do Queixo e do Mel en Arzúa.
  • Plan Apícola 2014
  • Novidades no seguro apícola
  • Escaseza de cera
  • O mel
  • VII Congreso Apícola Hispánico
Ler máis Descargar

Correo Apícola Novembro 2013

  • Mercado de Nadal "Das Miñas Colmeas": 21 de decembro de 2013 en Santiago de Compostela.
  • Mel de Galicia: Xuntanza sobre a nova trazabilidade.
  • Frouxa colleita de mel e pole no 2013: Escasez de produtos e aumento da demanda.
  • Vespa Velutina: En febreiro comunicarase o protocolo de actuación.
  • Pesticidas Neonicotinoides: Prohibición durante 2 anos a partir do 01 de decembro.
  • VII Congreso Apícola Hispánico: Avance do programa.
Ler máis Descargar

Correo Apícola Verán 2013

  • Varroa 2013: calendario de receitas e tratamentos para a varroa.
  • Xuntanzas das Delegacións de AGA Lugo e Ourense e creación dunha nova Delegación de AGA na provincia de Pontevedra.
  • Día da Abella: 18 de agosto en Maceda (Ourense)
  • Viaxes apícolas: II Congreso Europeo Apícola Lovaina (Bélxica) 9, 10 e 11 de novembro e Apimondia – Kiev (Ucrania) do 26 de setembro ó 4 de outubro.
  • Outras novas: vacacións do servizo de etiquetas Mel das Miñas Colmeas, cobro de cuotas de AGA 2013, próximas feiras apícolas, colleita de pole...
Ler máis Descargar

Correo Apícola Maio 2013

XXVIII Mostra Galega de Apicultura - 01 de xuño en Arzúa

Control da Varroa

Plan Apícola 2013

Próximas actividades de AGA

Ler máis Descargar

Correo Apícola Marzo 2013

Cursos de apicultura: iniciación e especialización

Días de campo

XXVIII Mostra Galega de Apicultura - 01 de xuño 2013 en Arzúa

Viaxe a Macmel - Macedo de Cabaleiros (Portugal)

Sanidade Apícola - Receitas e tratamentos varroa.

Ler máis Descargar

Correo Apícola Xaneiro 2013

- DÍA DO APICULTOR. 16 de Febreiro en Arzúa. 

- CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL DE AGA. 2013.
16 de febreiro de 2013, ás 13 horas.

- PLAN APICOLA 2013

- PROGRAMA DE FORMACIÓN DE AGA 2013

- SEGUROS APÍCOLAS 2013

- RENOVACIÓN DE CENSOS

Ler máis Descargar

Correo Apícola Inverno 2012

- A Vespa Velutina, un novo inimigo das abellas, xa chegou a Galicia

- Nova Delegación de AGA en Ourense, 18 de novembro na Fundación Otero Pedrayo en Trasalba (Amoeiro, Ourense)

- Lucus Mel 2012 - Mercado de Nadal dos produtos das abellas, 16 de decembro na Praza de Abastos de Lugo.

- A Cera ano 2013

- Seguro das colmeas ano 2013

Ler máis Descargar

CORREO APÍCOLA OUTONO 2012

 

ETIQUETADO PARA A PRODUCIÓN PRIMARIA

Desde AGA, poñemos en marcha o novo servizo de etiquetado para os soci@s que se queiran acoller a esta nova modalidade  de “Produción primaria”. Para ter toda a información  sobre este tema podedes consultar a nova Web de AGA, onde atoparedes tanto unha explicación de Marcos Varela, como unha proposta de “Guía de boas prácticas apícolas” que se deben ter en conta. Usaremos a mesma etiqueta “Mel das Miñas Colmeas” pero cos datos  precisos. O que queira facer unha etiqueta pola súa conta tamén pode facelo.

Ler máis Descargar

Correo Apícola Verán 2012

PRODUCIÓN ANO 2012

Debido a que houbo una forte enxamía non é posible facer una previsión de colleita, hai unha forte variación duns lugares a outros no día de hoxe.
A humidade climatolóxica que se deu favorece este fenómeno ou o instinto de supervivencia, ambas as cousas? , terían moito que ver.  Quedaron colmeas nai con moi poucas abellas, pola contra hai enxames que teñen tres medias alzas cheas de mel. A mediados de xullo e aínda seguen a saír enxames. Pero tamén hai lugares con colmeas de cinco medias alzas cheas de mel.  En fin, coma todos os anos, cando fagamos a esmelga imos ver os resultados.
Se clasificamos os meles para obter meles monoflorais, sabedes que estes teñen mellor saída comercial e tamén teñen un mellor prezo.
A partires do primeiro de setembro xa poden entregar o mel na cooperativa Erica, é mellor que chamen antes por teléfono para anunciar o día.

Ler máis Descargar