+ 34 981 508 142

Correo Apícola Outono 2014

Éxito do VII Congreso Apícola Hispánico

Os días 3, 4 e 5 de outubro tivo lugar o VII Congreso Apícola Hispánico, organizado por AGA. Acudiron mais de 1.000 persoas de toda a España e do estranxeiro, entre científicos, técnicos, apicultores e apicultoras e logrouse sentar as bases dun novo formato de congreso co éxito da variada oferta de contidos e actividades. A próxima edición do congreso terá lugar en Granada no 2016 e será organizado polo Consello Regulador DOP Mel de Granada e a Asociación Provincial de Apicultores, en colaboración con AFCA.

Estes magníficos resultados foron logrados grazas á participación dun equipo constituído por persoal de AGA, o grupo de API-Emprendedor@s e o grupo API-Rosalía formado por estudantes e profesores do IES Rosalía de Castro. Un grande equipo humano que sen dúbida ningunha constituíu a clave para o positivo resultado obtido e, o que é máis importante, facer que durante tres días en Santiago de Compostela se falase sobre todo de abellas.

 

ACTIVIDADES DAS DELEGACIÓNS DE AGA NO MES DE NOVEMBRO

Viaxe lúdico-formativa da DAGA Carballo á Casa do Mel
Sábado 15 de novembro

Organizado por DAGA Carballo.

A xornada incluirá a visita á Casa do Mel, cunha demostración do tratamento e estampado da cera, o lago de As Pontes e o museo etnográfico de A Capela.

Para anotarse contactar antes do día 10 de novembro, contactar co delegado de AGA Francisco Graña no tel. 646 421 019 ou no email granapacov@yahoo.es

Xornada Apícola en Trasalba - Amoeiro (Ourense)
Domingo, 23 de novembro

Organizado por DAGA Ourense.

Na Fundación Otero Pedrayo  en Trasalba  terá lugar una xornada apícola co seguinte programa:

- Ás 11 h. Audiovisual sobre a vespa velutina e coloquio

- Ás 12 h. Etiquetado de produción primaria para o mel

- Ás 12,30 h.  Asamblea xeral da Delegación

- Ás 13 h: Audiovisual  "A apicultura na casa"

XXVI Feira do Mel de Ortegal

Domingo, 16 de novembro na Alameda de Ortigueira. Organizado por DAGA Ortegal

 

PLAN APÍCOLA 2014

Próximamente procederemos á devolución do 80 % do tratamento da varroa e do 40 % do material (cera e fondos), para os socios e socias que teñan a receita do tratamento ou o albarán de compra do material con data anterior ó 15 de agosto. A devolución farase por conta bancaria no caso de ter a cuota domiciliada e os que non a teñan deberán poñerse en contacto con AGA para fixar a forma de pago.

 

DECRETO DE PRODUCIÓN PRIMARIA

No DOGA do 30 de setembro foi publicado este decreto que regula a venda directa dos productos primarios dende as explotacións á persoa consumidora final. Para acollerse á Produción Primaria, incluidos os socios/as que solicitan o etiquetado de Mel das Miñas Colmeas, é preciso cubrir o documento que adxunta o decreto, que se pode descargar a través da web de AGA, e entregalo nunha oficina da Xunta de Galicia.

 

VESPA VELUTINA

O norte das provincias de A Coruña e Lugo é ata o momento a zona de Galicia mais afectada pola avespa asiática. Por este motivo, as delegacións de AGA de As Pontes, Ferrolterra e Ortigueira reuníronse o pasado día 23 de setembro e acordaron unha serie de accións a levar a cabo, como a concentración abelleira diante da Xunta de Galicia en Ferrol o día 08 de outubro e a colaboración do entomólogo Luis Óscar Aguado Martín para coñecer mellor a este insecto e saber como controlalo. Ademais, o venres 14 de novembro haberá unha mesa redonda sobre a velutina en Ortigueira, no Museo Ortegalia ás 19 horas.

Dende a web da Consellería do Medio Rural e do Mar pódese consultar o mapa de detección de niños de Vespa Velutina, actualizado cada semana e realizado en base ao operativo executado pola Xunta de Galicia no Programa de Vixilancia e Control: http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/gandaria/apicultura/vespa_velutina/

 

VÍDEOS DE DIVULGACIÓN APÍCOLA NA WEB

Apicultura na casa

Documental sobre a apicultura galega realizado por Helios Vega e Pablo Portela coa colaboración de AGA Asociación Galega de Apicultura. Na web de AGA xa está dispoñible o primeiro dos 5 vídeos que forman o documental.

A avespa asiática, unha ameaza ambiental

Documento audiovisual sobre a Vespa Velutina producido polo Concello de San Sadurniño en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura. Está dispoñible o enlace de youtube para libre descarga e distribución dende a web de AGA.


PROGRAMA APÍCOLA DE AGA PARA O VINDEIRO ANO 2015

Para o 2015 AGA cumple 35 anos. Iniciamos un novo quinquenio que haberá que decidir a que o imos dedicar, para o que organizaremos o 3º Foro Apícola e celebraremos o 30 aniversario da Mostra Galega de Apicultura. Todo isto nun ambiente de renovación xeracional, de incorporación da muller ao sector apícola e moito mais.

 

ATENCIÓN AOS SOCIOS/AS

No Centro do Queixo e do Mel en Arzúa
Horario: De 10 a 14 horas e de 16 a 18 horas, a diario
Tel.: 981 508 142 / 630 069 637 E-mail: aga@queixoemel.org, agapicultura@gmail.com
Web: www.apiculturagalega.es

Descargar