+ 34 981 508 142

Circular informativa maio 2016

 

31ª MOSTRA GALEGA DE APICULTURA

Sábado, 4 de xuño en Arzúa

A Vespa velutina é o asunto que máis preocupa ó sector apícola galego, especialmente agora que estamos ás portas do verán e xa está a ameaza enriba das nosas colmeas. O día 4 de xuño en Arzúa faremos un percorrido da man de diferentes persoas expertas para ver como é a situación actual desta praga en Galicia.

Pero como non todo son avespas na apicultura galega, a tarde comezará cunha sesión de fotografías sobre a historia de AGA e unha viaxe en imaxes por Eslovenia, da apiruta realizada por socios e socias de AGA o ano pasado. A continuación falaremos das posibilidades que ofrece o apiturismo, como un dos novos produtos apícolas, e presentaremos os produtos do concurso A Pinga, no que poden participar os socios e socias de AGA. Durante todo o día haberá feira de material na que contaremos con Macmel, Apícola Regueira, Angel Romero, Apícola Carballal e Jesús Vizcaya, ademais do material da cooperativa Erica Mel.

PROGRAMA

Pola mañán:
Ás 10 h. Apertura de instalación

De 11 a 13 h. A situación actual da Vespa velutina nigrithorax en Galicia

Ás 11 h.Valoración dos primeiros resultados e próximas actuacións do programa Stop Velutina de AGA e Universidade de Vigo. Por Sandra Rojas, coordinadora do programa Stop Velutina.

Ás 11.30 h. Protocolo de actuación contra a avespa asiática. Por Lolo Andrade, entomólogo e investigador.

Ás 12 h. Presentación das Xornadas Internacionais sobre a Vespa velutina, 1 e 2 de setembro en Lugo. Por Xesús Feás, investigador da USC e coordinador das xornadas.

Ás 12.15 h. Mesa redonda: A loita contra a Vespa velutina en Galicia. Participan: Xesús Asorey, técnico e portavoz de AGA, Gonzalo Calvo, veterinario de AGA, Sandra Rojas, coordinadora do programa Stop Velutina, Xesús Feás, coordinador Xornadas Internacionais e representantes das DAGAS.

Ás 13 h. Asemblea Xeral de Erica Mel.

Pola tarde:

Ás 16 h. Presentación do sistema antirroubo de colmeas "Centinela". Por Biopyc.

Ás 16.15 h. Proxección de fotografías: "Historia de AGA" e "Viaxe a Eslovenia"

Ás 16.30 h. Innovación nos produtos apícolas: O apiturismo

Proxecto de apiturismo de AGA. Por Paula Souto, técnica de AGA.

As posibilidades do apiturismo en Galicia. Por Lisette Zewuster, xornalista e guía de apiturismo.

Erasmus+ no Courel, proxecto de promoción do apiturismo. Por Marcos Ferro, coordinador do proxecto.

Ás 17.30 h. Presentación de produtos e entrega do premio do concurso de produtos "A Pinga"

Durante todo o día: De 10 h. a 18 h. Feira de material apícola na nave de Erica Mel

 

ASEMBLEA XERAL DE ERICA MEL

O 4 de xuño ás 13 h. en primeira convocatoria e ás 13:30 horas en segunda convocatoria no Local da Asociación de Veciños de Santa María.

Orde do día:

  • Lectura da acta aprobada da asamblea xeral ordinaria de 2015.
  • Exame da situación do mercado do mel e aprobación, no seu caso, da xestión.
  • Aprobación se procede, das contas correspondentes o exercicio de 2015
  • Resolver sobre a proposta do Consello Rector en canto á distribución do excedente ou  perdas.
  • Destino, no seu caso, do Fondo de Formación e Promoción Cooperativo.
  • Aportación obrigatoria e cuota de ingreso para os/as novos/as socios e socias.
  • Designación de tres socios/as para subscribir e aprobar a acta da presente Asamblea Xeral.
  • Rogos e preguntas.

 

CONCURSO DE PRODUTOS APÍCOLAS "A PINGA"

O concurso de produtos A Pinga é un concurso de productos apícolas organizado por AGA dentro da campaña de promoción "A Pinga de Mel". Plantéxase como un exercicio de imaxinación e creatividade sobre os usos e presentación dos moitos e variados produtos apícolas, valorando a orixinalidade, a imaxe e a diferenciación.

En Galicia temos produtos apícolas de moita calidade pero a maior parte da oferta básase no produto máis tradicional: o mel multifloral. A apicultura ofrece unha amplia gama de produtos: mel, cera, pole, xelea real, própole e apitoxina, ademais doutros derivados que tamén xiran sobre a temática das abellas e a  apicultura, como son a artesanía, o apiturismo ou a apiterapia. Con este concurso queremos valorar e promocionar os produtos innovadores e orixinais que xa elaboran os nosos socios e socias e animar á creación de novos produtos, que destaquen polas súas propiedades terapéuticas ou nunha imaxe orixinal e creativa.

Os obxectivos son fomentar a innovación e a cultura apícola, amosando os usos e beneficios que proporcionan os variados produtos apícolas, estimular o interese pola innovación apícola, a diversificación e calidade da imaxe dos produtos e dar a coñecer á comunidade apícola os valores da innovación.

Prazo de presentación: Data límite 31 de maio.

Participación: Poden participar socios e socias de AGA.

Presentación de produtos: Contactar con AGA e cubrir unha ficha de inscrición, a ser posible acompañada dunha imaxe, e entregar unha mostra física do produto na Mostra Galega de Apicultura o día 4 de xuño en Arzúa, día no que se expoñerán os produtos e os participantes do concurso farán unha presentación dos mesmos.

Xurado: O xurado será nomeado pola Asociación Galega de Apicultura, que valorará os produtos presentados e emitirá o seu fallo o mesmo día do concurso.

Premio: O premio para o produto "A Pinga" será unha colmea sintética Anel, que será entregada o mesmo día 4 de xuño en Arzúa.

 

PLAN APÍCOLA 2016

Veu concedida a subvención do Plan Apícola 2016, para o tratamento da varroa subvencionaron o 80%, para material (cera, fondos e alimento) concedéronos só un 2% e para o seguro apícola non quedou nada. Informaremos nunha próxima circular cales foron os motivos desta concesión. Debido á baixa porcentaxe concedida, a partir de agora xa non se poderá recoller máis material para a subvención.

Para facer o pago dos tratamentos da varroa, este ano os socios e socias só terán que abonar o 20% do seu coste. A subvención é só para as colmeas que figuran no censo apícola do 2015 e que entraron no Plan Apícola. Para as colmeas que se engadiron durante o 2016 ou para quen non solicitou a subvención, hai que pagar o 100%.

O cálculo do importe faise por nº de colmeas. Por ex.: Unha persoa con 3 colmeas abonará o 20% do coste do tratamento para 3 colmeas, pero terá que mercar 1 envase para 5 colmeas, polo que para as 2 colmeas restantes pagará o 100%.

Este ano cobraremos por domiciliación o tratamento xunto coa cuota anual. Os que non teñan a cuota domiciliada, poden dar un nº de conta para que lle cobremos nós, facer o pago por transferencia ou en efectivo na sede de AGA.

 

TRATAMENTO VARROA 2016

A continuación os tratamentos para a varroa que ofrecemos para o 2016. Lembramos que o APIVAR é agora mesmo un dos produtos menos agresivos. O CHECKMITE é dos que deixan máis residuos e xa ten habido problemas para a comercialización de meles nos que apareceron residuos deste produto.

Data límite para facer o pedido: 10 de xuño

Data límite para recoller e facer a receita dos tratamentos subvencionados polo Plan Apícola:  1 de agosto

Os participantes do Plan Apícola teñen que ter  receita feita antes do 1 de agosto para entrar na subvención.

Produtos:

PRODUTO

PRINCIPIO ACTIVO

Nº COLMEAS / ENVASE

PREZO  / ENVASE

PREZO / COLMEA

 PREZO PLAN APÍCOLA / COLMEA (20%)

APIVAR

Amitraz

5

16,00 €

3,20 €

0,64 €

APISTAN

Fluvalinato

5

18,00 €

3,60 €

0,72 €

CHECKMITE

Coumaphos

5

21,40 €

4,28 €

0,86 €

THYMOVAR(ECOLÓXICO)

Timol

5

17,85 €

3,57 €

0,71 €

MAQS (ECOLÓXICO)

Ácido Fórmico

10

61,00 €

6,10 €

1,22 €

 


Pedidos: Enviar a AGA a ficha que se adxunta na páxina seguinte.

Forma de pago:

Domiciliación bancaria xunto coa cuota anual (os socios/as que non teñan a cuota domiciliada poden indicarnos na ficha un nº de conta para cobrarlle), transferencia ó nº de conta de AGA ou en efectivo nas sedes de AGA.

Recollida do produto: O veterinario de AGA irá polas seguintes localidades a entregar o produto. É preciso indicar o lugar de recollida na ficha de pedido e levar o caderno apícola para poder facer a receita.

A CORUÑA. Bar Lorenzo. 1 de Xullo de 17 a 20 h.

NOIA. Edif. Admin. Espíritu Santo. 2 e 3 de xullo de 19 a 21 h.

NARON. Asociación Veciños de Sedes.  9 de xullo, de 11 a 13 h..

AS PONTES. Casa do Mel, Goente. 9 de Xullo de 17 a 19 h.

CARBALLO. Pazo da Cultura. 10 de xullo de 11 a 13 h.

AMOEIRO. F.Otero Pedrayo - Trasalba.16 de xullo de 10 a 14 h.

PONTEVEDRA.Apípolis.San Andrés de Xeve.16 de xullo de 17 a 19 h.

GONDOMAR. Centro Neural. 17 de xullo de  11 a 13 h.

MOAÑA. Casa da Mocidade, O Rosal. 17 de Xullo de 17 a 19 h.

LALIN. Auditorio - Conservatorio. 22 de Xullo de 17 a 19 h.
 

QUIROGA.  Casa da Cultura. 23 de Xullo de 11 h. a 13 h.

VIANA DO BOLO. Pazo do Mel. 23 de Xullo de 17 a 19 h.

VERIN. Centro de Desenvolvemento Cooperativo.
24 de xullo de 11 a 14 h.

ALLARIZ. Museo do Xoguete. 24 de xullo de 17 a 19 h.

ARZUA. Centro do Queixo e do Mel.

29 de Xullo de 10 a 14 h. e de 16 e 18 h.

ORTIGUEIRA.Centro Social San Adrián.30 de xullo de 17 a 19 h.

MONDOÑEDO. Centro Comarcal A Mariña Central

(Antigo cuartel). 31 de xullo de 11 a 13 h.

O CORGO. Local Veciños Pedrafita. 31 de xullo de 17 h. a 19 h.

 

 

Descargar a ficha para facer o pedido

 

MÁIS INFORMACIÓN

AGA – Asociación Galega de Apicultura

Web: www.apiculturagalega.es
Email: info@apiculturagalega.es
Tel. 981 508 142 e 981 589 534

Descargar