+ 34 981 508 142

 

Presentación

A Asociación Galega de Apicultura, AGA, ten como fins: o desenvolvemento integral da apicultura galega, proporcionando información, formación e asesoramento apícola ás abelleiras e abelleiros, difundindo á sociedade as vantaxes da abella como insecto polinizador e traballar en defensa do noso medio ambiente. Velar pola calidade dos productos apícolas e informar aos consumidores das súas bondades.

Agardamos a entrada de novas abelleiras e abelleiros como a mellor maneira de facer progresar esta actividade imprescindible, para o mantemento da biodiversidade, e a produción de alimentos.

Ler máis
 

Actividades xerais

Formación. Día do apicultor e mostra galega de apicultura. Viaxes. Feiras de material apícola. Publicacións. Xestión do plan apícola. Promoción. Seguros apícolas

Ler máis

Programación AGA

PROGRAMA AGA 2013

Os obxectivos son promover a incorporación ó sector apícola e a AGA de novos abelleiros e abelleiras; elaboración e comercialización de produtos innovadores polo grupo API-E; dentro do Plan Apícola 2013, realizar un programa sanitario para o control da varroa, da vespa velutina e da loque americana; dar todo tipo de servicios aos socios e socias de AGA.

Ler máis

VII Congreso Apícola

Galego Castellano

Asóciate

Inscrición como socio de AGA:
40 € / Ano

Ler máis

Actualidade sanitaria

Vespa Velutina xa está en Galicia

Descargar

Sumario de noticias "De actualidade"

XXVIII Mostra Galega de Apicultura 

 

Vinde tod@s o día 1 de xuño a Arzúa, traede o voso equipo de apicultores e apicultoras porque imos ver como se producen raiñas e se obtén xalea real coas colmeas en vivo.

Raiña e abellas

Tamén imos celebrar a prohibición pola UE dos pesticidas neonicotinoides. Ainda que se trata dunha prohibición parcial e temporal temos que celebralo como unha vitoria colectiva na que AGA tivo un destacado papel.

 

Ler máis