+ 34 981 508 142

Correo Apícola Marzo 2013

Asociación Galega de Apicultura

Feira Nova s/n Santa María • 15819 Arzúa. A Coruña • Tel. 981 508 142

E-Mail: aga@queixoemel.org • www.apiculturagalega.es

 

CURSOS DE APICULTURA 2013

Co presente correo procedemos a informarvos dos cursos de apicultura que están programados para impartir os próximos meses xunto con outras actividades de AGA. Por motivos de organización, todos os interesados e interesadas deberán inscribirse previamente sexan soci@s ou non de AGA. Isto pódese facer mediante e-mail, dando os datos e facendo mención ó curso que van asistir. A participación é gratuíta para soci@s de AGA e ten un custo 40 € para non soci@s, salvo algunhas excepcións por colaboración de concellos como Culleredo, Narón, As Pontes ou outra entidade; neste caso os asistentes dese concello ou entidade non pagarán. Tamén hai descontos para parad@s e menores de 20 anos. Consultar chamando ao 981 508 142.

 

Curso de Iniciación á Apicultura de 24 horas

PROGRAMA TEÓRICO- PRÁCTICO

1º DÍA. IMPORTANCIA DAS ABELLAS.

Ciclo biolóxico das abellas. O enxame. Desenvolvemento ao longo do ano. A comida das abellas: néctar e pole. A casa das abellas: a colmea, partes da colmea, o panal. Os abelleiros: equipo e utensilios, manexo do afumador. Instalación do apiario.

Prácticas: visita a un apiario e inspección de colmeas

2º DÍA. REPRODUCIÓN DO APIARIO.

Os individuos da colmea. Nocións de selección. Multiplicación do apiario: recollida de enxames, formación de núcleos. Colocación de alzas para a colleita de mel. Calendario de traballos.

Prácticas. Visita a un apiario e práctica de reprodución

3º DÍA. SAÚDE DAS ABELLAS.

A saúde das abellas e o medio ambiente. Sanidade apícola: Principais parásitos que afectan as abellas: varroa, loque, vespa velutina. Prevención de doenzas. Enfermidades da cría. Enfermidades dos adultos. Control de enfermidades. Desinfeción

Prácticas: Visita a un apiario e identificación e control de doenzas

4º DÍA. ELABORACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS APÍCOLAS.

A esmelga: local de extración do mel, equipamento do local, extración, decantación, envasado e etiquetado do mel. Os distintos produtos das abellas: calidades e cualidades. A cera, reciclado; a súa influencia na saúde das abellas e na calidade do mel. Comercialización.

Prácticas: Visita a un local de extracción do mel

NOTAS:

Para participar hai que apuntarse cunha semana de antelación á celebración de cada actividade.

Esta programación poderá variar en función da climatoloxía. O día de Sanidade, deberán acudir co caderno de explotación apícola para que o veterinario lle expida a receita co tratamento da varroa para este ano, dado que este ano non vai haber subvención para este tratamento, AGA levará aos cursos distintos tratamentos que poderán adquirir a máis baixo prezo de mercado, pensando en que se poida subvencionar algo cos fondos do PLAN APICOLA 2013.

Tamén levaremos para a venda o libro TRATADO DE APICULTURA, o mellor libro apícola.

Os que non sexan soci@s de AGA nin se queiran facer, deberán aboar na conta de AGA, previamente, 40 € e acudir ao local do curso co resguardo bancario de ter pagado. Nº Conta: 2080 0348 38 3000018210. Se queren asociarse poden facelo pola web: www.apiculturagalega.es

 

PROGRAMACIÓN

1 CULLEREDO. DAGA A Coruña

CURSO DE INICIACIÓN

Datas: 5, 6, 12 e 13 de abril

Horas: venres de 16-20 e sábados de 11-14 e16-19h.

Local: Xardín Botánico de Culleredo


DIA DA ABELLA E FEIRA DO MEL

Data: domingo 21 de xullo

Xardín Botánico de Culleredo

Horario: de 10 da mañá a 20 h. da tarde

 

2 NARÓN. DAGA Ferrolterra

CURSO DE ESPECIALIZACIÓN

Datas: sábados 13, 20 e 27 abril

Dous días de selección e reprodución (M.Varela)

1 día de sanidade apícola (Gonzalo Calvo)


CURSO DE INICIACIÓN

Datas: 4, 11, 18, 25 de maio

Horario: 10,30 a 13,30 e de 15,30 a 18,30 h.

Local da ganadera, próximo a AVV de Sedes. Narón

 

3 CASA DO MEL. DAGA Eume

CURSO DE INICIACIÓN

Datas: 11,12, 18, 25 de maio

Horario: de 10 a 13 e de 15 a 18 h.

Monitores: DAGA-Eume e Gonzalo Calvo


CURSO DE ESPECIALIZACIÓN. 28 horas

Cría de raíñas e extracción de xelea real.

Imparte: Persoal técnico da Casa do Mel

Datas: 8, 9, 10, 13, 16, 20 e 21 de xuño pola tarde, 4 horas cada día.

Este curso terá una taxa de 40 € por asistente

Local: Casa do Mel

 

4 ORTIGUEIRA. DAGA Ortegal

CONFERENCIA PARA O PÚBLICO EN XERAL

Influencia das Abellas na alimentación, medio ambiente e saúde (Suso Asorey)

Día 6 de abril, de 11-13 h.
 

CURSO DE INICIACIÓN

Datas: 27, 28 de abril e 04 e 05 de maio

Horario: de 10 a 13 e de 15 a 18 h

Monitores: DAGA-Ortegal, Gonzalo Calvo

Local: Fundación Federico Maciñeira

 

5 PORTO DO SON. DAGA Barbanza

CURSO DE INICIACIÓN

Datas: 11,17 e 18 de maio

Horario: 10 a 13 e de 15 a 18 h.

Monitores: Marcos Varela e Gonzalo Calvo

Local: Casa da Cultura de Queiruga. P. do Son

 

6 MONDOÑEDO. DAGA Mondoñedo

CURSO: Vespa Velutina e Reprodución do apiario

Data: 04 de maio

Horario: de 10 a 14 horas

Monitores: Marcos Varela e Gonzalo Calvo

Local: Salón de actos da Oficina Agraria de Mondoñedo

 

7 LUGO. AGA

MESA REDONDA. Día 17 de marzo


CURSO. Días 8, 9, 15 e16 de xuño

Horario de 10 a 13 e de 15 a 18 h.

Monitores: Marcos Varela e Gonzalo Calvo

Local: Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay

 

8 OURENSE. DAGA Ourense

CURSO DE INICIACIÓN

Datas: 11, 12, 18 e19 de maio

Horario de 10 a 13 e de 15 a 18 h.

Monitores: Perfecto García, Gonzalo Calvo, Suso Asorey

Local: Fundación Otero Pedraio. Trasalba. Amoeiro.

 

9 CASTELO DE SOBROSO. PONTEAREAS. AGA

CURSO DE INICIACIÓN

Datas:18, 19, 25 e 26 de maio.

Monitores: Alex Cendón, X.M. Docampo, Gonzalo

Calvo, Suso Asorey

Horarios: de 10 a 13 e de 15 a 18 h.

Local: Castelo de Sobroso

 

10 CELANOVA. DAGA Celanova

CURSO DE INICIACIÓN

Datas: 13,14 e 20, 21 de abril

Horario: Horario de 10 a 13 e de 15 a 18 h.

Monitores: José Fernández, Gonzalo Calvo

Local: Antiga Biblioteca Municipal,Concello de Celanova

 

11 SANTIAGO. AGA

CURSO DE INICIACIÓN

Datas: 3, 4 10 e11 de maio

Enviaráselle o lugar e horario aos que se apunten

Monitores: José Fernández, Gonzalo Calvo, Suso Asorey

 

12 XXVIII MOSTRA EN ARZÚA. AGA

Día 1 de xuño

Para esta actividade non hai que apuntarse

 

13 DÍA DE CAMPO. COVELO

Día 23 xuño. Organiza: Abella Lupa SAT. Producción apícola ecolóxica.

Visita a cerería de Paraños, melería e apiario.

Enviarase o programa aos que se apunten.

 

14 DÍA DE CAMPO. VIANA DO BOLO

Día 30 xuño. Organiza: Benigno Basteiro.

Selección e reproducción de abellas, visita aos apiarios.

Enviarase o programa aos que se apunten.

 

15 VIAXE APÍCOLA A PORTUGAL

Macedo de Cabaleiros. Día 27 de abril

Organiza empresa Macmel. Cría de raiñas en directo.

Programa en www.macmel.net.

Saida de Santiago, da sede de AGA, ás 8 h. Iremos por Ourense e Verín. Regresamos a noite ao mesmo punto. Hai que levar o traxe de apicultor. Apuntarse en AGA antes do 10 de abril. No intre de apuntarse daremos o prezo do autobús.

 

ATENCIÓN AOS SOCIOS

No Centro do Queixo e do Mel, Arzúa

Horario: De 10 a 14 horas e de 16 a 18 horas, a diario

Tel.: 981 508 142 e 630 069 637

e-mail: aga@queixoemel.org, agapicultura@gmail.com

Web: www.apiculturagalega.es

 

 

Descargar