+ 34 981 508 142

Circular informativa xuño 2017

TRATAMENTOS VARROA

Nesta circular informamos sobre os tratamentos da varroa que ofrece AGA para este ano. Lembramos que se un produto funcionou ben convén utilizalo varios anos e gardar as outras alternativas de rotación para cando comece a ter resistencias. Recomendamos o amitraz como principio activo, xa que en Galicia está funcionando ben e deixa poucos residuos, tendo en conta que sempre pode haber variacións en función das resistencias. Os produtos que menos recomendamos son o Apistan, porque xa se leva utilizando moitos anos, e o Checkmite, pois están alertando tanto dende a empresa fabricante Bayer, como dende o Ministerio de Agricultura e a Consellería de Medio Rural, sobre a falta de eficacia do produto e a creación de resistencias da varroa a esta molécula.

Para facer o pedido dos tratamentos os socios e socias deben enviarnos a ficha que se adxunta nesta circular antes do 15 de xuño. Os que xa fixeron o pedido do tratamento para o Plan Apícola non teñen que enviar a ficha pero sí comunicar a AGA o lugar do recollida por teléfono ou e-mail e no caso de que necesiten tratamento para máis colmeas das que indicaron para a subvención sí que deben enviarnos a ficha cuberta para ese tratamento a maiores.

Os apicultores/as que pidan tratamento para máis de 100 colmeas recibirán o produto no seu domicilio xunto coa receita e deberán cubrir a folla correspondente ós tratamentos cos datos que figuran na receita, non é necesario que o faga o veterinario.

STOP VESPA VELUTINA

No mes de maio presentouse a Plataforma Stop Vespa velutina, que ten como fin de presionar á administración na asunción de competencias sobre esta problemática medioambiental que afecta a toda a sociedade. AGA e outras 30 organizacións de diferentes sectores que integran esta plataforma entregaron recentemente na Consellería de Medio Ambiente e no Ministerio de Agricultura un documento de mínimos no que se detallan as reivindacións (pódese consultar na web de AGA).

Lembramos que no mes de febreiro a Consellería de Medio Rural entregou a AGA unha partida de trampas e atraentes para a Vespa velutina que, tal como informamos anteriormente, podían recoller os socios e socias na sede de AGA ou a través das DAGAs. Queda todavía unha parte das trampas por recoller, así que pregamos ós socios e socias que pertenzan a concellos afectadas pola velutina que se poñan en contacto con AGA para recoller este material.

Descargar