+ 34 981 508 142

Correo Apícola Inverno 2012

 

CORREO APÍCOLA INVERNO 2012

A VESPA VELUTINA,O NOVO INIMIGO DAS ABELLAS, XA CHEGOUA GALICIA

Foi detectada en Galicia a Vespa Velutina ou avespón asiático, que xa levaba 6 anos en Francia donde se amosou moi agresiva coas abellas ata o punto de matar colmeas enteiras.

Esta nova avespa, procedente deAsia, ten unha grande preferencia polas abellas como alimento para as súas crías. Constrúe uns grandes niños de papel de ata 1 metro de diámetro, nas ramas ou ocos de árbores e noutros lugares pechados. No inverno, só pervive a raiña e na primavera escomenza o desenvolvemento da colonia que acada o número máximo de individuos no outono con 1.200 a 1.800 individuos; nese intre é cando máis perigosa resulta para as colmeas.

Non vai ser posible exterminala, as nosas abellas terán que aprender a combatilas como xa acontece nas abellas asiáticas e namentres os abelleiros terán que usar trampas caza-avespas para diminuir as baixas por este inimigo. AGA informará ampliamente sobre este asunto nas actividades que ten programadas para este outono-inverno en toda Galicia e tamén o fará o ano que ven. Entre outras cousas os abelleiros e abelleiras de Galicia deberán aprender a distinguilas da Vespa Crabro,menos perigosa, que se parece a esta pero que se diferencia claramente, polas súas cores.

Para máis información: www.apiculturagalega.es

 

Nova DAGA en Trasalba, Fundación Otero Pedrayo. Amoeiro, Ourense

O domingo 18 de novembro, ás 11,30 da mañá, en Trasalba, na Fundación Otero Pedrayo teremos:

. Charla informativa sobre a Vespa Velutina, forma de distinguila e combatila.

Podedes traer exemplares de vespas que consideredes sospeitosas de pertencer a esta especie.

. A continuación, constitución da Delegación de AGA en Ourense, elección de cargos e elaboración dun programa de actividades a desenvolver no ano 2013.

Prégase a presenza de todos os socios e socias de AGA da provincia de Ourense. Remataremos antes do xantar.

 

LUCUS MEL 2012 Mercado de Nadal dos Produtos das Abellas

Domingo 16 de decembro, en Lugo

Lugar: Baixos da Praza de Abastos de Lugo

Participantes: Poden participar os socios e socias de AGA, que terán que cumprir unhas bases que podedes consultar neste enlace ou solicitalas a AGA por tel 981 508 142 ou e-mail: aga@queixoemel.org.

Prazo de inscricións: Ata o 30 de novembro.

Esta Feira está organizada polo grupo API-E, Api-Emprededores de AGA, e haberá:

. Feira do mel e outros produtos das abellas polos produtores admitidos

. Obradoiros de meleiras de cerámica, de candeas de cera, catadegustación de produtos das abellas; mel con queixo, con froitos secos…

. Elaboración e venda de cestos de produtos apícolas persoalizados, para agasallos de Nadal

. Sorteos de 4 cestos de produtos abelleiros

. Consultorio melífero

. Taller de identificación sobre a Vespa Velutina, recén chegada de Asia, quere comer as nosas abellas

. Tamén haberá música tradicional

Ollo coa data, houbo cambio!

 

A CERA, ANO 2013

Cara o vindeiro ano 2013, a firma apícola "GlezCarballal" de Ourense, informa que estará presente o Día do Apicultor en Arzúa e recollerá a cera dos abelleiros cos seguintes prezos:

. Cera cocida e limpa a 4 Euros/quilo

. Cera cocida de opérculos a 4,50 Euros/quilo

. Cerón vello sen cocer, según as condicións, entre 1 e 1,50 Euros/quilo.

 

SEGURO DAS COLMEAS 2013

Durante todo o mes de xaneiro do ano 2013, os soci@s poderán renovar ou inscribirse por primeira vez nas 2 pólizas de seguro que ten AGA (RC ou Multirrisco). Por tel ou e-mail dando os datos: nome do propietario, nº de CEA, enderezo e número de colmeas.

Tamén vos informamos que para participar nas axudas do Plan Apícola é necesario ter un seguro para as colmeas, é suficiente co de responsabilidade civil (RC).

Os que participaron no 2012 no Plan Apícola, tiveron unha subvención do 50% do custe do seguro. Polo tanto tal como informamos, no seu momento, cando fagades o seguro do ano 2013 farémosvos as contas descontando o 50% do importe aportado no 2012.

 

ACTIVIDADES APÍCOLAS NOVEMBRO

Feira do Mel de Ortigueira. 18 de novembro de 2012.
Mais información neste enlace

Curso de elaboración de xabóns e xeles ecolóxicos.
24 de novembro e 02 de decembro de 2012, Sedes, Narón
Mais información neste enlace.

 

MÁIS INFORMACIÓN

Centro do Queixo e do Mel, Arzúa. 
Horario: de 10 a 14 horas e de 16 a 18 horas, a diario 
Tels.: 981 508 142 e 630 069 637
e-mail: aga@queixoemel.org
Consultar semanalmente a nova web de AGA: www.apiculturagalega.es

Descargar