+ 34 981 508 142

Correo Apícola Verán 2013

VARROA 2013

Na campaña da varroa deste ano o veterinario de AGA fará a rolda para facer as receitas e selar os libros, tal como figura no seguinte calendario:

 

CALENDARIO DE RECEITAS

  • Mondariz. Centro Social de Mouriscados. Sábado, 27 de xullo de 11 a 13 h. Ás 12 h. xuntanza cos socios e socias para a creación da Delegación comarcal de AGA
  • Lugo. Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay. Domingo, 28 de xullo de 11 a 13 h. Ás 11 h. xuntanza da Delegación AGA Lugo para a organización da Feria do Mel de Lugo
  • Ourense. Fundación Otero Pedrayo. Trasalba, Amoeiro. Sábado, 3 de agosto de 11 a 13 h. Ás 12 h. xuntanza da Delegación de AGA para organzación do Día da Abella e Feira do Mel en Maceda o 18 de agosto
  • Pontevedra. Apípolis. Couso, 10 San Andrés de Xeve. Sábado, 3 de agosto de 17 a 19 h.
  • Arzúa. Centro do Queixo e do Mel. Venres, 9 de agosto de 10 a 14 h. e de 16 e 18 h.
  • Quiroga. Feira do Mel. Sábado, 10 de agosto de 11 a 13 h.
  • Viana do Bolo. Pazo do Mel. Sábado, 10 de agosto de 17 a 19 h.
  • As Pontes. Casa do Mel, Goente. Domingo, 11de agosto de 17 a 19 h.
  • Mondoñedo. Oficina de Extensión Agraria. Sábado, 17 de agosto de 11 a 13 h.

 

TRATAMENTOS DA VARROA

Dado que a consellería este ano non vai a subministrar o produto como anos anteriores, AGA ofrecerá o tratamento a aqueles socios e socias que o soliciten antes do 21 de xullo.

Listado de produtos e prezos (envases para 5 colmeas):

NOME TRATAMENTO E PREZO

Check Mite 21,00 EUR

Apistan 16,00 EUR

Apivar 17,00 EUR

Thimovar (con timol) 19,00 EUR

 

  • Pedidos e forma de pago: a data límite para facer o pedido e o pago é o 21 de xullo.

  • Os encargos faranse por tel. 981 508 142 ou email aga@queixoemel.org, indicando: o nome do

  • socio/a, produto, nº de envases e lugar de recollida (según o calendario de receitas do veterinario).

  • O produto recollerase na rolda do veterinario.

  • O pago realizarase, no momento de facer o pedido, no nº de conta de AGA en Novagalicia Banco

  • 2080 0348 38 3000018210, indicando no concepto "Nome do socio, produto e nº envases"

Ademais dos produtos citados, tamén temos á venta timol (1 Euro/colmea) e Beevital Hiveclean (20 Euros/10 colmeas).

O prezo do Apistan xa é reducido. O resto dos produtos poderían reducir o seu prezo en función de se se amplía o montante económico dispoñible no Plan Apícola 2013. No caso en que fagamos devolucións comunicarémolo a través do Correo Apícola e será preciso presentar o albarán de compra do produto, ter entregadas as fotocopias compulsadas antes do 10 de xuño e ter o seguro de responsabilidade civil.

Según información dos abelleiros nestes intres o tratamento mais eficaz sería o Check Mite, pero dende AGA só o recomendamos como última solución, por ser un produto que deixa moitos residuos e polo cal está prohibido nos demais países da Unión Europea. E ademais, tede en conta que o fabricante é a empresa Bayer que, co seu pesticida Imidacloprid, ten causado unha grande mortandade de abellas.

 

Próximas actividades

DÍA DA ABELLA EN MACEDA (OURENSE)

O 18 de agosto terá lugar o Día da Abella en Maceda (Ourense). Por este motivo a Delegación de AGA en Ourense convoca ós abelleiros e abelleiras a unha xuntanza o día 3 de agosto ás 12 h. na Fundación Otero Pedrayo en Trasalba, para falar da organización e participación na feira do mel polos abelleiros interesados.

. Programa Día da Abella: Feira do mel, exposición didáctica, obradoiros

. Lugar de celebración: Castelo de Maceda

. Organizado pola Asociación Galega de Apicultura (DAGA-Ourense)

coa colaboración do concello de Maceda

* O Día da Abella previsto para o 21 de xullo en Culleredo, foi aprazado.

VIAXES APÍCOLAS

II Congreso Europeo Apícola Lovaina (Bélxica)

9, 10 e 11 de novembro

Con motivo do 2º Congreso Europeo Apícola, que terá lugar os días 9, 10 e 11 de novembro de 2013, AGA organiza esta viaxe a Lovaina en Bélxica. As persoas interesadas en participar teñen que chamar ou enviar un email a AGA antes do 15 agosto para anotarse. Posteriormente enviaráselle o programa coas datas e prezo da viaxe e con esta información poderán facer xa a inscrición definitiva.

Apimondia – Kiev (Ucrania)

do 26 de setembro ó 4 de outubro

Organizado por Silvia Cañas, exdirectora de Vida Apícola. A viaxe, de 9 días de duración, comeza na República Checa, con estancia en Praga e visitas técnicas por diferentes lugares do país, continuando en Kiev para asistir ó congreso Apícola Apimondia 2013.

Contacto e inscricións: Silvia Cañas Tel. 626 781 701

Email: silviaapicultura@gmail.com

 

Outras novas

Por motivos de vacacións, o servizo de etiquetado de "Mel das Miñas Colmeas" estará pechado 1 ó 15 de agosto.

Nos próximos días procederemos os cobros das cuotas de AGA do ano 2013 e os seguros apícolas. Para evitar devolucións e gastos, rogamos aos socios e socias que nos comuniquen se hai algún cambio no seu nº de conta e procuren que as contas indicadas teñan fondos suficientes.

A cooperativa Erica Mel ten dous obxectivos prioritarios para este ano. Aumentar a produción de pole, debido á demanda que segue en aumento, e continuar coa política de suba de prezos do mel. Este ano procurarase pagar o quilo de mel 3,00 Euros o multifloral e a 3,25 Euros o monofloral.

Este verán celebraranse o XV aniversario de AGA Eume e o X da Casa do Mel. Datas pendentes de confirmar.

Feira do Mel de Quiroga (Lugo). 10 de agosto de 2013

Feira Apícola de Torrelavega (Cantabria). 19 e 20 de outubro de 2013

 

 

Descargar