+ 34 981 508 142

Número especial Correo Apícola Marzo 2014

EDITORIAL

Para cultivar abellas e chegar a bon fin, nos obxectivos que cada un teña, son necesarias catro cousas:

. Asistir a algún cursiño

. Ler algún libro

. Practicar con 3 ou 4 colmeas.

. Asociarse na AGA, Asociación Galega de Apicultura, para ter un asesoramento diario.

No segundo ano xa poderemos ir incrementando o noso apiario e no terceiro pode haber rendementos. Isto ven a conto de que agora hai moito interese en formar parte deste apaixoante mundo apícola pero hai que ser conscentes que non é "chegar e encher", hai que ir a modo.

AGA vai impartir formación apícola básica durante esta primavera por todo o noso territorio. A actividade apícola é tan ampla que tamén imos organizar algunhas actividades especializadas para os que teñan interese nestes temas.

Estes son os nosos poderes. Abellas e abelleiros temos nas nosas mans un gran poder:

. O 80% das plantas con flores dependen da polinización das abellas para sobrevivir.

. O 84% das plantas cultivadas precisan ser polinizadas polas abellas para ser produtivas

. O 76% da nosa cesta dos alimentos precisa das abellas

. O valor da polinización para a agricultura é de: 265.000 millóns de Euros/ano a nivel mundial, 22.000 millóns de Euros/ano a nivel da UE.

Entre 3-4.000 millóns de Euros/ano para o Estado Español. 200 millós de Euros/ano para Galicia.

En definitiva, a biodiversidade o medio ambiente e a produción de alimentos está, en gran medida, nas mans das abellas e dos abelleiros/as, polo tanto o noso PODER é moi grande. Ben utilizado podemos facer un mundo mellor, con máis biodiversidade, con mellores alimentos e con

máis saúde para as persoas. Abellas e abelleiros, xuntos PODEMOS, ASOCIATE!

 

FORTE INCREMENTO DA APICULTURA EN GALICIA

No ano 2013 houbo un forte incremento da apicultura en Galicia tanto en número de abelleiros como en número de colmeas. No seguinte cadro detállanse os incrementos por provincias.

PROVINCIA

APICULTORES/AS

COLMEAS

A Coruña

+ 112

+ 4.039

Lugo

+ 67

+ 5.516

Ourense

+ 94

+ 13.806

Pontevedra

+ 93

+ 2.402

Total incremento Galicia

+ 367

+ 25.763

Total Galicia

3.799

109.744

Total apicultores/as profesionais (>150 colmeas)

90

 

Este aumento fala dun interese crecente da xente nova pola apicultura; unha actividade que ademáis de contribuir a manter e mellorar a riqueza do noso medioambiente pode chegar a ser, nalgúns casos, unha importante alternativa de incorporación ao mercado laboral.

 

PROGRAMA REALIZADO POR AGA NO 2013

No ano 2013, a Asociación cumpleu co programa previsto levando a cabo as seguintes actividades:

- 6 horas diarias de atención ao soci@

- Seguros. Pólizas de R.C. e M.R.

- Formación:

Cursos teórico - prácticos : 15 cursos de iniciación.

Cursos especializados: Emprendemento e innovación APIE e Cría de Nais.

- Programa sanitario. Dentro do Plan Apícola 2013: Control da varroa, Vespa Velutina. loque americana. Xestión de tratamentos. Subvención ao Apistan para tratamento da varroa, fondos sanitarios e cera ata remate do escaso presuposto económico.

- Xornadas: Día do apicultor e Mostra Galega de Apicultura en Arzúa.

- Días de campo: Selección e reproducción de abellas en Viana do Bolo (Ourense) e Produción ecolóxica. SAT Abella Lupa en Covelo (Pontevedra)

- Viaxe apícola anual ao 2º Congreso apícola europeo. Lovaina. Bélxica

- Información: Web de AGA. 5 Correos Apícolas. Revista Abelleira.

- Participación dentro da Plataforma contra os Pesticidas e Coeur - Bee Life, por unha agricultura sostible e pola eliminación dos neurotóxicos.  Conseguiuse unha prohibición parcial dos pesticidas neonicotinoides, dende o 1 de decembro de 2013, veremos os resultados nun prazo de 2 anos.

- Participación dentro de AFCA – Asociación para o Fomento dos Congresos Apícolas e CODACC Confederación para a Defensa da Abella da Cornisa Cantábrica.

- Programa "RECAMBIO": consistente en que un abelleiro/a que abandona ou onde haxa un apiario inactivo, un novo abelleiro/a poida facerse cargo e darlle continuidade. AGA fai a xestión poñendo en contacto demandantes e ofertantes. Tamén promove o traspaso de apiarios de pais a fillos.

- Posta en funcionamento dos distintos modelos de etiquetado para o mel de produción primaria coa marca DAS MIÑAS COLMEAS, que está sendo un éxito total.

- Puxéronse en marcha os traballos do VII Congreso Apícola Hispánico que organiza AGA e que terá lugar os días 3, 4 e 5 de outubro de 2014, en Santiago de Compostela.

- Formación de tres novas DAGAS: Ourense, Lugo e Condado - Paradanta

- As DAGAS tamén realizaron actividades apícolas: cursos, feiras do mel, viaxes, xestión de materiais, etc.

O número total de apicultores que participaron no programa de formación foi de 849 e o número de novos soci@s de AGA ano 2013 foi de 267. Na actualidade somos 1.300 asociados/as en AGA

CONTAS ANO 2013

Total Gastos.............................................................................. .82.108,76 €

Total Ingresos............................................................................. 84.670,70 €

Contas positivas a 31/12/2013...................................................... 2.560,94 €

 

PROGRAMA DE AGA 2014

NOVA DIRECTIVA DE AGA

Na Asemblea de AGA do Día do Apicultor o 8 de febreiro en Arzúa foi elexida a nova directiva de AGA 2014:

Presidente: Manuel Gutiérrez, Coruña

Vicepresidenta: Mª Carmen Puga, Lalín

Secretario: Xosé Torres Romar, Santiago

Tesoureiro: Xesús Asorey, Santiago

Vocais: Fina Pérez, Esgos - Ourense e Dulce Mª Barro, Lugo

 

OBXECTIVOS 2014

O ano 2014 vai ser un ano moi importante na historia de AGA e tamén para a apicultura galega. Promover a incorporación de novos abelleiros e abelleiras ao sector apícola e a AGA, con base a formación, asesoramento e o programa recambio seguirá sendo un dos nosos obxectivos. A elaboración, diversificación e comercialización de produtos innovadores será un obxectivo principal. Seguiremos insistindo na suba do prezo do mel e demais produtos apícolas co fin de acadar un prezo digno para as nosas producións. Dentro do Plan Apícola 2014 realizaremos un programa sanitario para o control da varroa, da vespa velutina e da loque americana. A organización do VII Congreso Apícola Hispánico deberá ser unha referencia do nivel que ten a nosa apicultura na actualidade.

 

ACTIVIDADES XERAIS

- 6 horas de atención diaria ao socio.

- Información: web de AGA, Correo Apícola e revista Abelleira

- Seguros apícolas. Póliza multirrisco. 1€ / colmea. Se hai presuposto suficiente no Plan Apícola poderá ser subvencionado ata o 50% .

- Programa de formación: cursos de iniciación, cursos especializados, curso na Universidade de Santiago de Compostela, Día do Apicultor, Mostra Galega de Apicultura, Día da Abella, viaxes apícolas…

- Plan Apícola 2014: Programa sanitario, seguros e formación. Todas as persoas interesadas deberán enviar a AGA as fotocopias da páxinas, 1, 4 e 9 do caderno apícola, compulsadas na oficina agraria comarcal canto antes.

- Promoción e utilización da marca Das Miñas Colmeas

- Continuación de traballos do Grupo APIE.

- Pertenza a COEUR (Bee-Life), CODACC e AFCA. Seguir coa loita contra os neurotóxicos ata que desaparezan para sempre.

- VII Congreso Apícola Hispánico. Toda a información na web de AGA www.apiculturagalega.es.

- Actividades das DAGAS

- Formación: Cursos de iniciación á apicultura e de especialización.

 

CURSOS DE INICIACIÓN Á APICULTURA 2014

Contidos:

1. A apicultura, unha actividade multifuncional

1.1. O enxame e bioloxía das abellas.

1.2 Os 4 factores que determinan a produción apícola: potencial apícola do entorno, flora melífera; forza das colonías; nivel de toxicidade do entorno, praguicidas; condicións climáticas.

1.3. O equipamento apícola do apicultor.

1.4  A colmea

1.5. Asentamento do apiario. Factores a ter en conta

1.6. Organización do sector apícola, AGA: Fins, obxectivos e actividades

1.7. Comercialización apícola: venda directa, a granel, comercialización organizada.

1.8. Etiquetado, con rexistro sanitario ou de produción primaria.

1.9. Marca colectiva "Das miñas colmeas".

1.10. Prezos

2. A saúde das abellas

2.1.Condicionantes da saúde apícola. Prevención de doenzas

2.2. Principais doenzas e parásitos: varroa, loque, vespa velutina. Control, tratamentos e desinfección

Reprodución do apiario e calendario de traballos apícolas.

3. Produtos das abellas.

3.1 Guía de boas prácticas apícolas.

3.2 Colleita, procesado e comercialización: Mel. Pole. Própole. Cera. Mel en panal. Derivados.

4. Días de campo.

Visitas e prácticas nos apiarios (apicultores/as locais)

 

Características dos cursos:

Duración: 12 horas (3 días)

Horarios:

1º Día: de 18 a 21 (tema 1)

2º Día: de 11 a 14 (tema 2) e de 16 a 19 (tema 3)

3º Día: de 10 a 14 (Visitas aos apiarios).

Prezos: O curso será gratis para socios/as de AGA e cun prezo de 40 € para non socios/as

Aforo participantes: Mínimo 10 (se non se chega ó minimo de participantes o curso poderá ser cancelado)

 

Lugares e datas cursos de iniciación:

1. Culleredo (A Coruña)

Xardín Botánico de O Burgo. Avda. Xoan Carlos I, s/n O Burgo - Culleredo. A Coruña.

4, 5 e 6 de abril.

2. Amoeiro (Ourense).

Fundación Otero Pedrayo. Trasalba,  Amoeiro. Ourense.

11,12,13 de abril

3. Arzúa (A Coruña)

Centro do Queixo e do Mel. Feira Nova s/n Santa María, Arzúa. A Coruña.

25, 26 e 27 de abril

4. Monforte (Lugo)

CEFCA. Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte. Rúa Alfredo Brañas s/n. Monforte. Lugo.

29, 30 abril e 1 de maio.

5. Mondoñedo (Lugo)

Oficina Agraria Comarcal. Rúa Pardo de Cela,  22. Mondoñedo. Lugo.

2, 3 e 4 de maio

6. Carballo (A Coruña)

FórumCarballo. Rúa do Xílgaro - Barrio da Milagrosa, Carballo. A Coruña.

9,10 e 11 de maio

7.Lugo.

Residencia Bal y Gay. Estrada da Granxa, 130. Polígono Acea de Olga. Lugo.

23, 24 e 25 de maio.

8. Lalín (Pontevedra).

Auditorio de Lalín. Conservatorio. Rúa do Parque, 10. Lalín. Pontevedra.

30, 31 de maio e 1 de xuño

9. Mondariz (Pontevedra)

Local da Comunidade de Montes de Mouriscados, Mondariz. Pontevedra.

13, 14 e 15 de xuño.

10. Verín (Ourense)

Centro de Desenvolvemento Cooperativo. Parque Empresarial de Pazos. Verín. Ourense

17, 18 e 19 de xuño.

11. A Bola (Ourense)

Concello. A Bola. Ourense

17,18 e 19 de xuño.

12. Maceda (Ourense)

Concello, Maceda. Ourense.

20, 21 e 22 de xuño

13. Caldas de Reis (Pontevedra)

Concello, Caldas de Reis. Pontevedra.

27, 28 e 29 de xuño

14. Arzúa (A Coruña)

29ª Mostra Galega de Apicultura.

Centro do Queixo e do Mel. Feira Nova s/n Santa María. Arzúa. A Coruña.

7 de xuño.

 

CURSOS ESPECIALIZACIÓN 2014

1. Curso de cría de raíñas. Perfeccionamento

Obxectivos: Conxugar ensinanzas teóricas e prácticas para acadar un mínimo dominio nas técnicas básicas de cría de raíñas. Intentar adaptar para cada un dos participantes un método de cría apto para as súas circunstancias específicas.

Programa:

1º día: Selección e mellora continua / Bioloxía da reprodución apícola / Calendarios de cría / Colonia criadora e iniciador / Formación de núcleos

2º día: Colonias especializadas / Colonia finalizadora e incubadora / Métodos de cría con e sen transvase de larvas / Técnicas específicas: introdución, marcaxe, cría machos...

Imparte: Marcos e Jara Varela

Lugar: Apiarios e instalacións de Marcos e Jara Varela de Outeiro de Rei (Lugo).

Data e horario: 21 e 28 de xuño. De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30.

Duración: 16 horas

Aforo de participantes: Mínimo 12 e máximo 16.

Prezo: 45 € comprendendo unha raíña virxe e resumo do curso en formato dixital.

Só para socios/as de AGA

2. Colleita de pole e própole.

Obxectivos: O pole ten unha demanda cada vez maior, dende AGA queremos formar produtores para o aproveitamente deste novo recurso que nos proporcionan as abellas. O mesmo sucede co própole.

Programa:

O POLE

- Que é o pole para as abellas

- Principais plantas poliníferas

- Técnicas de colleita de pole

- Limpeza e secado

- Obtención de pole en fresco

- Comercialización

- Usos do pole

O PRÓPOLE

- Para que usan as abellas o própole

- Colleita do própole

- Usos e comercialización

Duración: 6 horas (un día)

Lugar, data e horario: Darase a coñecer en función das persoas inscritos. Poderá haber mais dun curso se hai demandantes.

Aforo de participantes: Mínimo 15 e máximo 25.

Prezo: 20 €

Só para socios/as de AGA.

3. Formación en análise de mel

Obxectivo: Proporcionar uns coñecementos básicos laboratoriais para definir a calidade do mel en función da demanda comercial deste produto.

Primeiro día (8 horas, mañá e tarde): Análises de Condutividade / Humidade / Cor do mel

Segundo día (8 horas, mañá e tarde): Análise polínica ("determina o orixe floral do mel"). Exemplo de preparación dunha mostra. Demostración de como distinguir o pole ao microscopio. Realización dunha análise demostrativa.

Imparte: DAGA Eume

Lugar: Casa do Mel en Goente – As Pontes (A Coruña)

Datas e horarios: 3 e 10 de maio 2014 9 a 13 h e de 15,30 a 19,30 h

Duración: 16 horas

Prezos: 25 € socios/as de AGA e 50 € non socios/as

Aforo de participantes: mínimo 12 e máximo 25.

4. Estampado de cera

Obxectivos: Ante a cantidade de residuos atopados na cera nos últimos tempos, e a escaseza do produto, cada vez son máis os apicultores de optan por estampar a súa propia cera.

- Elaboración da cera polas abellas

- Reciclado da cera

- Decantación e purificación

- Temperaturas

- Métodos de estampado

- Estampado de cera utilizando varias técnicas

Imparte: DAGA Eume

Lugar: Casa do Mel en Goente – As Pontes (A Coruña)

Datas e horarios: 18 de maio de 2014 De 16 h. a 21 h.

Duración: 5 h.

Prezos: 20 € socios/as de AGA e 40 € non socios/as

Aforo de participantes: Mínimo 10 e máximo 20.

 

INSCRICIÓNS CURSOS DE INICIACIÓN E ESPECIALIZACIÓN

Poñerse en contacto con AGA por mail aga@queixoemel.org ou por teléfono 981 508 142 para facilitar nome e apelidos do interesado e o curso no que se quere inscribir. A continuación, os inscritos en cursos de pago, deberán facer o ingreso por medio de transferencia a NovaGalicia Banco, conta ES02 2080 0348 38 3000018210, ou en efectivo na sede de AGA. Ao empezar o curso haberá que presentar o xustificante de pago.

Data límite

A data límite para as inscricións e os pagos será de 1 semana antes da realización do curso. No caso do curso de colleita de pole e própole a data límite é o 15 de abril.

 

OUTRAS ACTIVIDADES

DAGA EUME

Iniciación á apicultura: 20 h teórico – prácticas

Colleita, limpeza e envasado de pole: 10 h teórico – prácticas.

Cría de raíñas e extración de xelea real: 20 h teórico – prácticas.

Identificación de enfermidades das abellas no laboratorio da Casa do Mel: 10 h teórico - prácticas.

Información e inscricións: Email casadomel@vodafone.es / Tel. 661 003 616

 

DAGA FERROLTERRA

Técnicas de apicultura natural: 80 horas teórico – prácticas. Datas: Comezo o 26 de abril ata finais de setembro.

Reproducción apícola básica: 16 horas teórico - prácticas. Datas: 24 e 31 de maio (10 a 14 e de 16 a 20 horas).

Procesado e laminado da cera: 8 horas.

Vespa velutina. Charla e obradoiro de trampas: 4 h.

Información e inscricións:

Email dagaferrol@hotmail.com / Tel. 661 378 960

 

ABELLA LUPA

A SAT Abella Lupa organiza cursos de iniciación á apicultura ecolóxica, de 16 horas de duración, durante os meses de marzo a xuño, en Covelo (Pontevedra).

Información e inscricións en: info@abellalupa.com  / www.abellalupa.com

 

CURSO DA USC

Organizan: Universidade de Santiago- AGA

Datas: 4, 5 e 6 de xuño de 2014, cun total

de 24 horas. (Informarase máis adiante do

lugar, inscripción, prezos, horarios etc.)

Título do curso:

Emprendemento, Innovación e Diversificación no Sector Apícola

a) Obxectivos

Capacitar e promover o aproveitamento de novos produtos da colmea que están a ser demandados amplamente no mercado nacional e internacional.

b) Público a quen vai dirixido

Apicultores basicamente, ainda que tamén a comercializadoras de produtos agrícolas, industria alimentaria e cosmética, ou calquer persoa interesada en iniciarse no mundo da apicultura como unha proposta de actividade económica, sustentábel e de negocio.

c) Tipo de actividade

É un workshop, un taller de traballo intensivo, a desenvolver en grupos interdisciplinarios,

d) Breve descrición de contidos

_ Pole

_ Própoleo

_ Mel en Panal

_ Apitoxina

_ Cosmética Apícola

_ Cervexa Artesanal de Mel

_ Hidromel

 

APINOTICIAS

29ª MOSTRA GALEGA DE APICULTURA

Día 7 de xuño en Arzúa

Contidos:

- Cría de nais. Por Marcos Varela

- Control de Varroa. Por Antonio G. Pajuelo

- Vespa velutina. Por Gonzalo Calvo.

- Pole e própole. Por José Fernandez.

- Mel en panal. Por Karpinter Irurtzun

- Estampado de cera. Por Karpinter Irurtzun

- Presentación do VII Congreso apícola Hispánico e da revista Apicultura Ibérica por Silvia Cañas

Asemblea de Erica mel.

Feira de material apícola e reciclado de cera durante todo o día.

O programa completo enviarase nun próximo correo apícola e na web de AGA.

 

VII CONGRESO APÍCOLA HISPÁNICO

3, 4 e 5 de outubro de 2014 en Santiago de Compostela

Xa están en marcha os traballos de organización do VII Congreso Apícola Hispánico. Toda a información do congreso pódese consultar na web de AGA: http://www.apiculturagalega.es/congreso. Durante os próximos meses iranse publicando tódalas novas relacionadas co programa.

Haberá unha ampla oferta de actividades dirixidas a diferentes tipos de públicos. Un dos obxectivos deste congreso é aproximar a científicos/as, técnicos/as, apicultores/as e público en xeral, xóvenes e maiores, produtores/as e consumidores/as. É por iso que este congreso se presenta como un espazo aberto e integrador, pensado dende unha perspectiva global no que todas as persoas con interese polas abellas, a apicultura ou os seus produtos, se encontren e compartan unha experiencia enriquecedora.

O prazo de inscrición está aberto e pódese facer a través da web ou por email. Os socios e socias de AGA teñen un prezo especial de 30 € ata o 30 de xuño e de 40 € dende o 01 de xullo. Ás persoas que se inscriban antes do 30 de xuño cobraráselle a inscrición no congreso xunto coa cuota de AGA. Tamén está aberto o prazo da presentación de traballos para comunicacións orais ou en panel no congreso ata o 01 de maio.

Información e contacto:

Web: www.apiculturagalega.es/congreso

Email: congreso@apiculturagalega.es

Tel.: 981 589 534

 

ROUBO DE COLMEAS

Estase dando unha auténtica praga de roubo de colmeas. Dende AGA queremos recordar que é importante denunciar todos os roubos. Xa hai firmas que ofrecen localizadores das colmeas pero aínda non sabemos a súa eficacia e saen un pouco caros. O máis recomendable nestes intres é aseguralas, para o vindeiro ano xa veremos se atopamos outras soluccións mellores. Tamén vos recomendamos marcalas e informar a AGA dos roubos para facer un seguimento do problema.

 

VESPA VELUTINA

A costa galega xa está invadida pola vespa velutina, novo inimigo das abellas chegado de Asia. Durante as nosas actividades neste ano 2014 imos tratar este tema constantemente. Hai moita alerta mediática sobre o asunto pero o fundamental agora mesmo é:

1. Distinguir a vespa velutina da vespa crabro. Parécense pero a crabro é autóctona e incluso se fala de que pode manter a raia á velutina. As principais diferencias son que na velutina o tórax é negro e as patas amarelas, na crabro o tórax e as patas son marróns-alaranxadas.

2. Poñer trampas perto dos apiarios dende xa. Para ver se hai vespa velutina na zona ou non. Se se atopan exemplares, chamar ao 112 ou a AGA.

3. Se hai presencia de velutina é preciso poñer trampas nos meses de febreiro e marzo para coller o maior número posible de fundadoras e previr a formación de niños.

4. Os niños tamén son algo distintos. Na vespa crabro son mais pequenos e teñen a entrada pola parte inferior mentres que os niños da vespa velutina teñen a entrada polo lateral.

5. En todo caso, para saír de dúbidas no caso de que se atopen exemplares, é aconsellable chamar ao 112 ou a AGA para confirmar de que especie se trata. Pódese facer unha foto e enviar a AGA.

AGA ten á venda trampas caseiras para facer esta monitorización. Tamén as podedes fabricar na casa, nos cursiños levarémolas para mostralas. A trampa básicamene consiste en cortar unha botella de plástico ao medio e introducir a parte superior ó reves na parte inferior da botella a modo de embudo, poñerlle un carapucho para que non lle entre auga de choiva e colgala dunha árbore. No fondo da botella poñeremos un líquido atraínte para capturalas. Recoméndase como produto atraínte, un pouco de viño branco ou cervexa negra con algo de zume de grosella (cassis) ou ben o resultante de ferver en auga restos de panais vellos.  Tamén se pode engadir algunha velutina que parece que aumenta a eficacia da trampa. Renovamos o atraínte cada 15 días. Máis información na web de AGA.

Tabla de indicación da presenza da vespa velutina. Xunta de Galicia (ainda que AGA ten detectado algún punto máis, en Cedeira, Viveiro, Cambre...)

PROVINCIA

CONCELLO

PARROQUIA

LUGAR

LUGO

CERVO

LIEIRO (STA MARIA)

NAVE RODABELL

LUGO

XOVE

LAGO (SANTA EULALIA)

BARXA

LUGO

LUGO

LUGO

MONTESEGADE

PONTEVEDRA

VIGO

SAIÁNS (SAN XURXO)

BAIXADA A PRAIA Nº 15

PONTEVEDRA

NIGRAN

A RAMALLOSA (SAN PEDRO)

MONTE LOURIDO

PONTEVEDRA

BAIONA

SANTA CRISTINA DA RAMALLOSA

SABARIS

PONTEVEDRA

BAIONA

SANTA CRISTINA DA RAMALLOSA

CAMIÑO DAS PEREIRAS -MORADE

PONTEVEDRA

BAIONA

SANTA CRISTINA DA RAMALLOSA

SABARIS

PONTEVEDRA

TOMIÑO

GOIAN (SAN CRISTOVO)

FRAGOSA

PONTEVEDRA

O ROSAL

O ROSAL (SANTA MARIÑA)

VALDEMIÑOTOS

LUGO

XOVE

LAGO (SANTA EULALIA)

RIACHUELO

LUGO

XOVE

LAGO (SANTA EULALIA)

A BARXA

LUGO

XOVE

SUMOAS (SANTO ESTEVO)

PONTE DO REGATO

LUGO

XOVE

LAGO (SANTA EULALIA)

A BARXA Nº1

LUGO

XOVE

XOVE (SAN BARTOLO)

PISTA DE LA IGLESIA

LUGO

XOVE

A RIGUEIRA (SAN MIGUEL)

PENAS AGUDAS

LUGO

CERVO

LIEIRO (SANTA MARÍA)

RODABELL

LUGO

CERVO

LIEIRO (SANTA MARÍA)

LIEIRO

LUGO

CERVO

RÚA (SANTA MARÍA)

MONTE DE RUA

LUGO

BURELA

BURELA (SANTA MARÍA)

GUARDERIA MUNICIPAL

 

ANTIBIÓTICOS NO MEL

Prégase encarecidamente non utilizar antibióticos nas colmeas. Se se usan non se poderá vender o mel entre un ou tres anos, dependendo do antibiótico subministrado, xa que a comercialización de mel con antibióticos está prohibida pola lexislación alimentaria actual. No caso do mel entregado na cooperativa Erica Mel, unha vez detectada a presenza de antibiótico, hai que proceder a destrucción do produto. O apicultor/a afectado non cobrará o mel e ademáis deberá pagar a súa eliminación por unha empresa autorizada cun custe de 1 € por quilo. Recomendamos ós socios/as que fagan unha análise de antibióticos previa á entrega do mel.

 

CONTROL DA VARROA 2014

Agardamos que este ano se poidan subvencionar os tratamentos contra a varroa con máis fondos co ano pasado. Por aquelo de evitar resistencias promovemos a rotación de tratamentos.

Nestes intres o máis recomendado é o APIVAR co principio activo o Amitraz. É o máis eficaz, o que crea menos resistencias e o que deixa menos residuos. En canto a produción ecolóxica o máis recomendado sería o ECOXAL co principio activo ácido oxálico. O que deixa máis residuos e polo tanto o menos recomendable é o CHEK MITE co principio activo coumaphos.

En todo caso durante a 29 ª Mostra Galega de Apicultura imos tratar este tema en profundidade con Antonio Gomez Pajuelo.

 

TENDA DE APICULTURA ERICA MEL

Esta primavera bota a camiñar unha novidosa tenda de apicultura na nave de Erica Mel en Arzúa. Só vende a persoas socias de AGA ou Erica Mel.

A continuación detallamos algúns dos produtos á venda e prezos:

Novos fondos sanitarios 8,00 €

Cadros de cámara de cría desmontados con separador Hoffman 1,00 €

Modelos de cazapole 9,00 € (completo) e 7,00 € (cesta para fondo de rede)

Láminas de cera. Distintos prezos según o tipo de cera

Estampadoras de cera 530,40 €

Equipos para o apicultor

Tratamentos sanitarios contra as doenzas

Trampas Vespa Velutina 4,00 €

Libros de apicultura: Tratado de Apicultura 60 € e Cría de Raíñas 20 €

Produción de mel en panal (diferentes prezos según os modelos: medias alzas, cadros, recambios, caixas decoradas, etc.)

Produtos das abellas

Material para envasado dos produtos.

Outros produtos.

Para mais información dos produtos, prezos e pedidos contactar con AGA no teléfono 981 508 142 ou email aga@queixoemel.org. Estará dispoñible a oferta de produtos na web de AGA. Pódense enviar os pedidos a domicilio (no prezo non están incluidos os gastos de envío).

 

PANAL DE ANUNCIOS

Vendo colmeas con abellas. Concepción Jorge González. Chantada. Tel. 696 663 079

Vendo colmeas e núcleos con abellas. José Antonio Castro Fernández. Ourense. Tel. 988 42 03 37

Vendo enxames. Gonzalo Calvo. Monforte. Tel. 630 838 312

Vendo colmeas con abellas. Ángel Sánchez. Curtis. Tel. 98119 62 75

Vendo núcleos de 5 cadros con abellas. José Luis Alonso. Valdeorras. Tel. 659 147 701.

Vendo enxames e material apícola novo. Cristina Simón. Ourense. Tel. 655 186 021.

Vendo colmeas con abellas. Rey Gómez. Melide. Tel. 686 785 474.

Vendo enxames e material apícola. Apiyago. Santiago. Tel. 616 096 508

Vendo colmeas e enxames. Alberto Juan. Ourense. Tel. 685 900 486 / 988 485 130

Vendo todo tipo de material apícola. Doniz S.A. Celanova. Tel. 988 43 18 08.

Se estás interesado/a en publicar un anuncio de oferta ou demanda escríbenos un email a aga@queixoemel.org e publicarémolo na sección de Panal de Anuncios da web de AGA.

Descargar