+ 34 981 508 142

Circular Programa Formación AGA 2016

 

PROGRAMA DE FORMACIÓN AGA 2016

AGA organiza para esta primavera un programa de formación que inclúe : 14 cursos de iniciación gratuitos para socios/as; 3 cursos de especialización sobre reprodución apícola, cría de raíñas e produción ecolóxica, só para socios/as e de pago ; un curso de iniciación á reprodución do apiario e un curso de cosmética apícola. Na circular enviada ós socios e socias pódese consultar o calendario de cursos e como facer as insricións.

Publicaremos en breve información detallada e os programas de cada curso.

O programa inclúe ademais a celebración das seguintes xornadas, das que se informará en próximos correos apícolas :

- Día da Abella, 20 de maio en Allariz
- 31ª Mostra Galega de Apicultura, 4 de xuño en Arzúa
- Xornadas Internacionais sobre a Vespa velutina, 1 e 2 setembro en Lugo. 

As DAGAS tamén teñen un programa de actividades para esta primavera que inclúe varios cursos, de iniciación e especialización, así como Xornadas Técnicas e outras actividades.

 

STOP VELUTINA PRIMAVERA

Agora é o momento de facer o trampeo para capturar  fundadoras e rebaixar o número niños no verán. Estas trampas débense colocar alí onde haxa flores visitadas pola velutina: hortas, camelias, ameixeiras, etc. Pódense adquirir trampas e atraíntes en AGA ou facelas caseiras. Contactar coa asociación para máis info.

 

ACTIVIDADES DAS DAGAS

DAGA FERROL

SEMANA DAS ABELLAS DE FERROL no Centro Cultural Carvalho Calero. Programa educativo « As abellas na escola », exposición do 29 de marzo ao 1 de abril e Xornadas Técnicas os días 1, 2 e 6 de abril, nas que expertos/as falarán sobre abellas e biodiversidade, a flora apícola e os beneficios do propóleo na saúde humana.

Técnicas de apicultura natural sostible (60 h.), de abril a setembro en Sedes - Narón. Gratuito.
Selección de raíñas e multiplicación do colmear (24 h.) A partir de finais de abril. Prezo : 50 €.
Formación para os grupos de intervención Vespa velutina. (12 h.). Gratuito.
Xornadas técnicas de multiplicación do apiario (8 h). Socios/as de AGA gratuito, resto 30 €.
Obradoiros de reciclado da cera e elaboración de xabóns artesanais con productos da colmea.  (4 h).

Información e inscricións : Tel. 661 378 960 ou email dagaferrol@hotmail.com

DAGA OURENSE

Charla Stop Velutina e asemblea da DAGA na Casa da Cultura de Allariz o día 9 de abril ás 18.30 h.

DAGA EUME

Análises físico-químicas e polínicos do mel. 17 e 30 de abril de 16 a 21 h.  Socios/as da Casa do Mel 40 € e resto 50 €.
Iniciación á apicultura: 20 h teórico – prácticas. A partir de maio.
Colleita, limpeza e envasado de pole: 10 h teórico – prácticas.
Cría de raíñas e extracción de xelea real: 20 h teórico – prácticas. 
Prácticas de trepa para a retirada de niños de velutina.

Os cursos terán lugar na Casa do Mel en Goente (As Pontes) e serán de pago, menos o de iniciación, que para socios/as de AGA Eume e Casa do Mel é gratuito. Información e inscricións : Tel. 661 003 616 ou email casadomel@vodafone.es

DAGA RÍAS BAIXAS

I XORNADAS APICOLAS, 20 e 21 de maio no Auditorio Lois Tobío en Gondomar. Celebración do Día Mundial da Abella o 20 de maio con actividades para escolares e Xornada Apícola o 21 de maio con ponencias impartidas por técnicos/as de AGA e da Universidade de Vigo e apicultores profesionais. Máis información : daga.riasbaixas@gmail.com.

Descargar