+ 34 981 508 142

« Volver o inicio

Presentación

As abellas son a especie máis valiosa do planeta, segundo a opinión de expertos científicos reunidos en Londres pola Royal Geographical Society, no ano 2008. Son vitais para manter a biodiversidade e a cadea alimentaria polo seu efecto polinizador. Ademais os produtos das abellas son cada máis valorados socialmente, tanto en alimentación coma en diversos usos terapeúticos.

Instituto Rosalía de CastroO VII Congreso Apícola Hispánico ofrece unha magnífica oportunidade para reunir apicultores, científicos e técnicos en busca de soluccións aos actuais problemas, de cambio climático, de chegada de novos parásitos e dos efectos nocivos da actual práctica agrícola, que afectan á nosa apicultura.

Na actualidade, as abellas e os seus produtos, teñen unha crecente consideración social que debemos aproveitar para: renovar, innovar, diversificar e emprender no campo da multifuncionalidade apícola, e facer cada vez máis atractiva unha actividade tan beneficiosa para a natureza e o ser humano. 

Asociación Galega de Apicultura AGA, a Asociación para o Fomento dos Congresos Apícolas AFCA e toda a familia apícola, a cidade de Santiago de Compostela Patrimonio da Humanidade, a comunidade de Galicia "ben abastecida de leite e mel" (Codex Calixtinus S. XII), de rica gastronomía, belas paisaxes e cultura propia, espéranlles cos brazos abertos e danlles a máis calorosa benvida e feliz estanza durante os días de VII Congreso Apícola Hispánico.