+ 34 981 508 142

Circular Informativa Xaneiro 2018

DÍA DO APICULTOR -  Sábado 17 de febreiro de 2018, en Arzúa

O Día do Apicultor estará adicado á Vespa velutina, a peor ameaza na actualidade para as abellas e a apicultura nunha boa parte do territorio galego. Aínda queda moito por descubrir sobre o tártago asiático e para acadar unha loita eficaz é indispensable que o coñezamos mellor.

Programa

Este ano as palestras serán no local da Pulpeira de Santa María, detrás da nave de Erica Mel

Ás 10 h. apertura da feira

Palestras - Sesión de mañán

- De 10 a 10.15 h. Presentación da xornada e plan de loita contra a Vespa velutina de AGA.

- De 10.15 a 11.15 h. Loita contra a Vespa velutina en Francia. Loïc Leray, vicepresidente da Unión Nacional de Apicultura Francesa UNAF

- De 11.30 a 12.00 h. Percorrido da Plataforma STOP Velutina -Galicia, traballo e expectativas. Laura García Sáez, asesora xurídica de AGA

- De 12.00 a 12.45 h. Plataformas Stop Velutina Asturias e Cantabria. Carlos Valcuende, Federación de Asociaciones de Apicultores de Cantabria (FAAC) e Santiago Menéndez, Federación de Asociaciones de Apicultores del Principado de Asturias (FAPI)

Ás 13 h. Asemblea Xeral de AGA

Xantar abelleiro na Pulpeira de Santa María. A pulpeira abrirá como un día de feira e ofrecerá o seu menú habitual: pulpo á feira, carne ó caldeiro... Non é necesario reservar previamente. Para máis información: Tel. 986 58 77 21

Palestras - Sesión de tarde

- Ás 16.30 h. Escola Galega de Apicultura e programa formación AGA 2018. Paula Souto, técnica de AGA.

- Ás 16.45 h. Plan Apícola 2018. Gonzalo Calvo, veterinario de AGA.

- Ás 17 h. A eficacia da trampa eléctrica contra a Vespa velutina. Sandra Rojas, investigadora da Universidade de Vigo

- Ás 17.30 h. Presentación diferentes modelos trampas e dispositivos alimentación. Por Fernando Cores, Vel-Zapper, Pastores Zagal, Victor Fernández e Ramiro Freire

Durante todo o día:

Feira de material apícola (na nave de Erica Mel). Coa participación de: Erica Mel, Macmel, Lyson, Apícola Carballal, Angel Romero, Anel, Hayedo - Laboratorios Calier, Rucamanqui - Santamix Ibérica e Celso Cadahía.

Exposición de  trampas eléctricas contra a velutina (no Centro do Queixo e do Mel).

Espazo infantil (no Centro do Queixo e do Mel): Actividades para cativos e cativas

Ás 18 h. Peche instalacións

 

Convocatoria de Asemblea Xeral  de AGA

17 de febreiro de 2018 na Pulpeira de Santa María (Arzúa), ás 13 h. en primeira convocatoria e ás 13.30 h. en segunda convocatoria.

Orde do día:

- Lectura e aprobación da acta anterior, se procede
- Relatorio de actividades realizadas e economía do ano 2017
- Presentación de candidaturas e programa de actividades para o 2018
- Elección de nova Xunta Directiva
- Rogos e preguntas

Nota: As candidaturas que se queiran presentar a directiva de AGA deberán adxuntar programa de actividades e presuposto e serán admitidas no domicilio social de AGA (Costa de San Marcos,7 15890 Santiago de Compostela) ata o 7 de febreiro do 2018, conforme ao artigo 23 dos estatutos de AGA (pódense consultar na nosa web).

 

SEGURO APÍCOLA

Xa se pode contratar o seguro de colmeas para este ano 2018. A póliza colectiva de AGA remata o 7 de febreiro, polo que os socios/as que queiran renovalo teñen que comunicalo (non se renova automaticamente, hai que comunicalo aínda que xa se fixera o ano anterior). Enviar a AGA: nome socio/a, titular explotación, REGA, nº de colmeas e forma de pago. O prezo é de 1,28 € / colmea e cobre responsabilidade civil e danos nas colmeas.

 

ACTUALIZACIÓN DO CADERNO APÍCOLA

Lembramos que as persoas titulares de explotacións apícolas teñen a obriga de actualizar o caderno apícola na oficina agraria cada ano desde o 1 de xaneiro ata o 1 de marzo. Este é ademais un requisito indispensable para solicitar a subvención do Plan Apícola.

 

TRAMPAS E ATRAENTES CONTRA A VELUTINA

Na asociación temos á venta trampas e atraentes contra a velutina, que se poden adquirir tamén o Día do Apicultor en Arzúa. Insistimos na importancia de continuar co trampeo preventivo primaveral para a captura de raíñas e evitar así a formación de niños no verán. Temos constancia que este ano haberá entrega de trampas ós apicultores/as a través das oficinas agrarias, pero non temos aínda confirmados os detalles deste reparto. Cando teñamos máis información comunicarémolo.

 

MÁIS INFORMACIÓN

AGA - Asociación Galega de Apicultura

Feira Nova s/n 15819 Santa María (Arzúa)

Tel. 981 508 142 /630 069 637

Email: info@apiculturagalega.es / Web: www.apiculturagalega.es / Facebook

Descargar