+ 34 981 508 142

Correo Apícola Maio 2013

XXVIII MOSTRA GALEGA DE APICULTURA

1 de xuño en Arzúa, no Centro do Queixo e do Mel

Organiza: AGA Asociación Galega de Apicultura

Convite

Vinde tod@s o día 1 de xuño a Arzúa, traede o voso equipo de apicultores e apicultoras porque imos ver como se producen raiñas e se obtén xalea real coas colmeas en vivo. Despois faremos unha grande foto da familia abelleira, que non falte ninguén.

Tamén imos celebrar a prohibición pola UE dos pesticidas neonicotinoides, que fixeron desaparecer en Galicia 540.000 enxames e causaron unhas perdas de 51.300.000 de euros ao sector apícola galego, ao que hai que sumar unhas perdas sociais debido ao efecto polinizador das abellas de algo máis de mil millóns de euros, nos derradeiros 18 anos. Ainda que se trata dunha prohibición parcial e temporal temos que celebralo como unha vitoria colectiva na que AGA tivo un destacado papel.

Programa:

Apertura da Mostra ás 10 da mañá.

Ás 11 horas. Sesión pública e en directo: cría de raiñas e obtención de xalea real, por Gilles e Yveline Pradier (apicultores profesionais franceses)

Ao final das demostracións, gran foto da familia abelleira traxeados (traede as vosas cámaras tamén para facer fotos, logo faremos un concurso)

Ás 13 horas. Asemblea xeral da cooperativa Erica Mel, nas instalacións do Centro do Queixo e do Mel.

Ás 14 horas. Xantar campestre e colectivo: empanada, costela de porco, queixo e bebidas.Total 10 euros. É obrigatorio apuntarse antes do día 28 de maio chamando ao teléfono: 981 508 142 ou enviando un e-mail: aga@queixoemel.org

Tamén teremos a venda unha nova xeira de libros "Tratado de apicultura" xa imos camiño dos 200 exemplares vendidos.

Pola tarde xuntanza do grupo APIE co matrimonio Pradier

Durante todo o día haberá Feira de material e utensilios apícolas e estará presente a empresa Macmel de Portugal. Tamén haberá innovacións e servizo de reciclado de cera

Ás 7 da tarde: peche das instalacións

 

CONTROL DA VARROA.

Produtos que temos a venda da varroa e que poderedes mercar o día Mostra.: Apistan, Beevital e timol. Se alguén quere outros produtos que contacte connosco. O día da Mostra tamén aproveitade para traer o caderno apícola para o tema das receitas deste ano.

 

PLAN APÍCOLA 2013

Está publicado no DOG do 10 de maio de 2013. Debido ao axustado do montante económico, non podemos continuar coa subvención aos materiais, a partires de agora os materiais serán a prezo de custe. Sen embargo gardade o albarán de compra xa que se se amplía o capital tal como insinnuan no DOGA procederíamos a devolver a parte correspondente.

Tal como se están pondo as cousas imos ter que ir pensando en seguir coa actividade en ausencia de subvencións. Por iso unha vez máis vos pedimos ir actualizando os prezos a alza, xa que nestes intres está máis alto o prezo do mel foráneo que o de aquí de Galicia.

 

PROXIMAS ACTIVIDADES DE AGA

Curso de iniciación a apicultura en Lugo.

Local: Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay

Días: 8, 9, 15 e 16 de xuño

Monitores: Marcos Varela e Gonzalo Calvo

Horario: De 10 a 13 e de 15 a 18 horas.

Apuntarse antes do día 5 de xuño

Día de campo en Covelo, Pontevedra.

Día 23 de xuño. Produción ecolóxica. Visita a cerería de Paraños, melería e apiario.

Monitores: SAT Abella Lupa

Apuntarse antes do día 15 de xuño. Ás pesoas inscritas enviaráselle o programa.

Día de campo en Viana do Bolo, Ourense

Día 30 de xuño. Selección e reproducción das abellas.

Monitor: Benigno Basteiro

Apuntarse antes do 20 de xuño. Ás pesoas inscritas enviaráselle o programa.

Día da abella e feira do mel en Culleredo

Data: 21 de xullo. Gran festa da abella e exaltación do mel.

Horario: De 10 da mañá a 8 da tarde.

Lugar: Xardín Botánico de Culleredo.

+ información: www.apiculturagalega.es

 

ATENCIÓN AOS SOCIOS

No Centro do Queixo e do Mel, Arzúa

Horario: De 10 a 14 horas e de 16 a 18 horas, de luns a venres.

Tel.: 981 508 142 e 630 069 637

E-mail: aga@queixoemel.org agapicultura@gmail.com

Web: www.apiculturagalega.es

 

Descargar