+ 34 981 508 142

630 069 637


AGA Informa

 

DE ACTUALIDADE

MELES GALEGOS GALARDOADOS NO LONDON INTERNATIONAL HONEY AWARDS 2020

10 de xullo de 2020

O pasado mes de xullo tivo lugar o recoñecido concurso internacional de meles London Awards. Dende AGA enviamos tres das mostras gañadoras do concurso de Meles Cinco Estrelas. Hoxe recibimos a lista de gañadores e estamos de noraboa para os tres participantes que quedaron seleccionados os tres nas categorías de ouro, prata e bronce.

Ler máis

35ª MOSTRA GALEGA DE APICULTURA

Unha vez que a covid 19 trastocou os nosos plans para a celebración do 40 aniversario de AGA e o 30 aniversario da Cooperativa Erica Mel dentro da 35ª Mostra Galega de Apicultura, é hora de retomar esta actividade aínda que sexa con profundos cambios, debidos á situación da pandemia. Requírese inscrición previa para participar, tanto nas charlas como para o xantar, co propósito de poder organizar o espazo e cumprir co tema de distancias sociais de seguridade.Tamén é obrigatorio acudir coa máscara protectora correspondente.Hai que enviar a folla adxunta cuberta antes do mércores 22 xullo a AGA, por correo terrestre ou por email.

FICHA DE INSCRICIÓN

Ler máis
 
Ver todas
 

Apicultura Urbana

A apicultura urbana está de moda, xa se poden atopar abellas en París ou en distintas cidades americanas. Seguindo esta tendencia, a asociación galega de apicultura, AGA xa estableceu un pequeno apiario urbán en culleredo, A Coruña.

De todos é sabido que a apicultura en Galicia é unha actividade tradicional con moita sona, tradición e antigüedade. Os galegos vivimos nunha terra única e especial: nunha terra de natureza virxe, rica en recursos naturais e cunha extraordinaria biodiversidade: un campo fértil para a actividade apícola.

Ler máis

Programación AGA

Programa 2020: Información e asesoramento a diario; formación (cursos básicos, especialización e xornadas);  loita contra a Vespa Velutina; servizos (seguros, subvencións, sanitario...); Plan Apícola;  viaxes apícolas; feiras do mel; delegacións comarcais; promover o asociacionismo.

Cursos

Unha das misións de AGA é ofrecer formación apícola. Para iso, tódolos anos realizamos un programa de formación por toda Galicia, que inclúe cursos de iniciación, de especialización, xornadas de divulgación técnica e charlas. Tamén as nosas delegacións comarcais organizan actividades formativas. Aquí tes toda a información sobre os nosos cursos.

Ver todos


Feiras e Eventos

O longo do ano celebranse distintas feiras e eventos dos que podes consultar as súas datas e información nesta sección

Ver todas


VII Congreso Apícola Hispánico

Galego Castellano

Importancia das abellas

Descargar

Actividades apícolas no mundo

Ver todas