+ 34 981 508 142

CIRCULAR INFORMATIVA setembro 2016

                  CIRCULAR    AGA  -15 de setembro 2016


 

1- Xornadas do voluntariado apícola.

Os días 1 e 2 de outubro, AGA convoca as xornadas do voluntariado 2016, que consistirán en arranxar un cortín en Rao (Navia de Suarna-Lugo). Esta  emblemática construcción da nosa apicultura tradicional sofre un derumbe na súa parede, e o dono é unha persoa maior que por si non o pode reconstruir e entón o voluntariado de AGA sería a solución.

Precisamos que os voluntarios/as vos apuntedes enviado un e-mail a agapicultura@gmail.comantes do 23 de setembro, logo xa nos organizaremos. Se entre vos hai algún especialista en valos de pedra tamén se agradecería que vos apuntarades.

 

2- Reunión Velutina

En AGA agora temos unha morea de xente nova e con moita formación e queremos aproveitar esta circunstancia para recabar ideas de cómo enfrentarnos a Praga da Vespa Velutina.

Para isto facemos un chamamento aos que pensen que poden aportar ideas para que se apunten para participar en xuntanzas con este obxectivo.

Os  voluntarios/as enviade un e-mail para que vos convoquemos.

 

3- Consultoría apícola

A cooperativa Erica Mel e a empresa holandesa Agriterra firmaron un contrato de consultoría para asesorar e establecer un plan de desenvolvemento dunha cooperativa de mel de Etiopía, para o que foi enviada a este País africano  a socia de AGA, Lisette Zewuster , socióloga holandesa, ao seu regreso Lisette faranos un informe desta acción de axuda a outras cooperativas  noutras zonas do mundo.

 

4- Diplomas

Debido a proposta dalgúns de vosoutros, acordouse expedir diploma de asistencia aos participantes nas xornadas internacionais sobre a Vespa Velutina celebradas en  Lugo os días 1,2 de setembro.

Para isto, os interesados/as debedes enviar un correo solicitando este diploma, indicando o nome completo e enderezo para o seu envio. Podedes enviar os datos ao seguinte enderezo: agapicultura@gmail.com

 

5- XVII xornadas  apícolas do Eume: do 2 ó 8 de outubro.

Organizan: AGAeume, Casa do Mel e patrocina Concello de As Pontes

· Día 2: Obradoiro de cervexa de mel. Dende as 9:00h.

· Día 3: Obradoiros para escolares. Extracción e envasado do mel. Elaboración de candeas con cera. Proxección de videos apícolas. Visita guiada. Proba do mel con outros productos da Comarca.

· Días 4 e 5: IX Cata de meles a partir das 16:00h.

· Día 6: Conferencia de Antonio Gomez Pajuelo, biólogo, Consultor apícola,  sobre mortandade invernal nas colmeas (velutina, varroa e malnutrición) preparación de piensos. As 18:30h.

· Día 8: Concurso de receitas con queixo e mel (dúas modalidades salgado e doce). Os participantes deberán apuntarse antes do día 6 de outubro na casa do mel o chamando ao teléfono 661.003.616

· Día 9: Feira do mel en Goente. As Pontes

Máis información: www.casadomel.es, ou chamando ao tel: 661003616

 

6- Conclusións de  Xornadas Internacionais sobre a V.Velutina en Lugo

·Que non existe un estudo profundo acerca desta especie, que permita fixar con exactitude cales son os mellores métodos de loita. E polo tanto a investigación sobre esta especie invasora debe continuar.

·Que a competencia para a xestión da mesma debe ser asumida por parte dun único organismo especializado no tema, que aune todos os coñecementos e métodos de loita que se plantexen.

Nesta línea a Xunta  debe facerse cargo do problema  sen deixalo en mans dos apicultores, por ser o organismo competente na materia, convocando canto antes a comisión de seguimento, xa que nestes intres estamos en presenza dunha auténtico asedio as nosas abellas. AGA xa solicitó a Xunta la constitución e reunión desta Comisión.

·Que a presenza desta especie ten importantes costes económicos para a produción de mel e de froitas que é e será (cada vez máis) a necesidade de  crear unha línea de axudas que permitan paliar estas perdas por parte do sector apícola e agrícola.

Que se debe continuar traballando en conxunto (investigación-administración- apicultores- sociedade para facerlle frente ao problema.

Descargar