+ 34 981 508 142

CIRCULAR INFORMATIVA MAIO 2017

32ª Mostra Galega de Apicultura - 3 de xuño en Arzúa

A 32ª Mostra pretende tratar os temas que máis afectan a  actividade apícola e ofrecer solucións prácticas ós problemas que causan. Falaremos de apiterapia e das súas aplicacións e amosaremos as últimas innovacións apícolas na feira de material. Teremos tamén un xantar abelleiro ó que vos animamos a participar e un espazo infantil para que traiades ós cativos da familia.

Día Mundial das Abellas - 20 de maio

O Día Mundial das Abellas é unha celebración internacional para facer difusión sobre a importancia das abellas e reivindicar a súa necesaria protección como gardiás do medio ambiente. AGA celebrará este día con varios eventos que terán lugar o 20 de maio en varios lugares de Galicia a través das DAGAS: Santiago, Culleredo, Ferrolterra, As Pontes, Mañón e Nigrán. Se queres colaborar nalgún deles ponte en contacto con nós.

Na circular informativa podes consultar o programa detallado destes dous eventos.

Descargar