+ 34 981 508 142

Calendario Abelleiro

Primavera

Na primavera, cando os campos están cheos de flores, o salgueiro é a primeira floración, e o clima é apacible e soleado, o enxame desenvolve a súa máxima actividade. A nai apura a súa posta, nacerán moitas obreiras e algún centos de abázcaros. As  abellas poden enxamear…
A apicultor pode aproveitar para facer reprodución artificial, núcleos. Haberá que estar atentos e colocar novas alzas tan pronto as necesiten para que teñan onde depositar o néctar e o pole. Vixiar as doenzas, sobre todo a loque americana, neste caso cambiar o enxame de colmea ou eliminálo,  a saída do inverno e escomenzos da primavera tamén é a época da grande desaparición das abellas debido aos pesticidas sistémicos neurotóxicos empregados nos nosos campos.
AGA e as súas Delegacións tamén estarán  en plena actividade,  desenvolvendo cursos, xornadas, programas, asembleas de socios, reunión. Atendendo as consultas dos socios desenvolvendo o programa do plan apícola anual, etc.

Verán

No verán, as abellas seguirán coa súa actividade, metendo néctar nos alveolos, quitándolle humidade, selando o mel, o carrexo de néctar empeza a disminuir, sobre todo se hai seca ou fai moita calor.
O apicultor, cando o mel está maduro, selado, xa escomeza a esmelga, hai que lembrarse de deixarlle ao enxame mel dabondo para pasar o inverno, uns 15 quilos de promedio. Procurar que haxa auga limpa perto das colmeas.
Non te esquenzas de chamar a AGA para o asesoramento que precises, polas mañás de 10 a 14 horas e polas tardes de 16 a 18 horas.

Outono

As floracións decaen, a poboación de abellas diminúe, producese a eliminación de abázcaros e as abellas libadoras visitan as derradeiras flores antes do inverno, o erbedo, arbutus unedo, é a última floración.
O apicultor da por rematada a esmelga  e prepara as colmeas para pasar o inverno, as fracas é mellor xuntalas con outras ou eliminalas, en caso de sospeita de doenzas. Despois da esmelga procederemos ao control da varroa e desparasitación.
AGA ofrece o servizo de esmelga para aqueles pequenos abelleiros que non teñan o equipo ou as instalación necesarias. Tamén é a época de desenvolver actividades de venda e promoción dos meles producidos, feiras do mel…

Inverno

As abellas invernan por iso precisan ter comida nos panais para pasar o inverno, non hai cría de abellas, a nai cesa  a súa posta, non hai abázcaros e as obreiras permanecen xuntiñas para darse calor.
Os apicultores, vixían o exterior das colmeas e apiarios e non interveñen salvo emerxencia. É tempo de comercializalo mel, directamente, feiras do mel, entrega na cooperativa Erica Mel, venda a empresas comercializadoras. É a época de preparar novos asentamentos, adquirir ou reparar equipos e materiais, programar o vindeiro ano.
AGA xa está facendo balance do ano rematado e programando as actividades para o próximo,
todolos anos ten lugar a reunión do Consello Apícola que se encarga de facer balance e programar, actividades, tamén de fixar obxectivos e programas: programa de abellas tolerantes a varroa.Pon una colmea na túa horta, plan apícola…