+ 34 981 508 142

Correo Apícola Xaneiro 2014

DÍA DO APICULTOR

8 de febreiro de 2014 no Centro do Queixo e do Mel de Arzúa.

Obxectivos:

Promocionar o emprendimento, a innovación e a diversificación, entre os asociados/as de AGA.

Tamén daremos  a coñecer a nosa proposta para o control da vespa velutina que xa está colonizando unha boa parte do noso territorio. 

Terá lugar a Asemblea Xeral de AGA, como todos os anos coincidindo con este evento. Ademais, o persoal de AGA estará a disposición dos socios e socias durante todo o día para os trámites habituais: pago de cuotas, seguros apícolas, entrega das fotocopias para o Plan Apícola, etc.

Obradoiros:

De 11 a 13 h.

1.- Apicosmetic: Aproveitamento do veleno das abellas, apitoxina.
Aula Centro do Queixo e do Mel

2.- Irurtzun: Equipos para a obtención de mel en sección e outras novidades.
Nave de Erica Mel.

3.- José Fernandez: Colleita de pole e própole. 
Biblioteca do Centro do Queixo e do Mel (BAGA)

4.- Gonzalo Calvo: Vespa Velutina. Trampas para a captura de vespas velutinas.
Nave de Erica Mel.

Formaremos grupos de máximo 50 persoas, que irán rotando por cada obradoiro. Cada sesión durará 30 minutos. O grupo APIE encargarase de organizar aos asistentes.

De 11 h. a 18 h.

Feira de diversos produtos e equipos para os apicultores/as, trampas para a captura de V. velutina. Contaremos coa presenza de Macmel e as empresas da cera, Irurtzun…

Ás 13 horas

ASEMBLEA XERAL DE AGA

Día 8 de febreiro, ás 13 horas no Centro do Queixo e do Mel de Arzúa.

Orde do día:

1.- Lectura e aprobación da acta anterior, se procede

2.- Relatorio de actividades e contas do ano 2013

3.- Eleccións para a nova directiva de AGA

4.- Programa e presuposto para o ano 2014

5.- Rogos e preguntas

Ás 18 h.: Peche das instalacións

PLAN APÍCOLA 2014

Este ano, según nos comentaron na Consellería do Medio Rural e do Mar, vai haber máis cartos para o PLAN APICOLA que o ano pasado, polo tanto a nosa intención é que se poida subvencionar o programa sanitario, veterinario e tratamentos contra a varroa. Tamén os seguros apícolas (R.C) e un programa de formación, cursos de iniciación e cursos especializados, que se dará a coñecer nun vindeiro correo apícola.

Os interesados en beneficiarse destas axudas deberán entregar en AGA as fotocopias compulsadas das páxinas 1, 4 e 9 do caderno apícola, debidamente actualizado nas oficinas agrarias (o cal é é preciso facer entre o 1 de xaneiro e o 1 de marzo de 2014). Pódense entregar as fotocopias o Día do Apicultor ou envíalas por correo postal á sede de AGA en Arzúa. Tamén é obrigatorio ter un seguro de responsabilidade civil das colmeas para acceder a estas axudas.

NOVIDADES NO SEGURO APÍCOLA 2014

Este ano vai haber unha soa póliza multirrisco que abarca: responsablidade civil, defensa, roubo, incendio e vandalismo. O prezo será de 1 € por colmea e deberán asegurarse todas as colmeas que figuren no caderno apícola para que sexa válido. Lembramos que o seguro non se renova automáticamente, hai que comunicalo tódolos anos a AGA. A póliza é anual e remata cada 7 de febreiro.

Cobertura: Roubo 72,12 € / colmea (franquicia de 150€). Incendio: 72,12 € / colmea. R.C. 300.000 € / sinistro (franquicia de 150 €). Defensa xurídica, 4.634,80 €.

Precisamos os seguintes datos: Titular da explotación, número de rexistro apícola e número de colmeas. Pódese comunicar por teléfono no 981 508 142, por email a aga@queixoemel.org ou directamente o día 8 de febreiro en Arzúa.

Recoméndase asegurar as colmeas xa que para roubos e incendios é a mellor opción agora mesmo. En principio, se os fondos do Plan Apícola son suficientes, o R.C. poderá ser subvencionado ao 50%.

Mais información sobre a nova poliza multirrisco na web de AGA www.apiculturagalega.es.

ESCASEZA DE CERA

Cara este ano 2014 vai haber moi pouca cera estampada pola falta de materia prima. A pouca que haxa será cara, xa que parece que os alemáns veñen e a pagan máis para farmacia e cosmética.

Hai varias posibilidades:

1.- Que os abelleiros/as lle entreguen cera á empresa que a estampa, Apícola Carballal, que cobra 1,60 € / por quilo estampado. Non garante a entrega da mesma cantidade de quilos, iso dependerá de como vaia de limpa a cera. O Día do Apicultor en Arzúa estará tamén Apícola Carballal polo que poderedes traer a vosa cera para cambiar por láminas.

2.- Promover que os abelleiros/as merquen estampadoras artesanais e reciclen a súa propia cera. Terémolas en Arzúa e logo haberá uns cursiños para ensinar a técnica de elaboración polos interesados/as.

3.- Poñer unha tira de cera estampada no cadro de cría e o resto que o fagan as abellas. Na media alza poñer a lámina para que non rompa no extractor.

4.- Na cámara de cría meter cadros de plástico e na media alza, cadros con lámina de cera. Teremos tamén mostras en Arzúa.

5.- Encargar láminas de cera estampada cun alto porcentaxe de parafina.

Cada quen poderá acollerse a algunha destas posibilidades.

O MEL

Este ano o mel está escaso, temos que facer un esforzo para limitar o consumo e non esgotar as reservas moi axiña.  Por outro lado, aproveitar para colocar os nosos prezos a nivel do mel foráneo, xa que nos últimos tempos o prezo do noso mel quedou desfasado en comparanza con outros meles.

Seguimos pensando que a referencia debe ser 8 € o quilo e 5 € o medio quilo. A cooperativa Erica Mel quere anunciar o prezo para o mel da colleita pasada que será de 3,20 € o mel multifloral e de 3,40 € o mel monofloral, ao produtor. Tamén quere destacar o feito de que os asociados, a pesar de ter outras ofertas de mellor prezo, optaron por entregalo na súa cooperativa.

VII CONGRESO APÍCOLA HISPANICO

Días 3, 4 e 5 de outubro de 2014

Instituto Rosalía de Castro. Santiago de Compostela

Organiza: AGA e AFCA

- Palestras científico-técnicas

- Mesas redondas de interese apícola

- Obradoiros

- Reunións sectoriais. 

- API-EXPO.

- Concursos

Irase publicando información periódicamente na web de AGA www.apiculturagalega.es

Descargar