+ 34 981 508 142

« Volver o inicio

Turismo e outros actos

Viaxe de Apicultura Ibérica ao VII Congreso Apícola Hispánico

Viaje Apicultura IbericaA viaxe inclúe dous días de visitas técnicas previos ao congreso e a estanza en Santiago de Compostela durante os tres días de celebración deste importante encontro da apicultura española.

Realizarase un percorrido polos principais lugares apícolas da comunidade. O primeiro día visitarase en Ourense as instalacións de Apícola Carballal, con melería, tenda, apiario e fábrica artesanal de cervexa con mel, e en Viana do Bolo ó apicultor profesional Benigno Basteiro, con longa experiencia en produción de mel, pole, propóleos e cría de raíñas. Ao día seguinte visita a Mel da Anta (David Corral), unha das maiores empresas apícolas de España con produción convencional e ecolóxico, envasado e distribución. De regreso a Santiago, farase unha parada en Arzúa onde se atopa a sede da Asociación Galega de Apicultura. Alí visitaranse o Centro de Divulgación do Queixo e do Mel, as instalacións da Cooperativa Erica Mel e o Museo O Enredo do Abelleiro.


Máis información da viaxe, co programa detallado, prezos e condicións, no documento que se pode descargar no enlace no fondo desta páxina e na web de Apicultura Ibérica.

Organiza:
Apicultura Ibérica e Asociación Galega de Apicultura

Información xeral da viaxe:
Apicultura Ibérica (Silvia Cañas). Tel. 626 781 701 info@apiculturaiberica.com

Reservas:
A data límite para a reserva da viaxe é o 30 de maio de 2014.

Joan Albert Nin - Tel.: 649 646 934 / Email: joanalbert@nin2nin.com
Jordi Nin - Tel.: 676.953.805 / Email: jordi@nin2nin.com

Información e reservas:
Silvia Cañas
Apicultura Ibércia
www.apiculturaiberica.com

 

Visitas guiadas por Santiago de Compostela e viaxes turísticas por Galicia

Visitas guiadas por Santiago de Compostela para descubrir os mais importantes rincóns desta cidade histórica e monumental.

Viaxes turísticas por Galicia para acompañantes de congresistas, nos que disfrutar da beleza das súas paisaxes, coñecer o seu gran patrimonio cultural e degustar a súa famosa gastronomía. 

A) Excursión Costa da Morte - Fisterra
Información e reserva

B) Excursión Rías Baixas -Salnés
Información e reserva

C) Visita guiada por Santiago de Compostela
Información e reserva

Organizado por:
Viaxes Viloria / Galicia Incoming

Información e reservas:
Central de Reservas
Raquel Rial
GALICIA INCOMING
Email: info@galiciaincoming.com
Tfno: 981 568 521

 

Acto lúdico-musical do congreso

Terá lugar no claustro do instituto o sábado día 4 de 20 a 22 h. con actuacións musicais e degustación de produtos.


Descarga archivo