+ 34 981 508 142

 

Presentación

A Asociación Galega de Apicultura, AGA, ten como fins: o desenvolvemento integral da apicultura galega, proporcionando información, formación e asesoramento apícola ás abelleiras e abelleiros, difundindo á sociedade as vantaxes da abella como insecto polinizador e traballar en defensa do noso medio ambiente. Velar pola calidade dos productos apícolas e informar aos consumidores das súas bondades.

Agardamos a entrada de novas abelleiras e abelleiros como a mellor maneira de facer progresar esta actividade imprescindible, para o mantemento da biodiversidade, e a produción de alimentos.

Ler máis
 

 

DE ACTUALIDADE

34ª MOSTRA GALEGA DE APICULTURA - 1 DE XUÑO ARZÚA

Nesta xornada dos abelleiros e abelleiras de Galicia haberá charlas, obradoiros, feira de material, queixos e produtos apícolas. Os veterinarios entregarán os tratamentos da varroa solicitados, así como se poderá recoller o resto do material do Plan Apícola. E tamén teremos o tradicional xantar na Polbeira de Santa María e un completo programa de actividades para nenos e nenas.

O programa completo en: Programa 34ª Mostra Galega de Apicultura

Ler máis

PROGRAMA INFANTIL MOSTRA GALEGA DE APICULTURA

1 de xuño, no Centro do Queixo e do Mel en Arzúa

Na vindeira edición da Mostra Galega de Apicultura teremos tamén un espazo para crianzas no que os futuros abelleiros e abelleiras poderán aprender moitas cousas interesantes sobre as abellas: xogos, obradoiros, arte e natureza...

 

Ler máis
 
Ver todas
 

Programación AGA

Eventos Cursos

Divulgación Técnica

Láminas de Divulgación Apícola

Materiais, láminas e cartaces sobre divulgación apícola” e un enlace para a descarga de cada lámina

Ler Máis

Actualidade Sanitaria

Varroa, a importancia dun correcto diagnóstico e tratamento

Descargar

Asóciate

Inscrición como socio de AGA:
50 € / Ano

Ler máis