+ 34 981 508 142

Circular informativa AGA Agosto 2014

VESPA ASIÁTICA

AGA convoca dúas XUNTANZAS ABELLEIRAS con motivo da preocupación existente entre o colectivo apícola pola presenza nos apiarios da vespa velutina nigrotorax, a avespa asiática.

Esta vespa chegou a Galicia no ano 2012 e a día de hoxe témola en toda a Galicia costeira. Existe temor entre os afectados polo ataque destas vespas ás abellas, por isto AGA fai estas convocatorias para escoitar aos abelleiros/as, informar e elaborar propostas que leven ao control desta praga coa que teremos que convivir.

As medidas postas en práctica non están dando resultados e por isto que AGA quere elaborar unha serie de propostas para levar a Consellería do Medio Rural e do Mar para que se involucre noutro tipo de prácticas máis eficaces.

Durante o VII Congreso Apícola Hispánico, que terá lugar os días 3, 4 e 5 de outubro en Santiago de Compostela, haberá unha sesión especial o domingo 5 ás 11:00 h. adicada a vespa velutina con expertos da Cornisa Cantábrica, Galicia e de Francia, onde xa leva algúns anos presente.

Estas xuntanzas son abertas a tódolos abelleiros/as, dádelle a máxima difusión posible.

Xuntanzas abelleiras:

TOMIÑO, día 22 de agosto ás 19,00 horas. Casa da Cultura, (Avda República Argentina).

VIVEIRO, día 29 de agosto ás 19,00 horas. Teatro Pastor Díaz

 

PLAN APICOLA 2014

Os socios/as participantes no Plan apícola terán un abono: Do 80% nos produtos para o tratamento da varroa e do 40% nas láminas de cera e fondos sanitarios. AGA terá o 70% do salario de dous técnicos.

 

VII CONGRESO APÍCOLA

Os días 3, 4 e 5 de outubro, AGA organiza o máis importante evento apícola dos 35 anos da nosa existencia. Por iso vos convidamos a participar e recomendamos que vos inscribades axiña, xa van máis de 500 persoas inscritas.

 

DIA DA ABELLA

O 14 de setembro organizaremos por segundo ano consecutivo o DIA DA ABELLA en Maceda (Ourense). Haberá un montón de actividades para abelleiros/as e non abelleiros/as, para nenos e maiores. Este ano está adicado á CERA DAS ABELLAS. Publicaremos información completa co programa próximamente.

 

MAIS INFORMACIÓN

www.apiculturagalega.es

E-mail: aga@queixoemel.org

Tel: 981 508 142

Descargar