+ 34 981 508 142

calendario abelleiro

 

Primavera

Na primavera, cando os campos están cheos de flores, o salgueiro é a primeira floración, e o clima é apacible e soleado, o enxame desenvolve a súa máxima actividade. A nai apura a súa posta, nacerán moitas obreiras e algún centos de abázcaros. As  abellas poden enxamear...
A apicultor pode aproveitar para facer reprodución artificial, núcleos. Haberá que estar atentos e colocar novas alzas tan pronto as necesiten para que teñan onde depositar o néctar e o pole. Vixiar as doenzas, sobre todo a loque americana, neste caso cambiar o enxame de colmea ou eliminálo,  a saída do inverno e escomenzos da primavera tamén é a época da grande desaparición das abellas debido aos pesticidas sistémicos neurotóxicos empregados nos nosos campos.

Verán

No verán, as abellas seguirán coa súa actividade, metendo néctar nos alveolos, quitándolle humidade, selando o mel, o carrexo de néctar empeza a disminuir, sobre todo se hai seca ou fai moita calor.
O apicultor, cando o mel está maduro, selado, xa escomeza a esmelga, hai que lembrarse de deixarlle ao enxame mel dabondo para pasar o inverno, uns 15 quilos de promedio. Procurar que haxa auga limpa perto das colmeas.
Non te esquenzas de chamar a AGA para o asesoramento que precises, polas mañás de 10 a 14 horas e polas tardes de 16 a 18 horas.

Outono

As floracións decaen, a poboación de abellas diminúe, producese a eliminación de abázcaros e as abellas libadoras visitan as derradeiras flores antes do inverno, o erbedo, arbutus unedo, é a última floración.
O apicultor da por rematada a esmelga  e prepara as colmeas para pasar o inverno, as fracas é mellor xuntalas con outras ou eliminalas, en caso de sospeita de doenzas. Despois da esmelga procederemos ao control da varroa e desparasitación.
AGA ofrece o servizo de esmelga para aqueles pequenos abelleiros que non teñan o equipo ou as instalación necesarias. Tamén é a época de desenvolver actividades de venda e promoción dos meles producidos, feiras do mel…

Inverno

As abellas invernan por iso precisan ter comida nos panais para pasar o inverno, non hai cría de abellas, a nai cesa  a súa posta, non hai abázcaros e as obreiras permanecen xuntiñas para darse calor.
Os apicultores, vixían o exterior das colmeas e apiarios e non interveñen salvo emerxencia. É tempo de comercializalo mel, directamente, feiras do mel, entrega na cooperativa Erica Mel, venda a empresas comercializadoras. É a época de preparar novos asentamentos, adquirir ou reparar equipos e materiais, programar o vindeiro ano.
AGA xa está facendo balance do ano rematado e programando as actividades para o próximo

 

Comercializar mel sen rexistro sanitario

Por Marcos Varela

Comercio de mel de produción propia

Aínda que dende 2006, en base á normativa que regula os alimentos de produción primaria, o marco lexislativo europeo permite que a maioríados apicultores comercialicen o seu propio mel sen necesidade de tramitar a obtención do rexistro sanitario; esta posibilidade non está a ser posta en práctica.

A asociación galega de apicultura iniciou hai un ano xestións para intentar abrir esta alternativa. pasados os meses, o traballo realizado deu o seu froito pois AGA logrou un fito histórico para as aspiracións de grande parte dos abelleiros galegos ao ser a promotora en Galicia da implantación do comercio directo de mel de produción propia por parte dos apicultores máis pequenos, sen ter que utilizar o rexistro sanitario.

Este mel, sen embargo, deberá estar perfectamente etiquetado e no

Ler máis

Actualidade sanitaria

Caderno de construción da trampa eléctrica para a protección das colmeas da Vespa velutina

Por Grupo de Innovación de AGA

Descargar

Guía de boas prácticas

Por Marcos Varela

A presente guía vai orientada aos apicultores galegos que producen melno ámbito da produción primaria, isto é utilizando exclusivamente as súas propias colmeas e procesando todo o mel nas súas propias instalacións.

Asta guía non está dirixida a aqueles apicultores que producen mel unicamente para o seu propio consumo, nin para as industrias ou os produtores secundarios.

Neste documento recóllense unha serie de recomendacións útiles para obter un mel da mellor calidade e coas garantías sanitarias que necesita o consumidor.

O texto da presente guía foi elaborado polo equipo técnico de AGA e recolle alegacións remitidas polo resto de entidades do sector apícola galego. advertimos que se trata dun texto orientativo, non definitivo,

Ler máis

Meles de Galicia

Análises dos meles de Galicia

Por Antonio Gómez Pajuelo

Descargar

CRÍA DE RAÍÑAS

INICIADORA-FINALIZADORA DOBRE E INICIADORA PECHADA

Por Gilles e Eveline Pradier

Reportaxe cedida por Silvia Cañas, directora de Apicultura Ibérica

Formación sobre cría de raiñas realizada con motivo da celebración da XXVIII Mostra Galega de Apicultura en Arzúa, organizada por AGA.

Descargar