+ 34 981 508 142

« Volver o inicio

Concursos

Os catro concursos convocados no congreso conseguiron un elevado nivel de calidade e participación.

O concurso de pintura contou con 50 cuadros expostos, cuxo primeiro premio foi para a obra "Bee's Perspective" de Miguel Linares de Málaga e o premio especial Camiño de Santiago a Leticia Montero de A Coruña con "Benvida".

Déronse perto de 600 degustacións dos 14 meles monoflorais procedentes de toda España e Portugal no concurso de meles, que concedeu a Apicultura do Puño de Pontevedra o primeiro premio por votación popular co seu mel de eucalipto.

En canto ó concurso API-INNOVA, unha máquina extractora de propóleos presentada por Patxi Beriain do País Vasco foi a seleccionada como premio á innovación.

E por último, no concurso de relatos otorgáronse catro premios en dúas categorías, de ficción o primeiro premio foi para  Luisa Gallego polo relato "Comando abeja" e o 2º para Juan Molina polo relato "Basilio", mentras que na categoría de anécdotas reais o primeirr premio concedeuse a César Alonso polo relato "Sin igual" e o segundo para Alvaro Ferrés polo relato "Mi primer e inolvidable día con las abejas". 

En nome do comité organizador do congreso, agradecemos a participación de todos os concursantes e a nosa noraboa os gañadores e gañadoras. 

 

I CONCURSO DE IDEAS E PROXECTOS API-INNOVA / NASSENHEIDER

Cartel API INNOVAAPI-INNOVA é un concurso de ideas e proxectos innovadores en materia de apicultura. Os obxectivos deste concurso son fomentar a innovación, emprendemento e cultura apícola e mostrar os beneficios que proporcionan a esta actividade, así como estimular o interese pola innovación apícola e dar a coñecer á comunidade apícola os valores da innovación e o emprendemento mostrando as súas ideas e proxectos públicamente.

Organizado polo VII Congreso Apícola Hispánico e patrocinado por Nassenheider Iberica.

Premio: Máquina envasadora Nassenheider [Descargar ficha técnica]


Descargar bases do concurso e boletín de inscrición.

 


Proxecto premiado:

Autor: Patxi Beriain (País Vasco)

 

I CONCURSO DE MELES MONOFLORAIS

Cartel Mieles

Poderán participar as persoas físicas ou xurídicas titulares dunha explotación apícola ou dunha empresa de envasado de mel de España e Portugal. Cada participante poderá enviar a concurso un máximo de dous meles diferentes.

Organizado polo VII Congreso Apícola Hispánico, Laboratorios Apinevada S.L. e A.G. Pajuelo Consultores Apícolas.

Premios: Aportados por Laboratorios Apinevada S.L. e A.G. Pajuelo Consultores Apícola.

Prazo de presentación: Dende o 9 de abril ata o 10 de setembro 2014

Descargar bases do concurso e boletín de inscrición.

 

 

Meles premiados:

1º Premio: Eucalipto - Apicultura do Puño (Ponteareas - Pontevedra)

2º Premio: Azahar - Primo Mendoza (Carlet - Valencia)

3º Premio: Brezo - Vicent Brull Llaó (El Perelló - Tarragona)

Os 14 meles finalistas, dos 77 en total que se presentaron foron:

MELLOR MEL DE:

CONCURSANTE:

 
 

(Nombre, localidad, provincia, autonomía)

 

Acacia

Juan Galdeano

 

Hernani (Guipúzcoa)

 

País Vasco

 

Azahar

Primo Mendoza SL

 

Carlet (Valencia)

 

Comunidad Valenciana

 

Bosque

Buleo Miel SLU

 

Minglanilla (Cuenca)

 

Castilla - La Mancha

 

Brezo

Vicent Brull Llaó

 

El Perelló (Tarragona)

 

Cataluña

 

Cantueso

José Ganhao

 

Almada

 

Portugal

 

Castaño

Gerardo Fiestas Alvarez

 

Lanjarón (Granada)

 

Andalucia

 

Espliego

Miguel Rodriguez Blanco

 

Valladolid

 

Castilla - León

 

Eucalipto

Apicola do Puño

 

Ponteareas (Pontevedra)

 

Galicia

 

Labiadas (Romero y Tomillo)

Carmen Villanueva Burillo

 

Ariño (Teruel)

 

Aragón

 

Pitera

Sergio A. Marquez dos Santos

 

Telde (Las Palmas)

 

Canarias

 

Romero

Rafael Muria Martí

 

El Perelló (Tarragona)

 

Cataluña

 

Sierra

Antonio Jesus Lopez Bonet

 

Lanjarón (Granada)

 

Andalucia

 

Tajinaste

Sergio A. Marquez dos Santos

 

Telde (Las Palmas)

 

Canarias

 

Tomillo

Francisco Villodres Rico

 

Antequera (Málaga)

 

Andalucia

 

 

 

I CONCURSO DE RELATOS APÍCOLAS

Cartel Concurso ApirelatosSer apicultor é máis que unha profesión ou unha aficción, é unha forma de entender a vida. Como todos os apicultores e apicultoras teñen historias que contar o I Concurso de Relatos Apícolas ofrécelle esta oportunidade de compartir as súas experiencias, aprendizaxes, aventuras ou descubrimentos.

Establecemos dúas categorías: historias e anécdotas reais, ou relatos de ficción, só deben ter a apicultura como tema central en calquera dos seus aspectos.

Organizado por Apicultura Ibérica e VII Congreso Apícola Hispánico.

Premios: Aportados pola revista Apicultura Ibérica.

Prazo de presentación: Dende o 09 de abril ata o 15 de xullo.

Descargar bases do concurso e boletín de inscrición.

Relatos premiados:

Categoría de ficción:
1º Luisa Gallego por el relato "Comando abeja"
2º Juan Molina por el relato "Basilio"

Categoría anécdotas reales
1º César Alonso por el relato "Sin igual"
2º Alvaro Ferrés por el relato "Mi primer e inolvidable día con las abejas"

 

III CONCURSO DE PINTURA APÍCOLA

III Concurso Pintura

A Fundación Amigos de las Abejas, entre os seus obxectivos divulgativos trata de recuperar a arte de representación das abellas e apicultura, para iso convoca o III Concurso de Pintura Apícola que será exposto en Santiago de Compostela durante os días do VII Congreso Apícola Hispánico.

Organizado por Fundación Amigos das Abellas, coa colaboración deAGA Asociación Galega de Apicultura e o patrocinio de La Caixa, Servivets e Erica Mel.

Premios: Aportados por La Caixa e Servivets.
Premio especial "Camiño de Santiago" aportado por Erica Mel.

Prazo de presentación: Do 1 ao 19 de setembro de 2014

Descargar bases do concurso.

 

Obras premiadas:

1º Premio: "Bee's Perspective" de Miguel Linares (Málaga)

2º Premio: "Definición de abeja" de Oscar Cabana (A Coruña)

3º Premio: "A Volta" de José Ramón Rivas (A Coruña)

Premio especial Camino de Santiago: "Benvida" Leticia Montero (A Coruña)

Imágenes de las obras en la web de Fundación Amigos de las Abejas