+ 34 981 508 142

« Volver o inicio

Informacion práctica

UBICACIÓN DO CONGRESO

IES Rosalía Castro de Santiago de Compostela
Rúa de San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

Ver mapa

Instituto Rosalía de Castro

O IES Rosalía de Castro está ubicado no centro de Santiago de Compostela a carón da Alameda, entre a zona monumental e a zona nova da cidade.

É un punto estratéxico da cidade, para chegar cómodamente andando ou utilizando o servizo de autobuses urbanos.

Información dos autobuses que pasan polo instituto no seguinte enlace: http://tussa.org/web/transporte.php?lg=gal#parada

 

 

 

Historia do edificio:

O edifcio que alberga o instituto é o antigo Colexio de San Clemente, un edificio emblemático da cidade do punto de vista artístico, educativo e social. Construído no século XVII, representa como ningún outro en Santiago a permanencia do Clasicismo nos comezos do Barroco. Construído fóra do perímetro amurallado, moi preto da Porta Faxeira, o Colexio de San Clemente foi a primeira edificación de mérito levantada extras muros da zona histórica, pero estreitamente ligado a ela, polo que asumiu a función de nexo entre o pasado e o moderno desenvolvemento de Compostela. A súa presenza condicionou o trazado vial e xerou a necesidade de crear un espazo aberto, para proxectar o esplendor da súa fachada, no que máis tarde serían a Alameda e o Paseo da Ferradura.

O instituto Rosalía de Castro, o actual hóspede deste histórico edificio, é un referente educativo na cidade e un gran dinamizador da vida cultural de Santiago. Este ano 2014 o edificio acollerá a celebración do VII Congreso Apícola Hispánico, un auténtico privilexio para o sector apícola. Entre as súas paredes desenvolveranse as conferencias, seminarios, talleres e as variadas actividades programadas. Na historia do antigo colexio quedará rexistrada a que será unha indubidable contribución ao mundo da apicultura.  

 

Santiago de Compostela

A CIDADE: SANTIAGO DE COMPOSTELA

 
O VII Congreso Apícola Hispánico terá lugar na capital administrativa, social e comercial da Comunidade Autónoma de Galicia, Santiago de Compostela, cidade de grande valor histórico e cultural, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
 
 

Información en www.santiagoturismo.com

 

COMO CHEGAR

En avión:

Aeroporto de Santiago de Compostela
Situación: Lavacolla
Distancia: 10 KM (15 min. en coche / Línea autobús aeroporto-cidade)
Tel:(+34) 981 54 75 00 / (+34) 981 54 75 01
www.aena.es

En tren:

Estación de tren de Santiago de Compostela

Situación: C/ HÓRREO, S/N
Tel: 902 24 02 02 / 981 59 18 59
www.renfe.es

En autobús:

Estación de autobuses de Santiago de Compostela
Situación: San Caetano, s/n
Tel: 981 54 24 16
www.tussa.org  

Acceso por estrada

Autopista do Atlántico AP-9: conecta Santiago de Compostela con A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Tui e fronteira portuguesa.

Autovía do Noroeste A-6: comunica Galicia có resto de España a través da provincia de Lugo (enlace con Santiago a través da AP-9, nas inmediacións de A Coruña).

Autovía das Rías Baixas A-52: comunica Galicia có resto de España a través da provincia de Ourense (enlace con Santiago a través da AP-9 en Vigo ou a través da N-525 en Ourense).

Autoestrada AP-53 /AG-53: enlaza Santiago con Lalín, onde conecta coa AG-53 a Ourense e Madrid

Autovía do Cantábrico A-8: conecta Galicia con Francia a través da costa cantábrica (enlace con Santiago a través da Autovía del Noroeste A-6).

Información en http://www.santiagoturismo.com/como-chegar

 

ONDE XANTAR

En Santiago hai unha magnífica representación da restauración galega, nos seus diversos formatos: dende selectos restaurantes, casas de comidas ou pousadas, pulperías e tentadoras marisquerías, grellarías e churrasquerías ou concorridas xamonerías, viñotecas e tabernas de toda a vida.

Información en: http://www.santiagoturismo.com/restaurantes

 

PARA DURMIR

A proposta de aloxamentos ofrecida por Viaxes Viloria na sección de Aloxamentos