+ 34 981 508 142

Circular informativa maio 2018

33ª MOSTRA GALEGA DE APICULTURA

Arzúa, 2 de xuño 2018

PROGRAMA:

As palestras serán na Pulpeira de Santa María (detrás da nave de Erica Mel)

APICULTURA COMERCIAL

De 10 a 10.30 h. Os produtos da colmea e a súa comercialización. Por Laura García, técnica de AGA.

De 10.30 a 11.15 h. Meles monoflorais de Tenerife e presentación do  Congreso Nacional Apícola de Tenerife. Por Antonio Bentabol, director da Casa de la Miel de Tenerife

De 11.15 a 11.45 h. Produción e comercialización de pole. Por Macmel (Portugal)

De 11.45 a 12.15 h. Debate e preguntas.

PROHIBICIÓN DOS PESTICIDAS

Acto para celebrar a recente prohibición na Unión Europea dos tres principais pesticidas perigosos para as abellas.

ÁS 13 H. ASEMBLEA XERAL DE ERICA MEL S.C.G.

ÁS 14 H. XANTAR NA PULPEIRA DE SANTA MARÍA

A pulpeira abrirá como un día de feira e ofrecerá o seu menú habitual: pulpo á feira, carne ó caldeiro, etc. Non é necesario reservar previamente. Para máis información: Tel. 986 58 77 21

SANIDADE APÍCOLA

De 16 h. a 17 h. Tratamentos contra a varroa. Por Gonzalo Calvo e Joaquín Lozano, veterinarios de AGA

De 17 h. a 18 h. Presentación de novidades na loita contra a Vespa velutina.

RECOLLIDA TRATAMENTOS VARROA

No Centro do Queixo e do Mel, de 10 a 14 h.

Recollida dos tratamentos contra a varroa solicitados polos socios e socias. Para recollelo este día é necesario indicalo na ficha de pedido.

DURANTE TODO O DÍA

Na nave de Erica Mel: Feira de material apícola

No Centro do Queixo e do Mel: Exposición "Loita Velutina" (trampas eléctricas e outros sistemas), exposición fotográfica "Apicultura no Courel" e actividades para nenos e nenas.

 

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ERICA MEL S.C.G.

2 de xuño de 2018 na Pulpeira de Santa María de Arzúa. Ás 13 h. en 1ª convocatoria e as 13.30 h. en 2ª convocatoria.

Orde do día:

1. Lectura da acta aprobada da asamblea xeral ordinaria de 2017.

2. Exame da situación do mercado do mel e aprobación, no seu caso, da xestión.

3. Aprobación se procede, das contas correspondentes o exercicio de 2017

4. Resolver sobre a proposta do Consello Rector en canto á distribución do excedente ou  perdas.

5. Destino, no seu caso, do Fondo de Formación e Promoción Cooperativo.

6. Aportación obrigatoria e cuota de ingreso para os/as novos/as socios e socias.

7. Designación de tres socios/as para subscribir e aprobar a acta da presente Asamblea Xeral.

8. Rogos e preguntas.

 

DÍA MUNDIAL DA ABELLA - 20 de maio

Este ano será a primeira celebración oficial do 20 de maio como o Día Mundial da Abella. As Nacións Unidas así o declararon na súa última Asemblea Xeral celebrada en decembro do 2017 en Nova York. AGA festexará este día con varias celebracións simultáneas en diferentes lugares de Galicia. A continuación un resumo dos lugares e actividades a realizar, o programa completo pódese consultar na web www.apiculturagalega.es.

ALLARIZ

Festival Internacional de Xardíns de Allariz. De 11 h. a 14 h.

Obradoiros, degustacións e información sobre os produtos apícolas e a loita contra a Vespa velutina, por parte do alumnado do Curso Superior de Apicultura Comercial, que atenderán a todos os abelleiros e abelleiras que se acheguen ese día. Para poder ter acceso de balde, é preciso inscribirse antes do 16 de maio por email a info@apiculturagalega.es ou teléfono 981 508 142.

BAIONA. DAGA RÍAS BAIXAS

20 de maio II Feira Apícola Val Miño,  Paseo Ribeira (Entrada do Parador)

19 de maio III Xornadas Apícolas, a partir das 16 h. en Capitanía Marítima. Falarán Gonzalo Calvo sobre a mortandade das colmeas, Ruth Vilar sobre ¿Quen alimenta realmente o mundo? e Ignacio Fernández sobre os produtos das colmeas.

A CORUÑA. DAGA CORUÑA

Xardín Botánico de Culleredo

Actividades e obradoiros para todos os públicos sobre as abellas e a Vespa velutina.

 

OUTRAS XORNADAS

Manexo das colmeas ante a Vespa velutina

Ortigueira, 10 de xuño. Colmear didáctico e Centro Social de San Adrian
Imparten: Técnicos de AGA

Prezo: De balde, pero é preciso inscribirse con antelación

Xornada de convivio: Apicultura e oso no Courel

Seoane do Courel. Sábado, principios  de xullo (pendente confirmar data)

Prezo: De balde, pero é preciso inscribirse con antelación

Charlas, exposicións e coloquios sobre a apicultura e a convivencia co oso no Courel. Daremos información sobre o pastores eléctricos para protexer os colmeares ante o ataque do oso, como solicitar as axudas de danos, os permisos necesarios e posibles axudas para restaurar albarizas. Haberá un xantar de convivio e obradoiros para nenos e nenas.

 

VIAXE APÍCOLA: IX CONGRESO NACIONAL APÍCOLA EN TENERIFE

AGA organiza unha viaxe a Tenerife do 24 ó 28 de outubro con motivo do IX Congreso Nacional de Apicultura, que incluirá tamén visitas técnicas e turísticas. No primeiro prazo para inscribirse o prezo por persoa en habitación doble era de 400 € (voo Santiago-Tenerife e aloxamento con almorzo). Agora ampliamos o prazo ata o 4 de xuño, pero o prezo final confirmarase en función do número de persoas inscritas e a data na que se confirme a reserva. O programa completo da viaxe enviarémolo ás persoas inscritas.

 

PROGRAMA DE FORMACIÓN DE AGA

Nos meses de maio e xuño temos varios cursos nos que quedan todavía prazas: cría de raíñas en Apilarouco (Cualedro) e Abella Meiga (Outeiro de Rei),  apicultura de lecer na Casa das Abellas (Abegondo), xornada sobre reprodución do apiario na DAGA Bergantiños, sobre propóleos na DAGA Morrazo, etc. Consultar o programa na web ou na sede de AGA.

 

TRATAMENTO VARROA 2018

Pedidos: Os socios/as que non fixeron o pedido polo Plan Apícola poden facelo agora, enviando a AGA por email ou por carta a ficha de pedido e o xustificante de pagamento antes do 26 de maio.

Recollida: Indicar o lugar de recollida na ficha. Pódese recoller o día 2 de xuño na Mostra Galega de Apicultura en Arzúa. Os pedidos de máis de 100 colmeas serán enviados ó domicilio.

Pago: Por transferencia ó nº de conta de AGA, indicando no concepto o nome do socio/a e "Tratamentos varroa 2018"

Atención: Os socios/as que presentaron o Plan Apícola 2018 non teñen que enviar de novo a ficha de pedido, só no caso de que necesiten máis tratamento do solicitado para a subvención.

 

LUGARES E CALENDARIO DE ENTREGA

ARZUA. Centro Queixo e Mel. Sabado 2 de xuño,na Mostra Galega de Apicultura, de 10 a 14 h.

QUIROGA. Casa da Cultura. Sabado 9 xuño, de 11 a 13 h.

VIANA DO BOLO. Pazo do Mel. Sabado 9 xuño, de 17 a 19 h.

ORTIGUEIRA. Centro Social de San Adrián. Domingo 10 de xuño, de 17 a 19 h

LALÍN. Auditorio- Conservatorio. Venres 15 xuño, de 17 a 19h

PONTEVEDRA. Apípolis - San Andrés de Xeve. Sabado 16 de xuño, de 17 a 19 h.

GONDOMAR. Centro Neural. Domingo 17 de xuño, de 11 a 13 h.

MOAÑA. Casa Mocidade,O Rosal. Domingo 17 xuño,de 19 a 21 h

ALLARIZ. Fundación Ramón González Ferreiro. Sabado 23 xuño, de 11 a 13 h.

CUALEDRO. Centro de Interpretación dos Castros. Sábado 23 de xuño, de 17 a 19 h. 

MONDOÑEDO. Centro Comarcal A Mariña Central (Antigo cuartel). Domingo 24 xuño, de 11 a 13 h.

O CORGO. Local Veciños Pedrafita.Domingo24 xuño,de 17 a 19 h.

CARBALLO. Pazo da Cultura. Sábado 30 xuño, de 11 a 13 h.

BOIRO. Centro Cultural A Cachada. Sábado 30 xuño, de 17 a 19 h.

A CORUÑA. Bar Lorenzo. Venres 6 de xullo, de 17 a 20 h.

NARON. Asoc. Veciños Sedes. Sábado 7 de xullo,de 11 a 13 h.

 

PREZOS TRATAMENTOS VARROA

PRODUTO

PRINCIPIO ACTIVO

NºCOLMEAS ENVASE

PREZO ENVASE

APIVAR

AMITRAZ (tira de 20,5 cm)

5

15,30 €

APITRAZ

AMITRAZ (tira de 25 cm)

5

14,55 €

THYMOVAR (ECOLOXICO)

TIMOL

5

17,85 €

ECOXAL (ECOLÓXICO)

ACIDO OXÁLICO

25

48,40 €

 

DESCARGAR CIRCULAR E FICHA PEDIDO TRATAMENTOS VARROA 2018 NO SEGUINTE ENLACE

Descargar