+ 34 981 508 142

Correo Apícola Novembro 2013

Mercado de Nadal "Das Miñas Colmeas"

21 decembro de 2013 en Área Central - Santiago de Compostela

AGA organiza este mercado de Nadal no que haberá, ademais da venda de produtos por parte dos socios e socias que participen, concursos, degustacións, obradoiros e actuacións.

Mel de Galicia: Xuntanza sobre a nova trazabilidade

Ás 11:00 h. 21 decembro de 2013 en Área Central - Santiago de Compostela

Os socios e socias de Erica Mel inscritos en Mel de Galicia recibirán información sobre como aplicar a nova trazabilidade sobre o mel que será obrigatoria a partir do 2014.

Frouxa colleita de mel e pole no 2013

Este ano houbo unha baixa colleita e en cambio os produtos apícolas están sendo moi demandados.

Vespa Velutina

O avispón asiático segue causando problemas na apicultura e fruticultura. De cara ó Dia do Apicultor daremos a coñecer un protocolo de actuación.

Pesticidas Neonicotinoides

A partir do 1 de decembro varios pesticidas neonicotinoides serán prohibidos parcialmente na Unión Europea durante 2 anos.

VII Congreso Apícola Hispánico

Publicamos o avance do programa do Congreso que terá lugar o 3, 4 e 5 de outubro de 2014 en Santiago de Compostela.

Atención ós socios e socias:

No Centro do Queixo e do Mel en Arzúa

Horario: de 10 a 14 e de 16 a 18 de luns a venres

Teléfono: 981 508 142 / 630 069 637

Email:aga@queixoemel.org / agapicultura@gmail.com

Web:www.apiculturagalega.es

 

Correo Apícola completo en "Descargar"

Descargar