+ 34 981 508 142

Novas publicacións abelleiras

El Libro de las Abejas

Este libro ofrece sorprendentes informacións e detalles sobre o mundo das abellas e amosa como podemos axudalas e disfrutar delas na nosa vida diaria. ¿Por qué as abellas son unhas polinizadoras tan perfectas? ¿Como podemos adaptar os nosos balcóns e xardíns para alimentar e atraer a maior variedade posible de abellas?¿Como se colleita o mel?

Atope as respostas a estas preguntas e moita información máis neste fermoso homenaxe ás abellas.

Autores: Fergus Chadwick, Steve Alton, Emma Sarah Tennant, Bill Fitzmaurice y Judy Earl.

Editorial Blume / ISBN: 978-84-16138-78-4 / 224 páxinas / 19,5 x 23,5 cm

Prezo: 25 €.

Curso de apicultura

Guía básica sobre apicultura realizada polos técnicos de AGA e pensada para aquelas persoas que queiran adentrarse no fascinante mundo das abellas e dos seus produtos. Dun xeito sinxelo e práctico, con imaxes e ilustracións didácticas, é un manual ideal para iniciarse na apicultura.

Prezo: 7 €.

Tratado de Apicultura

O coñecemento e o coidado da abella, as técnicas apícolas e os produtos da colmea. Autor: Henri Clément.

Tratado de apicultura que compila todos os coñecementos e técnicas útiles de apicultura, dende as técnicas básicas ata as últimas investigacións sobre a polinización e a apiterapia. A xestión da explotación e unha guía de meles de diferentes prantas. Contén 800 fotografías, debuxos e esquemas en cor.

Á venda na sede de AGA. Consultar prezo e condicións.

Editorial OMEGA / ISBN: 978-84-282-1579-4 / 528 páxinas / 20 x 24 cm

Prezo: 62 €.

Da Flor á mesa

Coa historia dunha pinga de mel,da flor á mesa, o autor -Suso Asorey- pretende facer visibles as abellas e os abelleiros perante a sociedade co obxecto de que esta tome conciencia da necesidade de defender a ambos os dous diante dos perigos que comporta a actual degradación da natureza e o alarmante declive da biodiversidade.

Esta publicación describe o programa levado a cabo para escolares durante os oito últimos anos na Casa das Abellas de Abegondo(A Coruña).

Prezo: 5 €