+ 34 981 508 142

CORREO APÍCOLA OUTONO 2012

 

NOVOS PREZOS PARA O MEL

Dada a situación actual de escasez de mel a nivel mundial o prezo está a alza. Tamén, vivimos nun momento de aumento dos costes.

Por estes motivos, vémonos na necesidade de facer unha suba nos prezos do mel e dos servizos que ofrecen AGA e Erica Mel, o mel entregado na cooperativa pagarase este ano a 2,90 € / Kg + IVE (10 %) e o mel monofloral  a 3,15 € + IVE (10%). Deste xeito, o prezo de venta ós socios e socias que precisen levar mel a granel da cooperativa será a 3,20 € para o multifloral e a 3,50 Euros para o monofloral. E o mel multifloral envasado, sen etiqueta, a 4 Euros.

O prezo de venda ó público deberá subir a un mínimo, 7 € / Kg.

Debido ós motivos citados, o servicio de facturación de Erica Mel deberá cobrar a partir de outubro o IVE correspondente ás facturas solicitadas polos socios.

 

NOVA PÁXINA WEB DE AGA:www.apiculturagalega.es

A  nova web de AGA xa está activada, podedes consultala a miúdo par estar informados de todas as nosas actividades, actualizaremos constanemente  as informacións  das actividades abelleiras e tamén a divulgación de contidos. Dádelle un vistazo polo menos unha vez a semana. Ollo a este novo enderezo da páxina!


TRATAMENTO DA VARROA CON HIVECLEAN

Para non abusar dos produtos tradicionais no tratamento contra a varroa e  non crear resistencias, informámosvos que AGA, ten a venda o HIVECLEAN que se compón de ácidos cítrico e oxálico, ácido fórmico, própole e aceites esenciais. É de doada aplicación por goteo. Canta menos cría teña a colmea máis eficaz é, polo tanto recomendase na parada invernal, se fose preciso, posteriormente  habería que repetir o tratamento. Non deixa residuos na colmea nen provoca resistencias. É moi eficaz facendo ben o tratamento. Vale tanto para a produción convencional coma para a ecolóxica. Resulta económico de prezo.


VII CONGRESO APICOLA. HISPANO

Será organizado por AGA, Asociación Galega de Apcultura  e AFCA, Asociación de Fomento de Congresos Apícolas, según acordo da reunión de AFCA celebrada en Lanjarón, Granada, o día 19 de setembro de 2012.
LUGAR:  Santiago de Compostela
DATAS: Dias 3, 4 e 5,  venres, sábado e domingo de Octubro de 2014
Obxectivos:
Poñer en contacto, científicos, técnicos, apicultores e público en xeral
Promocionar a apicultura como una actividade multifuncional
Dar a coñecer os últimos avances científicos e tecnolóxicos en materia de apicultura
Tratar os problemas que afectan a profesión apícola
Poñer en valor a nosa apicultura tradicional
Podes facer un seguimento do congreso na web de AGA
www.apiculturagalega.es

ACTIVIDADES APÍCOLAS
CURSO DE INICIACIÓN Á APICULTURA EN LUGO

Patrocina Deputación Provincial de Lugo. INLUDES
Colabora e imparte: Asociación Galega de Apicultura AGA
Días 25 e 26 de outubro de 2012
Horario de 5 a 8 da tarde
Lugar: Finca Gayoso, Castro Ribeira de Lea. Lugo
Matricula gratuíta, chamando ao tel: 981 508 142. Ou o tel:  982 227812 ou por e-mail: agapicultura@gmail.com. Data límite 22 de outubro.

 

FEIRA DE PRODUTOS DAS ABELLAS. LUGO

AGA, organiza unha feira  de produtos apícolas o domingo día 9 de decembro de 2012, nos locais da plaza de abastos en Lugo. Os soci@s de AGA  da provincia de Lugo que queiran participar nesta Feira vendendo o seu mel e outros produtos das abellas que o comuniquen a AGA antes do día 15 de Novembro,  por tel: 981 508 142 ou mail:  aga@queixoemel.org.

XIII XORNADAS APÍCOLAS DO EUME

Do 8 ó 14 de outubro de 2012. CASA DO MEL-GOENTE-AS PONTES.
Días 8 e 9: para escolares. Obradoiros de cera e mel para escolares
Dias 10 e 11. V Cata de meles
Día 13 de outubro: Conferencias durante todo o día
Día 14, Feira do queixoe do mel. Campo da festa de Goente
Máis información:  tel: 661003616 e web de AGA: www.apiculturagalega.es

XII FEIRA DO MEL E PRODUCTOS ECOLÓXICOS

Lugar.- Recinto Ferial do Trece (Sedes – Narón). Data: domingo día 28 de outubro de 2012
Colabora.- Delegación Ferrolterra de AGA.
Para participar, chamar por tel.- 981 320 798 ou 661 378 960. 
Tamén haberá unas XORNADAS TECNICAS, en Aldea Nova. Sedes-Narón, os días 25  e 30 de outubro.
Posteriormente a DAGA ferrolterra ten previsto un curso de elaboración de cosméticos, apuntarse no tel: 981 320 798
Máis Información na Web de AGA: www.apiculturagalega.es

ATENCIÓN AOS SOCIOS

No Centro do Queixo e do Mel, Arzúa

Horario: De 10 a 14 horas e de 16 a 18 horas, a diario

Tel.: 981 508 142 e 630 069 637

E-mail: aga@queixoemel.org, agapicultura@gmail.com

Web: www.apiculturagalega.es

 

Descargar