+ 34 981 508 142

« Volver o inicio

Novas

Nesta sección vanse publicando tódalas novas relacionadas co programa, que irán saindo durante os meses previos ó congreso.

 

14 de outubro de 2014

A REUNIÓN DE MUSEOS APÍCOLAS CELEBRADA DURANTE O CONGRESO CONVOCA A CELEBRACIÓN DO DÍA DA ABELLA 

Co motivo da reunión de museos apícolas convocada durante o VII Congreso Apícola Hispánico en Santiago de Compostela, decídese instituir a celebración anual do "Día da Abella" a primeira fin de semana da primavera, no que se celebrarán accións comúns en tódolos centros asociados que serán propostas por calquera dos miembros. Tamén se celebrará de forma anual o Día do Mel en outono.

Para mais información sobre a Rede de Museos Apícolas:

http://www.aulaapicolaazuqueca.com/

Ver acta completa da reunión

 

14 de outubro de 2014

CONTINÚA A EXPOSICIÓN DAS OBRAS DO III CONCURSO DE PINTURA APÍCOLA 

Do 14 ó 31 de outubro no salón de Actos da Biblioteca Pública Anxel Casal en Santiago de Compostela

Organiza: AGA Asociación Galega de Apicultura e Fundación Amigos de las Abejas

Exposición de pintura co tema central das abellas e a apicultura, formada polas obras premiadas e finalistas no III Concurso de Pintura Apícola e as premiadas en anteriores edicións do concurso, organizado pola Fundación Amigos de las Abejas.

Mais información

 

13 de outubro de 2014

FOTOGRAFÍAS DO CONGRESO

Temos publicada unha selección de imaxes do congreso: Ver imaxes

 

10 de outubro de 2014

LIBRO RESUMES DAS PONENCIAS

O libro de resumes das ponencias presentadas no congreso xa está dispoñible para descargar, dende o enlace indicado a continuación. Nestes momentos estamos preparando a publicación das ponencias completas e informaremos a tódolos congresistas como poderán acceder a elas.

Descargar libro de resumes

 

9 de outubro de 2014

O VII CONGRESO APÍCOLA HISPÁNICO DE SANTIAGO SUPERA AS EXPECTATIVAS DE ASISTENCIA E MARCA UNHA NOVA ETAPA NOS CONGRESOS APÍCOLAS EN ESPAÑA

Supéranse as expectativas de participación no VII Congreso Apícola Hispánico e lógrase sentar as bases dun novo formato de congreso co éxito da variada oferta de contidos e actividades.

Durante o pasado fin de semana o VII Congreso Apícola Hispánico, organizado pola Asociación Galega de Apicultura AGA e a Asociación para o Fomento dos Congresos Apícolas AFCA, baixo o título 'A apicultura, unha actividade multifuncional', congregou máis dun millar de participantes no IES Rosalía de Castro de Santiago.



A cita, cuxo obxectivo era mostrar o extenso abano de actividades que se desenvolven derivadas da apicultura, os beneficios económicos, ambientais e socioculturais que achega, o potencial para novas iniciativas e a busca de solucións para os problemas actuais do sector, superou as expectativas e marcou un referente para os futuros congresos apícolas do noso país. A próxima edición, o VIII Congreso Apícola Hispánico, terá lugar en Granada dentro de dous anos e será organizado polo Consello Regulador DOP Mel de Granada e a Asociación Provincial de Apicultores, en colaboración con AFCA.

Elevada participación na variada oferta do programa

Os espazos nos que se desenvolveron as actividades do extenso programa quedaron pequenos en varias ocasións debido á grande afluencia de público. O salón de actos, cunha capacidade para 400 persoas, estivo cheo a maior parte do tempo, coa presentación de parte dos 80 relatorios técnicos e científicos e as 3 mesas redondas sobre a saúde das abellas, comercio do mel e a vespa velutina. As solicitudes para participar nos talleres sobre cosmética apícola, cría de raíñas e elaboración de alimento complementario para abellas, foron moi superiores á cota prevista, polo que as numerosas persoas que mostraron interese en participar quedaron á espera dunha nova convocatoria.

Premios dos concursos

Os catro concursos convocados no congreso conseguiron un elevado nivel de calidade e participación. O concurso de pintura contou con 50 cadros expostos, cuxo primeiro premio foi para a obra "Bee's Perspective" de Miguel Linares de Málaga e o premio especial Camiño de Santiago a Leticia Montero da Coruña con "Benvida". Realizáronse preto de 600 degustacións dos 14 meles monofloralesprocedentes de toda España e Portugal no concurso de meles, que concedeu a Pablo Alarcón de Pontevedra o primeiro premio por votación popular co seu mel de eucalipto. En canto ao concursoAPI-INNOVA, unha máquina extractora de propóleos presentada porPatxi Beriain do País Vasco foi a seleccionada como premio á innovación. E por último, no concurso de relatos outorgáronse catro premios en dúas categorías, de ficción o primeiro premio foi paraLuisa Gallego polo relato "Comando abella" e o 2º para Juan Molinapolo relato "Basilio", mentres que na categoría de anécdotas reais o primeiro premio se concedeu a César Alonso polo relato "Sen igual" e o segundo para Alvaro Ferrés polo relato "o meu primeiro e inesquecible día coas abellas".

Éxito da APIEXPO

A APIEXPO Didáctica foi un dos espazos máis concorridos e coloridos do congreso. Os visitantes puideron contemplar a xigante abella de madeira que presidía a exposición, os antigos "armarios" con abellas do edificio, as divertidas colmeas decoradas por socios e socias deAGA e os artísticos frontais de colmeas de Eslovenia, así como descubrir a importancia das abellas e a actividade apícola tradicional e moderna.

Tamén a APIEXPO Comercial foi moi concorrida. Congresistas e expositores, aproveitaron este encontro apícola para realizar contactos comerciais e profesionais, coñecer as últimas novidades en material e maquinaria apícola, degustar meles de diferentes lugares e probar variados produtos elaborados a base de mel, xelea real, propóleos, pole e cera.

Participación dun grande equipo de persoas

Estes magníficos resultados foron logrados grazas á participación dun equipo dunhas 50 persoas, constituído por persoal da Asociación Galega de Apicultura, o grupo de API-Emprendedor@s deAGA, o grupo API-Rosalía formado por estudantes do IES Rosalía de Castro, así como o apoio do director e varios profesores e profesoras do centro educativo. Ademais, a organización do congreso contou coa colaboración de 35 expertos e profesionais de diferentes ámbitos que levaron a coordinación das áreas do programa científico-técnico, as mesas redondas e os talleres. A realización dos catro concursos convocados foi levada a cabo grazas a Apicultura Ibérica, Fundación Amigos das Abellas,Apinevada e A.G. Pajuelo e o de innovación a Nassenheider Ibérica. Todos eles forman case un centenar de persoas, un grande equipo humano que sen dúbida ningunha constituíu a clave para o positivo resultado obtido e, o que é máis importante, facer que durante tres días en Santiago de Compostela se falase sobre todo de abellas.

 

 

24 de setembro de 2014

APITURISMO DE ESLOVENIA NO CONGRESO

ApiRoutes Asociación de Apicultores eslovenos e Aritours Agencia de Viajes ofrecerá unha presentación sobre "Apiturismo, a viaxe como unha inspiración, unha aprendizaxe e un enriquecemento persoal" o sábado 4 de outubro na sala de presentacións da área de Economía, Desenvolvemento e Percepción Social. 

ApiRoutes representa novas formas de adquirir e intercambiar coñecemento e experiencias, nas cales a apicultura se entende como unha forma de vida que se entrelaza co deseo de descubrir algo natural e único: "Vivencias Api mais aló da Apicultura".

Tamén contarán cun stand, para aprender mais sobre a rica tradición Apícola eslovena e prácticas apícolas. Mais información sobre Apiroutes en www.apiroutes.com.

Mais información sobre a participación de Apiroutes

 

22 de setembro de 2014

RESERVA A TÚA PRAZA NOS OBRADOIROS DO CONGRESO

O domingo 5 pola mañá terán lugar 4 obradoiros prácticos sobre elaboración de cervexa de mel, cría de raíñas, elaboración de alimentos para abellas e de produtos de cosmética apícola.

As prazas estanse a cubrir por orde de inscrición e hai un máximo de 25 participantes por taller, agás o de cosmética apícola que é de 15.

Para realizar a inscrición é necesario enviar un email a congreso@apiculturagalega.es ou chamar por teléfono a 981 589 534 indicando nome, apelidos, teléfono e email de contacto e realizar o pagamento adicional de 20 € por taller.

Ver programa e información completa dos obradoiros

 

08 de setembro de 2014

PROGRAMA DEFINITIVO

Publicado o programa definitivo do congreso cos horarios das diferentes actividades. Pódese descargar neste enlace: Programa

A continuación un resume:

Día 3:
A partir das 10 h. - Inscricións e entrega de credenciais
Ás 12 h. - Inauguración do congreso. Conferencia "O mundo das abellas, as abellas do mundo" por Guilles Fert, criador francés.
De 16 a 19 h. - Relatorios científicos áreas de "Produtos apícolas (1) " "Polinización e flora", "Apiterapia" e "Bioloxía"
Ás 18 h. - Asemblea de AFCA
De 19 h. A 21 h. - Proxección de audiovisuais

Día 4:
De 10 a 14 h. - Relatorios científicas áreas "Produtos apícolas (2) ", "Sanidade apícola", Teconología e manexo e "Economía e percepción social"
De 16 a 18 h. - Mesa redonda "A saúde das abellas e o medio ambiente"
De 18 a 20 h. - Mesa redonda "Comercio do mel"
De 18 a 20 h. - Proxección de audiovisuais
De 20 a 22 h. - Actividade lúdico-festiva

Día 5:
De 10 a 12 h. - Obradoiros
Ás 10 h. - Reunión de museos de apicultura
Ás 11 h. - Asemblea de CODACC Confederación de Defensa da Abella da Cornixa Cantábrica
Ás 12 h - Mesa redonda "Vespa Velutina"
Ás 13 h. - Asemblea de AEA - Asociación Española de Apicultores
Ás 14 h. - Clausura, entrega de premios e distincións.

Durante todo o congreso:
Exposición de comunicacións científicas en poster, Apiexpo Didáctica, Apiexpo Comercial, Expomiel e Api-Arte. 

 

30 de xullo de 2014

PROGRAMA PROVISIONAL

Xa está publicado un programa provisional no que se inclúe información detallada sobre a API-EXPO, o programa científico-técnico, mesas redondas, obradoiros e demais actividades.

Este programa está suxeito a modificacións, o programa definitivo será publicado o 01 de setembro.

 

07 de xullo de 2014

ADIANTO DE PROGRAMA

APIEXPO

Exposición didáctica sobre a apicultura no claustro do IES Rosalía e exposición comercial nunha carpa no patio do instituto, con firmas procedentes de España, Portugal, Grecia, Alemania, Francia, Eslovenia, Arxentina… Haberá tamén varias demostracións de maquinaria e técnicas apícolas.

PROGRAMA CIENTÍFICO

Amplio programa científico con 76 ponencias de toda a Península Ibérica e de varios países de América Latina.

OBRADOIROS

Desenvolveranse seis obradoiros sobre: elaboración de cervexa artesanal de mel, cría de raíñas, elaboración de alimentos para abellas, novas tecnoloxías en apicultura e elaboración de produtos de cosmética apícola.

MESAS REDONDAS

Interesantes mesas redondas sobre: A saúde das abellas e a saúde do planeta, con representantes europeos de Bee Life, veterinarios e outros profesionais; o comercio do mel con representantes de diferentes estamentos no tema comercial.

 

 

01 de xullo de 2014

AMPLIACIÓN PRAZO DE INSCRICIÓN CON TARIFA REDUCIDA

O comité organizador de VII Congreso Apícola Hispánico acordou ampliar o prazo para inscribirse con tarifa reducida ata o 30 de xullo de 2014, a partir desa data aplicarase o incremento de tarifa.

Inscricións en: http://www.apiculturagalega.es/congreso/gl/Inscricions

 

16 de xuño de 2014

O PRAZO DE SOLICITUDES DE ESPACIOS NA APIEXPO AMPLÍASE ATA O 30 DE XUÑO

As empresas interesadas en participar na APIEXPO Comercial teñen todavía oportunidade de reservar un espacio ata o 30 de xuño. De momento xa está ocupado mais do 50 % da exposición con empresas de diferente tipoloxía: material apícola, industria de envasado, laboratorios, etc. Os módulos son de 3 m x 2 m e teñen un coste de 220 € + IVA.


Información en: APIEXPO
 

 

28 de abril de 2014

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE TRABALLOS

 

Debido a solicitudes recibidas por parte dalgunhas persoas e organizacións, a organización do congreso decidiu ampliar o prazo de presentación de traballos do VII Congreso Apícola Hispánico.

As novas datas para a presentación e aprobación de traballos serán:

31 de maio de 2014 - Data límite envío resumo de traballo
 
30 de xuño de 2014 - Data límite comunicación aprobación das presentacións 

Información en: Presentación de traballos.

 

 

16 de abril de 2014

PARTICIPACIÓN NA API-EXPO COMERCIAL E DIDÁCTICA

As empresas interesadas en participar na API-EXPO Comercial xa poden contratar un espacio na exposición de materiais e equipos apícolas. Ver tarifas e condicións.

Para asociacións, centros de divulgación, museos e denominacións de orixe os espacios na API-EXPO Didáctica, que estará ubicada no claustro do instituto, son gratuitos.

O prazo para enviar a solicitude remata o 30 de maio.

Mais información na sección API-EXPO

 

10 de abril de 2014

OS CONCURSOS DO CONGRESO

Xa están publicadas as bases dos concursos do VII Congreso Apícola Hispánico. Haberá dende demostracións das mais recentes innovacións ata a parte mais artística da profesión apícola, sen esquecer o tradicional concurso de meles indispensable en tódolos eventos apícolas: 

I Concurso de Proxectos e Ideas Api-Innova / Nassenheider

I Concurso de Meles Monoflorais

I Concurso de Relatos Apícolas

III Concurso de Pintura Apícola

Toda a información sobre os concursos e como participar na sección de Concursos.

Para a realización dos concursos contamos coa colaboración e o patrocinio de:
Nassenheider Iberica, Laboratorios Apinevada S.L., A.G. Pajuelo Consultores Apícolas, Apicultura Ibérica, Fundación Amigos de las Abejas, La Caixa, Servivets e Erica Mel S.C.G.

 

01 de abril de 2014

NASSENHEIDER IBÉRICA PATROCINA O CONCURSO DE IDEAS E PROXECTOS API-INNOVA 

A empresa Nassenheider Ibérica é a patrocinadora do Concurso de Ideas e Proxectos API-INNOVA do VII Congreso Apícola Hispánico, do que se publicarán as bases nos próximos días. A empresa ofrece o premio do concurso: unha máquina envasadora Nassenheider.

Nassenheider Ibérica
Tecnoloxía de envasado
www.nassenheideriberica.es

 

21 de marzo de 2014

CONTINÚAN AS ADHESIÓNS DE PATROCINIOS

O Consello Regulador IXP Mel de Galicia xa forma parte dos patrocinadores do VII Congreso Apícola Hispánico.

I.X.P. MEL DE GALICIA
Consellor Regulador de Mel de Galicia
www.meldegalicia.org

 

19 de marzo de 2014

NOVO PATROCINADOR DO CONGRESO: LABORATORIOS ESTEVE

Xa temos un novo patrocinador do congreso:

Laboratorios Esteve
Grupo químico e farmacéutico.
www.esteve.es

 

18 de febreiro de 2014

VIAXE DE APICULTURA IBÉRICA Ó VII CONGRESO APÍCOLA HISPÁNICO

Apicultura Ibérica, xunto coa Asociación Galega de Apicultura, organiza esta viaxe, que inclúe dous días de visitas técnicas previos ao congreso e a estanza en Santiago de Compostela durante os tres días de celebración deste importante encontro da apicultura española.

Realizarase un percorrido polos principais lugares apícolas da comunidade. O primeiro día visitarase en Ourense as instalacións de Apícola Carballal, con melería, tenda, apiario e fábrica artesanal de cervexa con mel, e en Viana do Bolo ó apicultor profesional Benigno Basteiro, con longa experiencia en produción de mel, pole, propóleos e cría de raíñas. Ao día seguinte visita a Mel da Anta (David Corral), unha das maiores empresas apícolas de España con produción convencional e ecolóxico, envasado e distribución. De regreso a Santiago, farase unha parada en Arzúa onde se atopa a sede da Asociación Galega de Apicultura. Alí visitaranse o Centro de Divulgación do Queixo e do Mel, as instalacións da Cooperativa Erica Mel e o Museo O Enredo do Abelleiro.

Máis información da viaxe, co programa detallado, prezos e condicións, na sección de Turismo do congreso e na web de Apicultura Ibérica.

 

28 de xaneiro de 2014

A PROPOSTA DE ALOXAMENTOS XA ESTÁ ACTIVA

A sección da web coa información sobre o aloxamento para os congresistas xa está activa. Contén unha proposta de diferentes tipos de aloxamentos na cidade de Santiago de Compostela, dende modernos hoteis de 4 estrelas, pequenos hoteis con encanto ubicados na cidade monumental ata hostales e hospederías cómodas e funcionais. 

Accede á sección: ALOXAMENTO

 

23 de xaneiro de 2014

PRIMEIRO LISTADO DE PATROCINADORES DO CONGRESO

Patrocinadores do congreso a data de hoxe:

- Deputación de A Coruña

- Concello de Santiago de Compostela

- Cooperativa Erica Mel
  Envasadora de mel de Galicia. Arzúa (A Coruña)
  www.ericamel.es

- Apícola Gonzalez Carballal
 
Tenda de apicultura. Ourense

- Apiyago
 
Tenda de apicultura. Santiago de Compostela

- Apicultura Ibérica - Silvia Cañas
  Publicación e web adicada á apicultura. Barcelona
  www.apiculturaiberica.com

- Antonio G. Pajuelo
  Consultores apícolas. Castellón
  www.pajueloapicultura.com

- Laboratorios APINEVADA
  Empresa de servicios adicada ó control de calidade de produtos e I+D, especializada en       apicultura. Granada
  www.apinevada.com

- Irurtzun- Karpinter
 
Carpintería. Produtos innovadores en apicultura. Navarra

Según nos vaian chegando mais adhesións irémolo publicando nesta web. Para recibir información sobre como ser patrocinador do congreso escribir un email a congreso@apiculturagalega.es

 

22 de xaneiro de 2014

OFERTA DE ALOXAMENTOS

Nos próximos días publicaremos a oferta de aloxamentos en Santiago de Compostela para os congresistas e acompañantes.