+ 34 981 508 142

Circular informativa xullo 2016

ESTIMADOS SOCIOS E SOCIAS DE AGA

AGA INFORMA

1.-AGA está distribuíndo o tratamento contra a varroa. Os que están no plan apícola 2016,  só abonan o 20% do custe do tratamento, os que teñen a conta domiciliada estámoslle cobrando por conta,  a cota, o seguro e o 20% do tratamento. En canto a cera que compraron polo plan apícola, ainda que non se recibeu subvención imos  tratar de  facer que ningún participante no Plan apícola pague máis de 10 € por quilo de cera, será AGA quen devolverá estes cartos no outono.

2.-Por motivo das vacacións do persoal, do 1 ao 15 de agosto só estará operativo o tel. 981 508 142 de Arzúa. Paula está de baixa temporal debido a súa maternidade, Jose é a persoa que a sustitúe e a que poderán dirixirse.

3.-Os días 3,4,5, de Novembro terá lugar o Congreso de Apicultura en Granada , por este motivo AGA organiza unha viaxe apícola a Granada, esta viaxe terá por obxecto  asistir a este congreso, polo que se permanecerá os 3 días en Granada, os que queiran asistir deberan comunicalo a AGA  antes do 10 de setembro, se hai poucos inscritos iremos en avión e se hai máis de 30 poderíase ir en autobús. Os interesados contactar con AGA.

4.-Os interesados en asistir as xornadas internacionais sobre a VESPA VELUTINA que se celebrarán en Lugo, os días 1 e 2 de setembro, poden inscribirse chamando a AGA, antes do 15 de agosto de 2016.

5.-Pronto vai escomenzar a esmelga, hai que ter moito coidado co afumador  por mor dos incendios, xa que por lei o apicultor está obrigado a utilizar un afumador antichispas, polo que solicitamos a Consellería que homologue este tipo de afumador, pero ainda non recibimos resposta,  é moi importante ter en conta este feito, se tedes dúbidas chamade a AGA para vos asesorar.

ERICA INFORMA:

1.-Por motivo de reformas nas instalacións e vacacións de personal, a cooperativa Erica mel permanecerá sen actividade do 1 ao 15  de agosto, polo tanto se queren realizar pedidos de mel, etiquetas etc. non agardar a última hora,  facer as xestións canto antes.

2.- Según acordos da asamblea xeral de Erica Mel, o prezo do mel desta nova colleita 2016 será de 4 €/quilo o mel multifloral e o monofloral será a 4,25 €.

3.-Tamén se acordou que para a entrega do mel en Erica deste ano, teráse en conta o mel entregado polos socios nos tres últimos anos, un socio antiguo non poderá  entregar unha grande cantidade de mel cando en anos anteriores non entregou ou entregou baixas cantidades.

4.- A admisión de novos socios na cooperativa esixe: Que o socio ou socia estea de alta en Mel de Galicia, deberá pagar unha cuota ao capital social de 520 € con 20 colmeas asociadas e se asocia máis terá que pagar 3 € por colmea dahí para arriba (este capital social poderá ser pagado en mel).

 

ASOCIACION GALEGA DE APICULTURA

www.apiculturagalega.es. E-mail: info@apiculturagalega.es. Tel: 981 508 142. Tel: 630069635

Descargar