+ 34 981 508 142

Circular Informativa Xaneiro 2015

 

CONVOCATORIA DO DÍA DO APICULTOR 2015

O domingo 1 de febreiro celebraremos o Día do Apicultor en Arzúa. Será unha boa ocasión para coñecer e  participar activamente nas actividades de AGA para o 2015. Falaremos, entre outros temas, sobre a Vespa Velutina e haberá varios obradoiros prácticos. De paso tamén poderedes realizar diversos trámites:

1.- Renovar a póliza multirrisco do seguro das colmeas. O custe é de 1 €/colmea. A actual póliza caduca o día 7 de febreiro e lembramos que non se renova automáticamente, polo que é necesario comunicar en AGA o nº de colmeas e o nº de rexistro apícola, despois de ter actualizado o caderno na oficina agraria.

2.- Realizar as xestións do PLAN APICOLA 2015. A orde das axudas foi publicada o día 12 de xaneiro de 2015 no DOGA nº 6, pódese descargar dende a web de AGA. Teremos o prazo de 1 mes para solicitalo.

3.- Adquirir equipos e facer pedidos de materiais e tratamentos.

 

PLAN APICOLA 2015

Os apicultores/as poden obter os seguintes beneficios destas axudas:

1.- Ata o 80% dos custes do tratamento contra a varroa

2.- Ata o 50% dos custes de fondos sanitarios e das láminas de cera da cámara de cría, máximo 4 láminas por colmea.

3.- Ata o 50% dos custes do seguro. No ano 2014 non houbo esta subvención por non chegar os fondos, que son en total 400.000 € coma en anos anteriores.

4.- Os apicultores/as con máis de 50 colmeas que fagan transhumancia poden solicitar as axudas da liña C pola súa conta.

Para recibir estas axudas os socios e socias deberán ir á oficina agraria comarcal a actualizar o caderno apícola e enviar a AGA antes do 5 de febreiro as fotocopias das páx. 1, 4, 5 e 9 actualizadas (non é necesario compulsalas), xunto coa solicitude do seguro, material e tratamentos. Tamén se poden entregar o DIA DO APICULTOR en Arzúa. Para acceder ás axudas é obrigatorio ter contratado un seguro de colmeas, a través de AGA ou por conta propia. As persoas que teñan o seu propio seguro terán que enviarnos un certificado e xustificante de pago do mesmo e os que o fagan por AGA téñeno que indicar na solicitude.

 

SOLICITUDE DE SEGURO, MATERIAL APÍCOLA E TRATAMENTOS VARROA – PLAN APÍCOLA 2015

Nome socio/a: ………………………………………………………………………………...............................

Nome titular libro explotación apícola (se é diferente do anterior):
………………………………………………………………………………………………………………………

Nº rexistro apícola: …………………………………….....  Nº colmeas para o seguro: ……………………

Nº láminas de cera: ……………………………  Nº fondos sanitarios:………………………………….

Nº colmeas para tratamento da varroa: ………………..              Asdo.:

Entregar o Día do Apicultor ou enviar antes do 05/02/15 a
AGA – Feira Nova s/n 15819 Santa María (Arzúa)  
                               ................................................................                 

 

DÍA DO APICULTOR 2015

Domingo, 1 de febreiro de 2015 en Arzúa

Pola mañán, no salón de actos da Asociación de Veciños de Santa María:

Ás 11 horas
- Presentación do programa de AGA 2015, por Suso Asorey
- Axudas do PLAN APICOLA 2015, por Gonzalo Calvo
- Apiturismo: Viaxe a Eslovenia,  por Paula Souto
- Campaña de promoción DAS MIÑAS COLMEAS, por Isabel Sanjurjo

Ás 12 horas - Proxección do audiovisual sobre a Vespa Velutina e mesa redonda coa participación de representantes de AGA e abelleiros/as  afectados.

Ás 13 horas - Asemblea xeral de AGA

Pola tarde, na nave de Erica Mel e no Centro do Queixo e do Mel:

Ás 16 horas
- Obradoiro de Xestión do apiario por medio das novas tecnoloxías e sistema antirroubo. Por Mellarius (Portugal) na Biblioteca do Centro do Queixo e do Mel
- Obradoiro de estampación de cera, por Paco Graña. Na nave de Erica Mel
- Obradoiro de encerar cadros de plástico, por Ricardo Mosquera. Na  nave de Erica Mel

Durante todo o día, na nave de Erica Mel haberá feira de materiais apícolas e meles

Ás 18 horas - Clausura

 

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL DE AGA

Día 1 de febreiro de 2015 ás 13 horas no local da Asociación de Veciños de Santa María en Arzúa:

- Lectura e aprobación da acta anterior, se procede
- Relatorio de actividades realizadas e economía do ano 2014
- Proposta de programa de actividades e presuposto para o ano 2015.
- Proposta de suba da cota de AGA de 40 a 50 €/ano, para o 2015
- Rogos e preguntas

 

MÁIS INFORMACIÓN E ATENCIÓN Ó SOCIO/A

De luns a venres, de 10 h. a 14 h. e de 16 h. a 18 h.
Centro do Queixo e do Mel - R/ Basilio Carril s/n Feira Nova 15819 Santa María (Arzúa)
Tel. 981 508 142 / 630 069 637
Email: aga@queixoemel.org
Web: www.apiculturagalega.es

 

 

Descargar