+ 34 981 508 142

Correo Apícola Maio 2014

29ª Mostra Galega de Apicultura. Arzúa

Organiza AGA

Data: 7 de xuño de 2014

Presentación

A 29ª Mostra vai ser unha das moitas actividades que AGA ten programadas para o ano 2014, pretendemos presentar novidades e insistir no control da varroa, vespa velutina etc.

Tamén imos aproveitar para dar a coñecer a novidosa tenda de apicultura que se está iniciando por parte da cooperativa Erica Mel.

As nosas abellas están padecendo moitos contratempos por mor dos pesticidas, cambio climático, chegada de novos parásitos...., pero ao mesmo tempo está de moda cultivar abellas, hai un forte incorporación de xente nova a esta actividade e tamén hai unha grande demanda dos extraordinarios produtos abelleiros por parte dos consumidores.

Tamén escomenza a conta atrás para a organización e participación no VII Congreso apícola hispánico que vai organizar AGA, os días 3,4,5 de outubro en Santiago de Compostela.

Durante a Mostra imos tratar estes e outros temas que nos afectan, vinde a compartir experiencias e a ser actores do grande  cambio que se está a dar no sector apícola galego.

Programa:

Lugar: Nave de Erica Mel

As 10 horas: Obtención de mel en panal e estampado de cera a pequena escala. Pola empresa Irurtzun.
 

Lugar: Salón de actos da asociación de veciños

As 10,30 horas: Mellora e reproducción do apiario. Por Marcos e Jara Varela.

As 11 horas: Vespa Velutina. Por Gonzalo Calvo.

As 11,30 horas: Control de Varroa. Por Antonio Gomez Pajuelo

As 12,30 horas: Presentación do VII Congreso Apícola Hispánico. Por  Suso Asorey.

Presentación da revista "Apicultura Ibérica". Por  Silvia Cañas

As 13 horas: Asemblea de Erica mel.
 

Lugar: Aula Multiusos do centro do queixo e do mel

As 16 horas: Sesión de elaboración do programa do VII Congreso apícola hispánico.


Durante todo o día:  Feira de material apícola, produtos e reciclado de cera

 

Plan apícola 2014

Publicado no DOGA do día 14 de maio de 2014

Os que entregaron as fotocopias do caderno de explotación apícola en AGA poderán obter ata un 90% do prezo dos tratamentos contra a varroa, haberá que pagalos ao prezo de custe e logo devolveráse a parte que se obteña  de subvención. Enviarase un correo despois do 7 de xuño no que se informará sobre como encargar os tratamentos, co calendario do veterinario para facer as recetas e a entrega do produto. O día 7 de xuño en Arzúa, Antonio Gomez pajuelo falará dos produtos máis recomendados para este tratamento, non perdades a oportunidade de vir

As ceras e fondos sanitarios tamén poderán ser subvencionadas ata un 50 %, tamén se pagarán ao prezo de custe e logo devolverase a parte correspondente, para isto gardar os albaráns de Erica mel onde figuren estas compras para logo tramitar as devolucións

O mesmo ocorre cos seguros, que se poderá devolver ata o 50% en función do diñeiro concedido.

 

Cursos de apicultura

Ainda quedan cursos de iniciación aos que se poden apuntar:

Lalín (Pontevedra). 30, 31 de maio e 1 de xuño

Mondariz (Pontevedra). 13, 14 e 15 de xuño.

Verín (Ourense) 17, 18 e 19 de xuño.

A Bola (Ourense) 17,18 e 19 de xuño.

Maceda (Ourense) 20, 21 e 22 de xuño

Caldas de Reis (Pontevedra) 27, 28 e 29 de xuño

 

VII Congreso Apícola Hispánico

Será presentado en Arzúa o día 7 de xuño, para os socios de AGA o custe é de 30 €. Pódese facer a inscrición na web do congreso www.apiculturagalega.es/congreso, por teléfono no 981 508 142 ou o día 7 en Arzúa. Os que teñan a cuota domiciliada podémosllo cobrar  por domiciliación se se anotan antes do 30 de xuño.

Pódese facer o seguimento das actividades do congreso en www.apiculturagalega.es/congreso

 

Entrega de mel en Erica

Solicitámoslle ós socios e socias da cooperativa que adianten a entrega de mel este ano, xa que estamos rematando as existencias da colleita pasada. Así como animamos ás persoas que se están incorporando á apicultura a informarse sobre como asociarse á cooperativa.

 

Número de conta bancario

Ao número de conta bancaria que tiñamos, agora hai que engadir o código IBAN que empeza por ES…. tanto para cobros de domiciliacións coma para pagos de mel etc. Necesitamos este número IBAN, os que ainda non o entregastes podédelo facer en Arzúa o día 7 de xuño.

 

O problema da desaparición das abellas……… Podería ser un reflexo do que nos espera como especie? (Marla Spivak)

 

Descargar